venres, 4 de novembro de 2016

CONSTITUIDO O CONSELLO PARROQUIAL DE BERDILLO

O Local Social de Berdillo acolleu hoxe unha xuntanza informativa á que estaban convidados todos os veciños e veciñas, así como integrantes e representantes das asociacións da parroquia para participar no proceso de constitución dos Consellos Parroquiais. A cita, foi a partir das 20.30 horas. 



Despois da presentación por parte do Alcalde de Carballo Evencio Ferrero, unha representante da empresa Deloga (esta empresa é a encargada polo Concello de Carballo para xestionar a constitucións dos Consellos Parroquiais  nas parroquias de Carballo) explicou cal é o obxectivo da creación destes organismos é que a veciñanza adquira un papel cada vez máis activo na toma de decisións, creando deste xeito un sentimento de corresponsabilidade na definición das políticas públicas, así como crear unha canle de comunicación directa co Concello e o goberno municipal.


Para tal fin entre todos os presentes na Asamblea Parroquial (representantes de entidades de Berdillo e veciños a título individual) os que así o quixeron voluntariamente pasaron a formar parte como vocais do Consello Parroquial de Berdillo.


O consello quedou formado do seguinte xeito: 

Presidirá o alcalde o un edil en quen delegue. dezaoito veciños como conselleiros parroquiais (representando as entidades e veciños en nome propio) e catro representantes dos grupos municipales (BNG, PP, PSOE e TEGA) . Tamén elixiuse entre todos o secretario. 




A Asamblea Parroquial tendrá importancia, pero el alcalde o grupos también tendrán capacidad decisoria. En principio, estarán activos durante todo el mandato municipal, ainda que que a asamblea parroquial poderá nombrar oo revocar cargos electos..

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...