mércores, 3 de xuño de 2009

Vieiro conciencia do problema das drogas a máis de trescentos rapaces xalleiros

La Voz  Fecha de publicación:   3/6/2009


Dentro das actividades paralelas á celebración da sexta Carreira Escolar Deporte contra a droga, que este venres celebrase polas rúas Santa Comba, a Oficina municipal de Deportes promove hoxe un ciclo de conferencias baixo o titulo: A problemática das drogas na sociedade actual: Os perigos na adolescencia, que vai dirixido á comunidade educativa de Santa Comba, formada por preto de trescentos mozos dos colexios Pepe de Xan Baña, de Traba-Castriz; Barrié de la Maza, e mailo instituto Terra de Xallas.
As charlas van ser impartidas por Xosé María Arán, director de Comunicación da Asociación Antidroga Vieiro de Carballo, que ilustrará as súas intervencións cunha interesante montaxe visual, e están dirixidas a escolares de Primaria e de segundo de Secundaria, cuio percorrido polos centros comezará no Pepe de Xan Baña, ás dez da mañá, desprazándose despois polo Barrié de la Maza, e despois polo instituto Terra de Xallas. Vieiro é unha entidade cunha ampla bagaxe no que se refire á concienciación social e á loita sen tregua contra as drogas, polo que desde o Concello de Santa Comba enténdese que a súa aportación «pode ser moi válida».



.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...