venres, 30 de xuño de 2017

Xunta e empresas apostan por unha Galicia referente en responsabilidade social



A Xunta e trece grandes empresas en Galicia renovaron esta semana o seu compromiso de situar á comunidade como referente en responsabilidade social impulsando este ámbito no tecido empresarial galego.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo o pasado luns unha reunión en Santiago con estas trece asinas, que integran o Grupo de Representación Empresarial Galego en Responsabilidade Social Empresarial (RSE), informan hoxe fontes do departamento autonómico.

Na firma da renovación desta colaboración acordouse impulsar a participación no grupo de novas empresas e consolidalo dentro e fóra de Galicia.

O Goberno galego, pioneiro a nivel nacional na aposta pola responsabilidade social empresarial, creou en 2012 este grupo formado na actualidade por Congalsa, Feiraco, Gadisa, Grupo Calvo, Grupo Ingapan, Grupo Pontes, Fillos de Rivera, Inditex, Martín Códax, R, Velgalsa Eroski, Premium Mix Group e Profand.

Entre os seus obxectivos figuran establecer as bases para a implantación a gran escala da RSE nas pemes; avanzar no impulso e difusión da RSE na comunidade co obxectivo de alcanzar unha actividade empresarial máis sustentable e competitiva; ou axudar ás empresas para dar resposta aos seus retos e desafíos neste campo.

Na súa intervención, Conde indicou a necesidade de poñer en marcha novas fórmulas de participación que enriquezan a xeración de coñecemento en RSE e a aposta do Goberno galego por seguir mantendo un diálogo aberto co tecido empresarial para difundir entre a sociedade a importancia da RSE.

A Xunta activará proximamente a Estratexia de RSE 2017-2020 da que o conselleiro expuxo as súas principais liñas de actuación para situar a Galicia no eixo do avance cara a un desenvolvemento sustentable; favorecer unha sociedade máis solidaria e integradora; impulsar a competitividade de empresas e organizacións; responder a novas tendencias no campo da sustentabilidade; e favorecer a confianza nas organizacións públicas e privadas.

Pola súa banda, o grupo internacional de alimentación Calvo reiterou hoxe nun comunicado o seu obxectivo de seguir contribuíndo a garantir unha actividade empresarial máis sustentable e competitiva na comunidade, tras destacar o seu firme compromiso coa xestión ética e responsable do negocio e coa redución dos impactos derivados da súa actividade e da dos seus provedores onde opera.

"A renovación da nosa colaboración co Grupo de Representación Empresarial Galego en RSE permitiranos seguir achegando os nosos coñecementos e nutrirnos á vez da experiencia doutras compañías para seguir xerando valor na sociedade", asegurou Mane Calvo, conselleiro delegado de Grupo Calvo.

Exemplos do traballo neste campo do grupo cita a súa adhesión ao Pacto Mundial das Nacións Unidas ou a Forética, a verificación das súas boas prácticas pesqueiras por un terceiro independente ou a verificación voluntaria das condicións laborais dos seus barcos e os seus sistemas de xestión conforme ao Convenio 188 sobre Traballos da Pesca da Organización Internacional do Traballo.

Ademais, lembra que Grupo Calvo foi a primeira compañía española do sector das conservas de alimentos que se adheriu á Asociación de Comercio Exterior (FTA, polas súas siglas en inglés).

fonte: abc

mércores, 14 de xuño de 2017

A VOLTAS CO CASO DAS DOAZONS DE AMANCIO ORTEGA E O TECIDO EMPRESARIAL.

Como eu dedícome a colaborar dunha forma altruísta con distintas ONG´s, non entendo esta polémica esteril no caso de Amancio Ortega, vaia por diante o meu agradecento polas axudas que está a dar en distintos campos desde fai moitos anos.

 O que fai este señor non é nin máis nin menos o mesmo que fan milleiros de empresarios, á parte dá súa labor empresarial, teñen a ben en adicar certos fondos que ben xestionados por administracións ou ONG´s fan que se poidan levar adiante proxectos que doutra forma non serían viables.

Cantas horas lle adicamos os voluntarios de entidades a solicitar dás empresas colaboracións sobre todo económicas para que as nosas entidades poidan seguir adiante, para cubrir as deficiencias que a propia admnistración non é capaz de levar adiante sen a nosa existencia.

Para min non é unha vergoña ter que recurir a estes cidadáns que por sua xestión e capacidade teñen uns negocios que con parte dos seus beneficios pódannos axudar, e dáme o mesmo que teñan exencións fiscais ou outras prevendas por facer estas doazóns, xa que si o fan é porque os que lexislan, que non son outros que os que nos poñemos co noso voto, así o estiman.

Porque nesta zona dá costa dá morte e en concreto carballo, cantas asociacións culturais, deportivas, sociais.... poderían levar adiante as súas actividades sen contar ca axuda dás empresas, empresas que con todo o seu dereito tamén aplican dunha forma legal e lóxica as reformas que as distintas administracións poñen a súa disposición para xestionar os seus negocios en vías de ter os mellores resultados económicos que se transcriben en beneficios persoais, en beneficios de manteñemento e creación de emprego.... e en definitiva en destinar recursos para as asociacións. ¿Tamén imos condenar os noso empresarios?.

Está claro que se algunha empresa está fora dá lei e licito criticar e como bo cidadán, cas probas na man denuncialo o xulgado. E o máis curioso e cando moitas persoas critican esto e despois velos vestir ca mesma roupa do que están a criticar ( acordanse vostedes do programa de Risto Mejide, entrevistando o Deputado Rufián, que condenaba as prácticas de Inditex  e que lle pediu que lle ensinara o interior da chaqueta que usaba o Sr. Rufian, sorpresa! a chaqueta é de zara.  Ou tamén o Deputado Ramón Espinar, pedindo publicamente o boicot a Coca Cola e despois a súa señoría foi captado por un reporteiro tomándose un par delas no comedor da Cámara Alta e  por poñer un exemplo de masas cando equipos de futbol están patrocinados por marcas que conviven con reximenes indecentes, podo continuar con máis  casos pero para qué,  o peor do asunto é que os políticos e controladores de masas non deixan de ser un reflexo da propia sociedade e coma nestes casos a propia sociedade cae nas suas propias contradiccións.

Nesta sociedade e neste mundo global, todos somos complices do que pasa, desde os políticos a quen escollemos e lexislan, cando collemos o móvil e facemos que falamos ou cambiamos a vistas cando alguén necesitado nos pide unha axuda, cando mercamos os nosos maravillosos smartphone e sacámolos para estar en primeira e non nos decatamos quen os fixos e en que condición laborais, cando tiramos a comida que deixamos moitas veces por "gula", esto non e para xustificar a actitude de ninguén, pero como decía o galileo " aquel que este sin pecado que tire a primeira pedra" ollo conta hasta dez non vaia ser que o final o apedreado sexas ti.

Está claro que neste pais "rachamos as vestimentas" por temas como o de Amancio Ortega e seguimos promovendo e sendo complices de condutas de corrupción, de falta de solidaridade, de mirar para o outro lado, en definitiva  bla,bla,bla,bla, respectando as opinións de cada quen como é lóxico, desde o meu punto de vista actuamos cunha lixeireza e hipocrisía abafadora.

Se tiveramos que vivir no tema sociosanitario exclusivamente dos fondos e presupostos do estado, autonómicos ou locais, cantas fundacións públicas,privadas, entidades do terceiro sector, teríamos que ter pechado as portas fai moitos anos, porque os recursos son os que son e as necesidades por desgraza cada día son máis. Está claro que o mellor e que non existiran entidades que tiveran que suplir estas carencias e que cos nosos impostos se cubriran todos os campos, pero de verdade hai alguén que pensa que esto é posible?.

Señores empresarios, grazas humildemente lles dou por ser ponte e sustento de tantas iniciativas sociais que de outro xeito non serían posibles, pero en especial nestes momentos duros para todos, nesta crisis que da con máis forza nos máis humildes e necesitados da nosa sociedade, sabemos tamén que moitos de vostedes o están a pasar mal e de feito vese na reducción de axudas das empresas, pero os que non poden nestes momentos e os que seguen colaborando, UNHA E MIL GRAZAS por facer posibel que poidamos seguir adiante nun caso ca vosa comprensión e noutros cas vosas colaboracións e aportacións.

Como dicía sempre meu abó Rafael, O que hai que ter é sentidiño, o demáis son lerias.

xoves, 8 de xuño de 2017

O Consello Parroquial de Verdillo valorou positivamente as demandas atendidas xa polo Concello e presentou novas peticións

A veciñanza quere potenciar as pistas polideportivas como espazo de ocio evitando a súa utilización como aparcamento

Xoves 8 de xuño do 2017 Participación veciñal


Unha vez máis, a representación social no Consello Parroquial de Verdillo (un dos acordos foi empregar o topónimo con V en vez de B) presentou un elaborado e completo dosier no que, ademais das propostas, suxestións, reclamacións e preocupacións recollidas nunha asemblea veciñal previa e ilustradas con fotografías e coa xeolocalización dos puntos concretos nos que se sitúa cada unha delas, incluíu un balance das actuacións realizadas dende a primeira xuntanza.

A valoración foi positiva porque boa parte das necesidades expostas foron atendidas, sobre todo no que respecta a sinalización e instalacións deportivas. Pero tamén quedan outras pendentes, especialmente no que se refire á rede viaria. En canto ás pistas municipais, o alcalde, Evencio Ferrero, sinalou que dentro do plan de mellora que se está a acometer en todas as parroquias, as únicas pendentes de contratación nestes momentos son Ardaña e Berdillo, pero os proxectos están preparados para facelo o máis axiña posible. A veciñanza amosou de novo especial preocupación pola falta de seguridade na estrada provincial DP-1904, e chegouse ao acordo de que, en primeira instancia, será o Concello de Carballo o que fará as xestións necesarias ante a Deputación da Coruña para intentar que atenda as peticións de pasos elevados, sinalización, varandas de seguridade e mellora das beirarrúas.

Por parte da representación veciñal tamén se presentou unha proposta de cesión de terreos por parte de dúas veciñas para ordenar a circulación na zona do cemiterio, e o Concello quedou encargado de facer o contacto para coñecer as condicións e abordar a solución ao problema actual. Na mesma liña demandaron a limpeza e a reforma da Ponte de Queo, por ser moi utilizada mesmo polo tráfico pesado.

Evencio Ferrero sinalou que dentro do plan de mellora da rede viaria que se está a acometer en todas as parroquias, as únicas pendentes de contratación nestes momentos son Ardaña e Berdillo
Con respecto á reunión anterior ampliáronse as peticións en materia de saneamento e reiterouse a carencia de cobertura de Internet. E de novo a veciñanza outorgou moita importancia á posibilidade de dispoñer de máis e mellores equipamentos e infraestruturas de carácter social. Neste sentido valoráronse positivamente as actuacións realizadas no campo de fútbol das Pedreiras, que se irán completando en función das posibilidades, ou o arranxo da escola do Añón, que agora é utilizada polos veteranos da SD San Lorenzo e unha peña. Nese mesmo local pídese agora que se asegure o terraplén da parte posterior, unha intervención que os asistentes a esta segunda xuntanza recoñecían que é de difícil execución.

Novo proxecto social

Pero o principal proxecto social que se quere acometer consiste en recuperar as pistas polideportivas situadas por riba do local social “para fins culturais e deportivos”. Para empezar pídese unha actuación urxente de cara ao Albaroque, que se celebrará o día 8, para poder utilizar os vestiarios existentes, pero de cara ao futuro as entidades avogan por habilitar outros vestiarios, colocar equipamento deportivo e pechar o recinto para evitar que sexa utilizado como aparcamento.



fuente: Concello de Carballo

mércores, 7 de xuño de 2017

REUNION DO CONSELLO PARROQUIAL DE BERDILLO





 
REPASO DAS TAREFAS REALIZADAS E PENDENTES DAS NECESIDADES, PREOCUPACIÓNS E SUXERENCIAS RECOLLIDAS POLO CONSELLO PARROQUIAL DE VERDILLO (3/3/2017)






·         Actividades deportivas



Campo de fútbol de As Pedreiras:



-          O estado do portal principal de acceso ó campo é lamentabel. O portal do Campo das Pedreiras foi substituído.

-          O muro ten unha fenda considerable, cun risco de caída importante. O muro foi aranxado.

-          A cuberta dos aseos públicos precisa dunha reforma.

-          A grada tamén precisa dunha reforma e ampliación, xa que alberga pouca capacidade para o público asistente.

-          O campo está rodeado de árbores, lateral do río, cun risco evidente de caída cara o campo, como xa ocorreu este outono pasado. As árbores arredor do campo foron taladas.

-          O terreo de xogo vólvese moi brando, sobre todo en época invernal, ocasionando problemas ós equipos que disputan os seus partidos.

-          A auga empregada segue sendo a do río e os vertidos van parar ó río debido á non existencia de sumidoiro público.

-          A maiores colocaronse uns banquillos novos.



·         Equipo de veteranos:



-          equipo de veteranos traslada tamén problemas de dispoñibilidade de campos para disputar os seus partidos, co conseguinte custo que lle provoca ao equipo.  O campo do sofán pasa a ser de titularidade do concello e darase nova distribución os equipos nas instalación do concello  adicadas a este fin.





·         Pistas Deportivas do Centro Social:



-          Lamentable estado e carencia evidente de mantemento: porterías e canastras sen anclaxe (co conseguinte perigo para os usuarios das mesmas), Destácase que xa foron instaladas as porterías e canastras (pero sen rede) e que é preciso

-          Cerramento inexistente da zona, liñas non pintadas, etc. (Véxase Anexo Foto 1-2-3-4)





·         Estado das estradas de titularidade municipal



-          Mellor sinalización dos diferentes lugares de Verdillo, así como da propia parroquia en si.

-          Sinálase o preocupante estado das diferentes “pistas” de Verdillo, así como a súa seguridade, especificando con especial urxencia as seguintes:

-          Carencia de sinalización e espello no cruce entre o Lugar de Casas Novas e Garrida (<http://bit.ly/2lUV7LW>. (Véxase Anexo Foto 5), especialmente perigoso debido ao continuo tráfico que se produce na zona (estrada cara Bértoa) e a falta de visibilidade dirección A Garrida.

-          Carencia de sinalización e espello no cruce entre o Lugar do Moucho e As Seixas (<http://bit.ly/2kIHryO>).

-          Nese mesmo punto, perigo de derrubamento dun hórreo (Véxase Anexo Foto 33)

-          Carencia de sinalización no Cruceiro de Verdillo (<http://bit.ly/2ltfuyO>), o cal provoca que os vehículos non circulen polo sentido correspondente. Polo tanto, é necesario delimitar o sentido de circulación. Decidese por parte do Xefe da policía, do responsable da empresa de señalización e do secretario, que non procede poner señalización vertical porque afea a contorna, agardarase a que se arregle o firme e procederase a regular a circulación con señalización horizontal pintada

Mellora do pavimento (Véxase Anexo Foto 6).

-          Estado da estrada entre o Lugar do Alto e Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2kIYuRb>. (Véxase Anexo Foto 7).

-          Instalación dun sinal de STOP na altura do Lugar do Alto.

-          Estado da estrada entre o Lugar da Redonda e O Alto (<http://bit.ly/2m7z3tw>). Estado da estrada entre o Lugar das Pozas e Regueira de Abaixo (<http://bit.ly/2kTeJw0>).

-          Estado da estrada entre o Lugar do Esmorís e Regueira de Abaixo (<http://bit.ly/2l5pzBt>).

-          Estado de cruce na estrada provincial DP-1904 á altura do Lugar de Vilarnovo nº10 (<http://bit.ly/2lrwiDE>. Véxase Anexo Foto 33).

-          Estado de estrada no Lugar da Garrida (<http://bit.ly/2lXwqLY>).

-          Estado de estrada en Lugar do Piñeiro (<http://bit.ly/2lwXbc1>. Véxase Anexo Foto 8).

-          Estado de estrada no Lugar da Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2lh4oLv>).

-          Estado de estrada no Lugar das Casas Novas (<http://bit.ly/2lUTFsY>).

-          Estado de estrada en Lugar de Vilarnovo nº 11-13-13A (<http://bit.ly/2m3jDdt >). (Véxase Anexo Foto 34-35-36).

-          Estado de estrada en Lugar de Vilarnovo nº 15 (<http://bit.ly/2lrhBk6>. Véxase Anexo Foto 37).

-          Existencia de baches perigosos en Lugar da Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2lUX8YJ>).

-          Limpeza xeral das diferentes cunetas da parroquia (Véxase Anexo Foto 9-10-11-12).

-          Prolongación das beirarrúas no Lugar do Moucho (<http://bit.ly/2lXyDqK>. Véxase Anexo Foto 13).

-          Sinalización de curva perigosa no Lugar da Garrida., tamén se colocou un ceda o paso. (<http://bit.ly/2lV0cEi>).

-          Asemade, exprésase a preocupación por existencia de escombros en diferentes cunetas que dificultan a drenaxe de auga, a existencia de árbores plantadas cerca das estradas.

-          Deterioro que provocan as empresas madeireiras nas citadas estradas. Tamén se lle pide ao Concello de Carballo un maior control en canto á revisión e mantemento das pistas de titularidade municipal.



·         Estrada provincial DP-1904



-          Necesidade de introdución de pasos elevados á altura da Escola do Moucho, da Igrexa, no Lugar de Vilarnovo e no Lugar da Ganduma para reducir a velocidade dos vehículos, así como a mellora da sinalización dos pasos de peóns e nos arredores da Escola do Moucho.

-          Por outra banda, sinálase que no Lugar das Casas Novas as beirarrúas son demasiado altas e que existe un terraplén perigoso para os peóns xa que carece de barandas que garantan a seguridade (<http://bit.ly/2kNCeFS>. (Véxase Anexo Foto 14).

Nese mesmo punto, o sinal municipal que indica a dirección cara o Lugar da Regueira e o Campo de fútbol das Pedreiras está demasiado baixo, impedindo circular aos peóns pola beirarrúa (Véxase Anexo 2/2017 Foto 15).

Na contorna da Igrexa parroquial tamén existe perigo pola inexistencia de barandas (Véxase Anexo Foto 16).

-          Porén, tamén no Lugar das Casas Novas, existe perigo de inundación nunha curva, co conseguinte perigo para os viandantes e os vehículos (<http://bit.ly/2lXBUX4>. (Véxase Anexo Foto 34).

-          Ademais, proponse a prolongación das beirarrúas dende o Lugar do Añón de Verdillo até ao Lugar do Moucho (<http://bit.ly/2kThZaK>).







·         Suministros, desaugues e puntos de luz.



Detállanse as seguintes incidencias:



-          Falta de alcantarillado en diferentes zonas (Aseñado, Alto, Vilarnovo nº 17-19-21...), así como subministro de auga.

-          Na altura do Lugar das Seixas Nº5, as tuberías de desaugue son demasiado estreitas, co conseguinte perigo de inundación.

-          Necesaria instalación de cunetas e punto de luz entre o Lugar de Vilarnovo nº 15 e a estrada provincial DP-1904. (<http://bit.ly/2lr8W16>. (Véxase Anexo Foto 38).

-          Necesaria mellora da rede telefónia e de internet en toda a parroquia. Servizo moi deficitario.

-          Posta en marcha e funcionamento das depuradoras. No relativo ao funcionamento das depuradoras.

-          Problemas de drenaxe da auga no Lugar da Garrida (<http://bit.ly/2kTfOns>). O tubo colle augas pluviais e está atascado (co conseguinte perigo de inundación).

-          Problemas de inundacións á altura do Lugar do Añón Nº 100. As inundacións á altura do Añón de Verdillo Nº100, sinálase que está solucionado.

-          Mellora do alumeado no Lugar do Añón (<http://bit.ly/2lXLRne>. (Véxase Anexo Foto 17).



·         Outras propostas e/ou reclamacións



-          Acondicionameto do aparcadoiro do Cemiterio parroquial.  Fixose limpeza.

-          Estudo do sentido da circulación no Lugar do Añón. Debido a falta de acordo dos veciños das Pozas para o cambio de sentido da circulación, a proposta quedará en suspenso

-          Estudo do sentido da circulación na contorna do Cemiterio municipal. Debido ás queixas dos veciños das Pozas ante o concello para o cambio de sentido da circulación, o concello decidiu non actuar.

-          Mellora da contorna do Local Social do Aseñado e adecuación do parque infantil (Véxase Anexo Foto 18-19). O Local Social do Aseñado quedou acondicionado nos apartados que foron sinalados

-          Perigo de derrubamento dun muro de pedra situado xunto ás Pistas polideportivas co conseguinte perigo para os peóns e os vehículos. Necesaria sinalización de perigo. (<http://bit.ly/2luHdjc>. (Véxase Anexo Foto 20),

-          Remate das obras do Local Social do Añón (canalóns, tellado,...). Así mesmo, o Local da chave adxunto a este Local Social precisa limpeza . Limpeza fixose en toda a contorna  (Véxase Anexo Foto 21-22).

No Local Social do Añón existe desprendementos de terra que caen sobre a estrutura do local, co conseguinte perigo

-          Solicítase informar sobre a titularidade da Escola do Añón, así como a mellora do seu mantemento (Véxase Anexo Foto 23-24). Ademais, na súa contorna, precísase acondicionar os terreos valdíos. Escola do Añón foi acondicionada para ser utilizada polo equipo de veteranos da SD San Lorenzo e unha peña.

-          Vertedoiro ilegal na estrada entre o Lugar de Samiro e o Lugar da Fraga da parroquia de Vilaño (A Laracha) (<http://bit.ly/2lajUKD>. (Véxase Anexo Foto 25-26).



-          Reclamación ao Concello de Carballo polo incumprimento do acordo do punto 7 da Orde do día da Reunión de constitución do Consello parroquial, celebrada o 4 de novembro de 2016, no cal se especifica o seguinte: “Acórdase que o Concello envíe unha carta a cada casa informando da celebración desta primeira xuntanza na cal se dará conta da temporalidade das reunións entre a veciñanza (sendo a primeira no mes de febreiro, corresponderían as seguintes nos meses de xuño e outubro).” Unha importante proporción de fogares da parroquia non recibiron a devandita carta.






NOVAS NECESIDADES, PREOCUPACIÓNS E SUXERENCIAS RECOLLIDAS POLO CONSELLO PARROQUIAL DE VERDILLO (7/6/2017)







·         Fallo do Concello na convocatoria da veciñanza.



De acordo ao punto 4 da Orde do día da reunión 4/2017 do Consello Parroquial de Verdillo (celebrada o día 3 de marzo de 2017), a reunión coa veciñanza debería terse realizado o 26 de maio de 2017 ás 20:30 horas no Local Social (quedando o Concello responsábel de encargarlle á empresa correspondente o envío de cartas informativas ás distintas casas). Como o Concello de Carballo non realizou o envío das devanditas cartas, acórdase que esta reunión se celebrara o día 2 de xuño de 2017 ás 20:30 no Local Social de Verdillo.



·         Pistas polideportivas (<http://bit.ly/2r7AZ9n>)



-          Acondicionamento dos vestiarios que se sitúan debaixo das gradas das Pistas debido ao mal estado das duchas, o termo e os baños. Sinálase o perigo de inundación que sofre o mesmo e a necesidade de bancos. Este acondicionamento considérase prioritario debido á proximidade do Albaroque (primeira semana de xullo) e a súa utilidade para fins culturais e deportivos. Ademais, solicítase o acondicionamento para o mesmo fin do interior da outra grada, para contar con vestiarios para homes e mulleres.



-          Portalón na entrada das Pistas Polideportivas

-          Colocación dun portalón e as redes para evitar saida de balóns. (nesta actuación hai que ter en conta os sistemas a poñer, xa que nas festas acceden os camións para os palcos das orquestas).  (Véxase foto 9).



-          Acondicionamento do chan  da zona deportiva.

-          Pintado dos diferentes campos deportivos (baloncesto e futbol).



-          Sinalización

-          Instalación dun sinal de STOP en Queo da Carretera (Bértoa). (<http://bit.ly/2qZJPaT>).

-          Instalación dun sinal na Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2r9FlPa>).

-          Sinalización de curva periogosa no Moucho (<http://bit.ly/2qZAj7r>).

-          Substitución de espello no Lugar de Casas Novas (<http://bit.ly/2quiwBV>). (Véxase foto 2).

-          Sinalización á entrada do Añón de Verdillo de estrada estreita xa que os camións sofren dificultades nesa zona.

-          Sinalización da dirección ao Campo de fútbol das Pedreiras debido á dificultade que sofren os equipos para chegar ao mesmo. Propóñense os seguintes puntos: Feira de Verdillo/Artes (<http://bit.ly/2rJQxmn>), Casas Novas (<http://bit.ly/2r7AHiN>) e Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2rsjeo4>).

-          Instalación dun sinal de indicación “vilar novo” con flecha (<http://bit.ly/2lrwiDE>. (Véxase Foto 7).

-          Sinalización de curva perigosa en Queo da Carretera (Bértoa). (<http://bit.ly/2r7AITK>)

-          Sinalización reflectante e de preferencia de paso en ponte no Lugar de Queo da Carretera (Bértoa). (<http://bit.ly/2r9zfyq>).

-          Sinalización de intersección perigosa no Lugar de Casas Novas (<http://bit.ly/2qRsihs>). (Véxase Foto 9).



-          Falta de alcantarillado:

-          No Moucho (<http://bit.ly/2rslETO>) e en Casas Novas (<http://bit.ly/2qncszV>). ( Véxase Foto 3 - 4)

-          Estado das estradas de titularidade municipal:

En canto á situación das estradas, saliéntase que non se realizaron traballos nese aspecto. Considérase prioritario a mellora do estado da estrada do Cruceiro (<http://bit.ly/2s1StUE>) e na Regueira de Arriba (<http://bit.ly/2kIYuRb>).



-          Estrada provincial DP-1904:

Dende o Concello de Carballo trasladouse as dificultades que existen para realizar as propostas realizadas, aínda que dende o Consello insístese sobre a prioridade de instalación de pasos elevados e sinalización reflectante para a mellora da seguridade dos peóns.

               Asimesmo das barandas de seguridade das aceras  pendentes .

              Tamén aclarar de que administración (Provincial ou local) depende as aceras(<http://bit.ly/2kNCeFS>.    

               (Véxase Foto 5 - 11).



-          Rede telefónica:

 En canto á mellora da rede telefónica e de internet, solicitase que se detalle o proxecto que Telefónica SA lle presentou ao Concello o 3 de maio de 2017 (véxase <http://bit.ly/2rsnbsU>).



-          Puntos de luz: Falta de puntos de luz: Destácanse os seguintes puntos no Alto (<http://bit.ly/2rPZhYG>) e o Añón de Verdillo (<http://bit.ly/2rwiyeM>). (Véxase foto 1).



-          Ponte de Queo (Bertoa):

Ponte en Queo da Carretera (<http://bit.ly/2r9zfyq>): Sinálase, ademais do recollido na reunión 5/2017, a necesidade de limpeza na contorna da mesma. Sinalización de preferencia no paso e bandas de alta visibilidade nos muros da ponte, sobre todo nas entradas de ambos sentidos. A ponte necesitaría unha reforma integral con novo ancho de calzada e novos elementos de sinalización e seguridade.



-          Asfaltado:

Recóllense as queixas referintes á cesión de terreo debido á normativa que obriga a deixar espazo para a vía pública  cedido polos promotores de casas en documento notarial o concello. O terreo cedido pasa a ser público, polo que se entende pola veciñanza que debe ser acondicionado polo Concello. Ponse como exemplo o Lugar de Vilarnovo Nº15 – 13 – 13A.  (Véxase foto 6).



-          Ampliación vial  - Cemiterio as Pozas -

Regulación do sentido da circulación na zona do Cemiterio: En relación ás reticencias na zona do Cemiterio para a regulación do sentido de circulación, recóllese a proposta de cesión de parte do terreo das propietarias das fincas para a ampliación da estrada (<http://bit.ly/2rmsEAf>). Do cemiterio en dirección as pozas sobre o lateral esquerdo de propiedade de Dª Carmen Bello Lorenzo (teléfono: 981.75.47.11) e Dª María Josefa Landeira López (teléfono: 981.75.63.00). Poñendo en coñecemento do concello para que fale cas propietarias para chegar acordo para a ampliación do vial.



-          Local Social do Añon.

Asegurar talude traseiro do local social, proponse a retirada de maleza e terra, para o acceso dunha pala pequena e que execute a consolidación do terreo. (Vexase foto 8).




LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...