sábado, 26 de marzo de 2016

domingo, 20 de marzo de 2016

«O baloncesto foi e será a miña vida» Diego Vázquez Reino

«Voume coa tranquilidade de que hai un relevo con garantías e nunha situación óptima da entidade»

20 de marzo de 2016. Actualizado a las 05:00 h.



Despois de dez anos na presidencia da Escola Basket Xiria, Diego Vázquez Reino deixará o cargo ao rematar a tempada. Durante este tempo de alegrías e sinsabores, queda por riba de todo un traballo e un labor no que colaboraron moitas persoas para facer moi forte e sólida a familia do baloncesto en Carballo e na bisbarra.

-¿Por que non segue?
-Creo que é o momento de deixalo, porque se pode acometer o relevo, pola situación actual do club, tanto económica coma deportiva, e xa que hai un relevo natural e de ideas. Teño novas responsabilidades profesionais e necesito dedicarlle máis tempo do que lle estaba a dedicar.

-¿É duro tomar esta decisión?
-No foi doado, pero son da idea de que unha persoa non debe perpetuarse nun posto, as institucións deben manterse á marxe das persoas. Non é unha marcha, senón que estarei vinculado á entidade como o fixen sempre desde que fun xogador, hai 29 anos.

-¿Representa moito o baloncesto na súa vía?
-O baloncesto foi e será a miña vida, e Xiria é como o meu fogar. Sempre pensei que o meu relevo debería producirse nunha situación óptima da entidade, a todos os niveis. E neste intre é o momento. O baloncesto deumo todo. Os meus mellores amigos, unha representatividade social, e, sobre todo, contribúe á miña realización persoal. Os valores do deporte, do baloncesto en particular, como o esforzo, o traballo en equipo e o compañeirismo son o mellor patrimonio dunha persoa.

-¿Que recordos garda?
-O mellor recordo son todas as persoas que forman e formaron esta gran familia. Unha data inborrable na miña vida foi aquel día en maio do 2006 en Laraona, en Pamplona, cando se conseguiu o ascenso á Liga EBA.

-O capitulo de agradecementos sería unha lista interminable.
-(Sorrisos). Agradecemento de corazón a todas as entidades públicas e privadas, e a noso eterno patrocinador. Sobre todo recoñecer aos meus compañeiros de directiva. Todos os que estiveron e están traballando sen descanso e altruistamente para poñer o Basket Xiria onde está. E dentro de eles, a Rubén Lorenzo, que estivo sempre ao meu carón. E, por último, a miña familia. Meus pais, irmáns, a miña muller e filla.

-¿Como queda o futuro inmediato de Xiria?
-O nivel económico puxen todos os mecanismos para que non volva a producirse desviación orzamentaria, como cando se viviu hai cinco anos estando na Liga EBA. O club na actualidade mantén o equilibrio entre ingresos e gastos.

-¿E no eido deportivo?
-Sempre puxemos todos os esforzos e a aposta foi clara. Primeiro, ca profesionalización dos adestradores e deunos os seus froitos en todo este tempo. Chegamos a colocar o baloncesto en Carballo e comarca no lugar que sempre lle correspondeu.

-¿Tanto cambiou?
-Temos neste intre 500 nenos e nenas e cando comezamos eran uns trinta. Pasamos dos tres equipos aos doce ademais de colaborar con seis da Laracha e os tres de Ponteceso. Chegaron os éxitos deportivos e a achega de xogadores ás seleccións galegas e nacionais. Como colofón, un campionato autonómico infantil, o primeiro na historia do baloncesto na comarca.

-E tamén o Pequebasket.
-É un modelo que creamos hai tres anos para nenos entre 5 e 8 anos. Agora é un referente do baloncesto a nivel galego e nacional. A fórmula está a ser imitada.

-Un bo colofón é a súa nominación para carballés do ano.
-Os que formamos a familia do baloncesto de Xiria, a nominación foi para todos nós un orgullo e un acicate para seguir a traballar a favor deste bonito deporte. Está claro que con ese feito estase a recoñecer o traballo feito.

Diego vázquez reino presidente da escola basket Xiria

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...