luns, 26 de novembro de 2012

CARBALLO A OUTRA CARA ( A CRUZ)

SI VES ALGUNHA QUEIXA SOBRE O ESTADO DE CARBALLO, URBAN E PARROQUIAS, SACA A TUA CAMARA E MOVIL E MANDAS.  xose.maria.aran@gmail.com


MUDAMOS ESTA SECCION A: https://www.facebook.com/forocarballo


ZONA: EXPLANADA DETRAS DO COLEXIO A CRISTINA
DATA FOTOS: 26-11-2012
DEFICIENCIA: escombrera encuberta, lugar de parada de familias marxinais adicadas a chatarra, realizanse fogatas, deixanse desperdicios, tíranse escombros obras,etc.
SITUACION CORREXIDA: PENDENTE
















ZONA: PISTA DEPORTIVA PARQUE ANLLONS
DATA FOTOS: 22-11-2012
DEFICIENCIA: pista porteria sen redes, muros rotos, ramas árbores en pista, sen porta acceso, falta redes protección, etc.
SITUACION CORREXIDA: PENDENTE






ZONA: SEÑAL DE PEONS PONTE RUA LUIS CALVO SANZ
DATA FOTOS: 22-11-2012
DEFICIENCIA: Como outras moitas señais, esta está torcida e si se levanta ata pode marchar un con ela.
SITUACION CORREXIDA: REPARADA



xoves, 22 de novembro de 2012

Juan Carlos Castro Pombo: «Gallardón é o peor ministro de Xustiza, e mira que o anterior era malo...»

España Cristina Abelleira
Carballo / La Voz 22 de noviembre de 2012 19:48

Juan Carlos Castro Pombo é avogado e concelleiro do PP en Carballo dende 1995. Como membro da corporación municipal, en xuño asinou unha moción en contra da supresión dos partidos xudiciais. Como letrado, ademais de participar nas protestas diante dos xulgados, nos últimos días mostrouse moi combativo nas redes sociais contra a Lei de Taxas Xudiciais, e mesmo dirixiuse á Defensora del Pueblo para pedirlle que presentase un recurso de inconstitucionalidade.

  -A súa oposición á Lei de Taxas Xudiciais non deixa lugar a dúbidas. ¿Por que?
-É unha barbaridade. Calquera elefante entraría nunha cacharrería con máis sixilo que Gallardón no Ministerio de Xustiza. Conseguiu poñer en contra a todos os operadores sen excepción: secretarios, fiscais, xuíces, avogados, procuradores e funcionarios. Pode ser entendible que se estableza algunha taxa, pero non 800 euros por unha apelación, porque iso supón dicirlle á xente que non ten dereito a que o seu caso o revise un tribunal superior. Na práctica, iso supón converter en prohibitivo o acceso á xustiza.

-¿Por iso recorreu á Defensora del Pueblo?
-Eu mandeille un correo electrónico ao portavoz do PP no Parlamento, outro a Soraya Sáenz de Santamaría e un terceiro, máis técnico, á Defensora del Pueblo, dicíndolle por que consideraba que as taxas son inconstitucionais e pedíndolle que presentase un recurso de inconstitucionalidade, porque un avogado non pode interpoñelo. E onte [polo pasado martes] chegoume a carta da Defensora do Pueblo dicindo que o recibiran e que se tramitaría, nada máis.

-¿Cales son, en grandes trazos, os motivos de inconstitucionalidade que ve vostede?
-Pois que supón un obstáculo para o acceso á xustiza, unha vulneración da tutela xudicial efectiva, unha vulneración do principio de igualdade, e sobre todo que acceder á xustiza é un dereito fundamental.

-Non se pode dicir, polo menos no seu caso, que esteamos ante unha mobilización política.
-É que eu penso que non houbo moita mobilización, sinceramente. A min o que me sorprendía, de feito, é que ninguén protestase cando Gallardón dixo que ía aplicar unhas taxas para que o custe real da administración de Xustiza recaese sobre quen facía uso dela, porque iso supón non facer unhas taxas só disuasorias, senón que todo o peso vai recaer sobre ti, e ao final temos estas taxas. E a xente non é consciente, penso eu, do que lle vai afectar.

-¿Por iso di en Twitter que Gallardón é o peor ministro de Xustiza?
-Evidentemente. É do PP, pero para min non hai dúbida de que Gallardón é o peor ministro de Xustiza, e mira que o anterior era malo...

-¿Non ten medo a que politicamente lle tiren das orellas?
-Que va, que va. Ademais, se me tirasen a min das orellas terían que tirarlle a todos os avogados de España que son do PP e que están en contra disto. Eu aínda non vin a ningún que estivese a favor ou que lle parecese ben, nin sequera que lle dea igual, e hai xente que é simpatizante do PP, incluso en órganos directivos do Colexio de Avogados da Coruña e non están a favor disto precisamente, ao contrario. Á parte de que estar a favor do PP non quere dicir que esteas a favor de todo o que fai o PP. Hai cousas que fai o Partido Popular que eu non comulgo con elas.

MAS NOTICIAS SOBRE DECLARACIONES DE JUAN CARLOS CASTRO EN LA PRENSA:

LA VOZ DE GALICIA: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/11/22/gallardon-e-peor-ministro-xustiza-mira-anterior-era-malo/0003_201211G22P39912.htm#.UK33BEu0sVo.facebook

EL PAIS: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/22/galicia/1353581370_936700.html

PUBLICO: http://www.publico.es/espana/446266/un-concejal-del-pp-tacha-a-gallardon-del-peor-ministro-de-justicia

LA OPINION DE A CORUÑA: http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2012/11/22/gallardon-peor-ministro-justicia-edil-pp-carballo/666757.html

EL BOLETIN.COM: http://www.elboletin.com/index.php?noticia=65229

LA VANGUARDIA: http://www.lavanguardia.com/local/galicia/20121122/54355507893/concejal-del-pp-en-carballo-ve-a-gallardon-como-el-peor-ministro-de-justicia-y-pide-a-la-defensora-r.html

ELECONOMISTA: http://ecodiario.eleconomista.es/interstitial/volver/pnov12/espana/noticias/4417477/11/12/concejal-del-pp-en-carballo-ve-a-gallardon-como-el-peor-ministro-de-justicia-y-pide-a-la-defensora-recurrir-las-tasas.html

20 MINUTOS: http://www.20minutos.es/noticia/1655160/0/

PAGINA DE NOTICIAS: http://www.paginanoticias.es/n/Espana/74riet83f/Concejal-del-PP-en-Carballo-ve-Gallard%C3%B3n.htm

EL PERIODICO DE HOY: http://www.elperiodicodehoy.com/gallardon-se-niega-a-cambiar-la-ley-y-feijoo-le-pide-que-lo-reconsidere/

EUROPA PRESS: http://www.europapress.es/galicia/noticia-concejal-pp-carballo-ve-gallardon-peor-ministro-justicia-pide-defensora-recurrir-tasas-20121122111655.html .

SUCESOS Y TRIBUNALES: http://www.diarioelaguijon.com/noticia/8777/SUCESOS-Y-TRIBUNALES/Un-concejal-del-PP-dice-que-un-elefante-entraria-en-una-cacharreria-con-mas-estilo-que-Gallardon-en-Justicia.html

EUROPA PRESS GALICIA: http://www.europapress.es/galicia/noticia-ampfeijoo-respalda-gallardon-opina-habria-reconsiderar-determinadas-tasas-judiciales-20121122150922.html

EUROPA ORESS NACIONAL: http://www.europapress.es/nacional/noticia-pp-difunde-argumentario-defensa-tasas-gallardon-dice-aplicaran-gente-mas-recursos-20121122190507.html

.
.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...