Como eu dedícome a colaborar dunha forma altruísta con distintas ONG´s, non entendo esta polémica esteril no caso de Amancio Ortega, vaia por diante o meu agradecento polas axudas que está a dar en distintos campos desde fai moitos anos.
Cantas horas lle adicamos os voluntarios de entidades a solicitar dás empresas colaboracións sobre todo económicas para que as nosas entidades poidan seguir adiante, para cubrir as deficiencias que a propia admnistración non é capaz de levar adiante sen a nosa existencia.
Para min non é unha vergoña ter que recurir a estes cidadáns que por sua xestión e capacidade teñen uns negocios que con parte dos seus beneficios pódannos axudar, e dáme o mesmo que teñan exencións fiscais ou outras prevendas por facer estas doazóns, xa que si o fan é porque os que lexislan, que non son outros que os que nos poñemos co noso voto, así o estiman.
Porque nesta zona dá costa dá morte e en concreto carballo, cantas asociacións culturais, deportivas, sociais.... poderían levar adiante as súas actividades sen contar ca axuda dás empresas, empresas que con todo o seu dereito tamén aplican dunha forma legal e lóxica as reformas que as distintas administracións poñen a súa disposición para xestionar os seus negocios en vías de ter os mellores resultados económicos que se transcriben en beneficios persoais, en beneficios de manteñemento e creación de emprego.... e en definitiva en destinar recursos para as asociacións. ¿Tamén imos condenar os noso empresarios?.

Nesta sociedade e neste mundo global, todos somos complices do que pasa, desde os políticos a quen escollemos e lexislan, cando collemos o móvil e facemos que falamos ou cambiamos a vistas cando alguén necesitado nos pide unha axuda, cando mercamos os nosos maravillosos smartphone e sacámolos para estar en primeira e non nos decatamos quen os fixos e en que condición laborais, cando tiramos a comida que deixamos moitas veces por "gula", esto non e para xustificar a actitude de ninguén, pero como decía o galileo " aquel que este sin pecado que tire a primeira pedra" ollo conta hasta dez non vaia ser que o final o apedreado sexas ti.
Está claro que neste pais "rachamos as vestimentas" por temas como o de Amancio Ortega e seguimos promovendo e sendo complices de condutas de corrupción, de falta de solidaridade, de mirar para o outro lado, en definitiva bla,bla,bla,bla, respectando as opinións de cada quen como é lóxico, desde o meu punto de vista actuamos cunha lixeireza e hipocrisía abafadora.

Señores empresarios, grazas humildemente lles dou por ser ponte e sustento de tantas iniciativas sociais que de outro xeito non serían posibles, pero en especial nestes momentos duros para todos, nesta crisis que da con máis forza nos máis humildes e necesitados da nosa sociedade, sabemos tamén que moitos de vostedes o están a pasar mal e de feito vese na reducción de axudas das empresas, pero os que non poden nestes momentos e os que seguen colaborando, UNHA E MIL GRAZAS por facer posibel que poidamos seguir adiante nun caso ca vosa comprensión e noutros cas vosas colaboracións e aportacións.
Como dicía sempre meu abó Rafael, O que hai que ter é sentidiño, o demáis son lerias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario