xoves, 10 de xaneiro de 2019

Celebración do 160º aniversario do nacemento de Alfredo Brañas

O Padroado Alfredo Brañas, coa colaboración do Concello de Carballo, ten programados para o día 11 de xaneiro, coincidindo co 160º aniversario do nacemento de Alfredo Brañas na nosa vila, unha serie de actos. O programa é o seguinte:

18.30 horas
Recepción no Concello de Carballo ao presidente da Real Academia Galega e convidados/as.

19.00 horas.
Ofrenda floral na rúa Coruña, xunto á casa natal de Alfredo Brañas. Acto aberto á cidadanía.
Recital do alumnado do IES Alfredo Brañas
Interpretación do Himno Galego por antigos membros do grupo de gaitas do Centro Cultural Alfredo Brañas.

19.30 horas
"Alfredo Brañas, unha memoria viva". Conferencia no Casino de Carballo con Adriana Hurtado de Mendoza, presidenta do Padroado; Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega; José Ramón Barreiro Fernández, ex presidente da RAG e historiador, e Xan Fraga Rodríguez, historiador carballés.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...