xoves, 9 de maio de 2019

FEITA A CREATIVIDADE DO MATERIAL PARA O CONCERTO DE HOMENAXE A ALFREDO BRAÑAS



Unha nova colaboración, persoal e desinteresada no diseño e documentación do cartel, tríptico, invitación e fondo expositivo para o acto de homenaxe a Alfredo Brañas.


O A Asociación  "Alfredo Brañas de Carballo", está a levar neste ano, no que se cumpren 160 anos do nacemento de D. Alfredo José Francisco Higinio Brañas Menéndez (fillo predilecto dá Vila de Carballo) diferentes actos na súa memoria. Especial vai ser esta actuación do cantautor Lucense Miro Casabella, en colaboración con exintegrantes do extinto grupo Xocaloma (Juan Carlos Díaz del Valle, Joaquina Ávila Cotado, Fernando Fidalgo, Dolores Platas, Juan cancela e Jorge Campos) que interpretaran varios temas dos seus repertorios. A nota principal vai ser a estrea do poema “Lembranzas”, creando unha bela peza titulada “A véspera de San Xoán”, presentarase no marco desta homenaxe por Miro Casabella quen é autor dá partitura. 

O acto será este venres 11 de maio, ás vinte horas no pazo da cultura de carballo e a entrada será libre ata completar aforo.

E unha honrra poder colaborar humildemente con esta aportación gráfica.


Cartel

Triptico


Invitación:

Fondos:


Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...