venres, 26 de xuño de 2020

As comarcas, uns centros estratéxicos da distribución






XOSÉ M.ª ARÁN. Vicepresidente Asociación Vieiro

    26/06/2020 
    

estas alturas da vida ninguén vai descubrir nada sobre o papel que xogan as canles de distribución na comarca. O narcotráfico, sexa na escala que sexa, segue arraigado entre nós. Dende que Vieiro, en 1991 e coordinados baixo a dedicación do noso presidente José Manuel Vázquez Gómez, coas denuncias e as achegas de datos da veciñanza, trasladáronse ás autoridades os movementos de descargas nas nosas costas, baixo os armazóns de distribución de pequena, mediana e gran escala nos diferentes concellos, aínda que uns servían de plataformas e outros, de centros de distribución.

As denuncias foron moitas e incluíron a algunha personaxe das forzas de seguridade, así como os diferentes clans, que, con nomes e apelidos, deron para moitas crónicas. Outros seguen a ser noticia a día de hoxe.
A percepción sobre o problema é irrelevante. En 1992 estaba entre os cinco primeiros e agora aparece no posto 35. Está claro que o tema recuperou titulares coas últimas operacións, especialmente en Camariñas e Carballo. Camariñas xa é un histórico, tanto polos clans existentes como pola renovación, con novos implicados. E de Carballo que imos dicir? O relevante da distribución atópase en núcleos de familias que veñen operando de sempre e en enclaves tamén históricos, pero tamén en lugares e con novos actores perfectamente integrados que pasan desapercibidos.

Hai demanda, hai venda, con covid-19 ou sen covid-19. Hai que felicitar ás forzas de seguridade polas operacións realizadas, pero non baixemos a garda e non miremos para outro lado. Segue vendéndose moito e alguén abastece o mercado, sobre todo, a outros puntos fóra da nosa contorna. Mentres non cambien as leis, necesitamos máis recursos, máis investigación. Non podemos seguir soportando a desidia que leva a que moitos dos nosos veciños e veciñas acaben enfermando polo beneficio duns poucos.






Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...