mércores, 1 de febreiro de 2012

NOSCE CHE IPSUM

Queridos amigos, como non podía ser doutra forma, quero celebrar con tod@s vos, os  meu paso polo Colexio Calvo Sotelo, pero nesta colaboración non o vou facer dende unha descripción cronolóxica dos acontecementos desde a súa fundación ata o día de hoxe, senon que o título deste artigo vai máis alá do físico e agarda ser, fora dá pedantería, un pensamento reflexivo máis que conmemorativo.

Nosce Che Ipsum (Coñecete a ti mesmo), moitas veces o longo da vida dunha persoa, vivimos acontecementos que nos marcan para ben ou para mal. Este feito irrefutable, acontecenos tamén a todos e cada un dos alumnos, profesores, salesianos, persoal non docente… que formamos parte desa gran familia que compartiu experiencias no noso colexio nalgún momento da súa vida. Pero temos que ir máis alá e son boas as palabras do poeta Adolfo Gustavo Bécquer: “Pero sei que coñezo a moitas xentes a quenes non coñezo”, cántas veces estando nas nosas tarefas cotiás, aparece alguén que coñecemos de vista ou simplemente estamos a falar  e xurde o nome dalguén que estivo nun mesmo colexio, seguramente en tempos diferentes, pero é coma se nese mesmo momento creasemos novos lazos de amizade, polo sinxelo feito de estar nun mesmo espazo, pero en moitos casos temos en común un lazo máis profundo, o de ter uns principios comúns inspirados pola educación recibida no noso colexio e digo noso porque así ten que ser e así temos que sentilo e vivilo.

Lembro unha frase de Benjamín Constant, publicista francés, que dicía:  A gratitude ten pouca memoria”, pois é verdade, moitos de nós que nos tempos de estudante entendíamos a nosa estadia no colexio como unha peaxe que tiñamos que aceptar para acadar uns títulos académicos, co paso do tempo e facendo unha reflexión máis seria e profunda, decatámonos do agradecemento que se merecen tódolos formadores que estiveron connosco (algúns con máis acertos que outros), sendo xustos temos que estar agradecidos e non en plan caritativo, nin económico, senon desde o punto de vista de formación dá nosa persoa, coma dicía Constant, se facemos memoria que sería de nós sen a formación academica recibida, que fixo posible que moitos dos que pasaron nestes  anos polo colexio encarrilasen a súa vida laboral, empregados, empresarios, mestres... que con esta formación fixeron do seu traballo a súa forma de vivir e de conquerir unha vida seguramente mellor que se careceran dela.

Cando falamos de educación e dunha institución educativa, que a súa vez foi fogar de moitos, é dicir unha segunda familia, xa non só polas atencións recibidas con máis ou menos agarimo por cada quen, senón polo tempo pasado entre as paredes deste colexio, estamos a falar dunha educación, adaptada os diferentes momentos sociais do transcorrer dos anos, que como todo na sociedade, o sistema educativo tamén sufriu cambios, persoalmente recibin a maiores doutros centros educativos, a posibilidade de descubrir unha figura coma a de D. Bosco, esto formará parte para sempre dun cambio vital na miña existencial.

Non podemos esquencer, que ó ser un colexio rexido polos salesianos, eles transmitiron os valores da figura de D.Bosco, por unha banda o estrictamente relixioso, que cada quen adoptou ou non a súa vida, aínda que eu son creente non falo da súa figura nesa dimensión, senón por outra banda, o aspecto máis humano , o social, a entrega polos demáis, a entrega en definitiva polos máis necesitados e sobre todo polos máis inocentes e indefensos, os nenos e os mozos, este precepto sempre se mantivo en min neste anos. Os que estivemos no colexio e soupemos da súa obra,  debemos reflexionar sobre a bondade e gratitude da súa persoa, como dicía,  máis ala dá vida relixiosa e espiritual que é moi importante e formativa, a figura de D.Bosco ten que ser para todos, crentes ou non, un referente de solidariedade. Esta palabra que hoxe está tan de moda, xa chegou fai moitos anos ó noso colexio da man dos continuadores da súa obra, os Salesianos, que veñen desempeñando a través do tempo esta labor solidaria e educativa,  transmitíndonos a vida e entrega dun simple home que co seu exemplo convertiu o seu ideario nunha obra para beneficio da sociedade.

Nun encontro formativo da xunta directiva e delegados da asociación de antigos alumnos, como relator estaba Juan José Ruiz Husillos, Salesiano e Director Social da Fundación Juan Soñador, aínda que nos viña a trasladar o que é a fundación e a súa actividade, que para os que non a coñezan, pódese resumir na prevención, educación e promoción social e integral dos nenos, nenas, adolescentes, mozos e familias dos sectores en situación de risco, de marxinalidade e exclusión social. Para a miña persoa foi moi gratificante, xa que me sentín orgulloso unha vez máis de pertencer a unha familia, a de D. Bosco, que nas palabras de “Juanjo”, nos transmitiu que todos aqueles que dun xeito pasamos polo colexio, temos que ser catalizadores de estar sempre ó servizo dos demáis, ser correa de transmisión para facer que aqueles que non tiveron tanta sorte coma nós na vida , teñan unha man tendida en nós para axudalos.

O encontro con Juanjo no colexio lembroume unha vez máis o traballo que fan e facemos os que temos un espírito transmisor da obra de D.Bosco, o traballo polos máis desfavorecidos, a súa vez lembreime da miña participación nun campo Bosco 101 , nas terras de Cambados alá polo ano oitenta, alí con moitos menos anos, xa nos falaban a aqueles mozos en clave psicolóxica da nosa personalidade e o valor da persoa, aínda que en participacións como esta, nun principio un agardaba xornadas de adotrinamento relixioso puro e duro, teño que recoñecer que na miña persoa deixaron unha pegada especial, xa que non só era a formación relixiosa senón tamén a  persoal.

Non me cabe dúbida amigos de que calquera dos que pasamos polo colexio e máis en particular os que seguimos mantendo un contacto, na nosa Asociación de Antigos Alumnos, a pesar das mil e unha ocupacións diarias, temos un espazo no que nos podemos atopar todos, seguro que máis dun pode atopar a xente coñecida do seu pobo e non sabía que estivera no colexio, ás veces rememorar o pasado da novos folgos para camiñar para o futuro.

Xa se sabe que moitas veces o despeito, a envexa e o mal humor fannos ver ata que punto progresamos na nosa educación e o dominio de nós mesmos, fagamos pois unha visión retrospectiva nas nosas vidas ata hoxe, e  logo de analizar e coñecernos a nos mesmos, fagamos unha valoración do que significou o colexio para a nosa prosperidade, que aínda que para algúns fose fonte de resentimento ou riqueza económica, seguro que para outros moitos, nos que me podo engadir,  foi riqueza persoal.

 Aprendamos a mirar polo ben da nosa sociedade e en especial dos nenos e os xóvenes, do que nos fagamos dependerá o que lle deixemos para o futuro, xa ou dicía D. Bosco,  a mocidade é a porción máis delicada e valiosa dá sociedade humana”, pois obremos en consecuencia para deixarlles o mellor de nós mesmos , como tamén dicía D. Bosco  a vitoria dos malos é ou froito dá cobardia dos bos”.

A todos aqueles que somos como un ladrillo que unidos van formando un edificio e que coas nosa virtudes e defectos fixemos desta historia parte das nosas vidas, pidamos que ogallá siga o colexio formando e educando moitos anos máis.

Para rematar, dicir que as xentes máis nobres son aquelas que agradecen un intento, aínda que algunha vez fora frustrado, cando se fixo para favorecelas.

Grazas Calvo Sotelo, porque o fin xa me coñezo a min mesmo.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...