venres, 11 de maio de 2012

FestiLetras 2012 - XXX Aniversario da Festa das Letras


PROGRAMA:MÉRCORES, 16 MAIO 2012 ________________________________________________

PONTECESO (PRAZA DO RECHEO)
11.30 h. Convivencia dos centro de ensino da comarca de Bergantiños: CRA Novo Mencer de Coristanco, CRA Os Remuíños de Cabana de Bergantiños, CPI As Revoltas, CRA Nosa Señora do Faro, CEIP de Laxe, CEIP Eduardo Pondal, CEIP As Forcadas de Corme coa presentación da escritora ceense María Canosa.
 Animación musical a cargo de Orquestra Cé Pantasma.
 Recital poético con poemas pondalianos sobre as terras de orixe dos centros de ensino participantes.
 Ofrenda floral no monólito pondaliano.
 Interpretación do himno galego a cargo do músico Manuel Caridad.

NA CASA DOS VECIÑOS (O COUTO)
18.00 h
 Clausura da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso. Corme, O primeiro día de Bob; Ponteceso, A maldición de Rabuña; A Campara, Os cabuxiños; Corme, Orellas de Bolboreta; Ponteceso, A bruxa regañadentes.

DESDE A FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL ATA LAGARES
22.00 h
 Noites do Prácido Luar. Roteiro poético-musical coa participación da mocidade coa coordinación de Lucho Penabade, coa colaboración da coral A Oliveira de Monte Branco e a banda de gaitas Inllar. Presenta a xornalista de Anllóns Cristina Martínez.

NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL (A EIRA)
24.00 h
 Fin de festa con Orquestra Cé Pantasma.


XOVES, 17 MAIO 2012 ____________________________________________________


Xornada de mañá


NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL (LAREIRA)
09.00 a 12.00 h.
 Programa RadioVoz en directo: Cova Céltica radiofónica coordinada por Xosé Manuel Varela Varela.

NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL (SALÓN DE ACTOS)
11.30 h. Entrega do galardón Queixumes e premio Bos e Xenerosos.


 Banda de Gaitas Inllar.
 Presenta a xornalista María José Imia.
 Os tres presidentes históricos da A.C. Monte Branco entregan os galardóns Queixumes na súa primeira edición.
 O presidente da Fundación Eduardo Pondal entrega os bustos Bos e Xenerosos a Xosé Pumar Gándara, Uxía Blanco e Antón López Rivas (O Mago Antón).
 Peche musical a cargo da Coral A Oliveira de Monte Branco co seguinte repertorio: “Cantiga do Couto”, música e letra de Jesús Méndez Torrado;
“Como hei vivir mañá sen a luz túa”, letra de Bernardino Graña e música de Suso Vaamonde con arranxos de Nico Matteo; “Cantarela”, letra e música de Xosé Casal; “Terra de Bergantiños”, letra de Eduardo Pondal e música de Nico Matteo.

Xornada de tarde


NA TELEVISIÓN DE GALICIA
15.15-16.00 h.
 Programa especial de Cifras e Letras dedicado a Eduardo Pondal.

NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL (SALÓN DE ACTOS)
17.00 h. Espectáculo infantil ata os 12 anos
 Maxia a cargo do Mago Antón.
 Contacontos infantil con Celso Fernández Sanmartín.
 Pablo Díaz e Olga Kirk.

NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL (LAREIRA)
17.00 h. Títerehop

 Obradoiro de artes plásticas e música dirixido a adolescentes de 13

a 18 centrado na cultura hip-hop. Participación do rapeiro García e dos monicrequeiros de Viravolta.
NA CASA DOS VECIÑOS (SALÓN DE ACTOS)
19.00 h. Trikititxa (Donativo para Escola de Verán 2.00 € por adulto)
 Master-class co acordeonista Kepa Junkera.

NA CASA DOS VECIÑOS (SALÓN DE ACTOS)
22.00 h. Monológos (Donativo para Escola de Verán 2.00 € por adulto)
 Quico Cadaval e Celso Fernández Sanmartín.


.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...