xoves, 28 de febreiro de 2013

“INDULTOS” A XUSTIZA NON E IGUAL PARA TODOS


Un non deixa de sorprenderse a diario, e mira que co que está a chover con isto da crise, non estamos os cidadáns para moitas historias. Pois non chega con este pesar para contemplar como os responsable de quitarnos deste problema están a exercer o máis vil dos papeis, as corrupcións, enganos, enchufismos... Pero un que está no mundo do social, ábrenselle as carnes cando escoita que “unha ves que os colleron cas mans na masa”, aínda así se benefician das prevendas do estado para descolgar as culpas e mentres a outros cidadáns anónimos, cando fan moitos menos, lles cae todo o peso da lei, acabando cos ósos no cárcere. Está claro, hai unha única moeda pero para uns cáelles de face e a outros con todo o peso da cruz.

Artigo 117 da Constitución Española

1. A xustiza emana do pobo e adminístrase en nome do Rei por Xuíces e Maxistrados integrantes do poder xudicial, independentes, inamovibles, responsables e sometidos únicamente o imperio da lei.

A Constitución Española concede o Rei o dereito de graza, sometido á lei e prohibe os indultos xerais (segundo o seu artigo 62.i) (artigo 62 CE: Funcións do Rei.)

O indulto é unha causa de extinción da responsabilidade penal, que supón o perdón da pena, é unha situación diferente á amnistía, que supón o perdón do delito, xa que polo indulto a persoa segue sendo culpable, pero perdoóuselle o cumprimento da pena.

O indulto pode ser total ou parcial, a súa vez pode ser xeral e particular. O indulto total comprende a remisión de todas as penas a que houber sido condenado o reo e que aínda non houberen sido cumpridas. O indulto parcial supón a remisión dalgunha ou algunhas das penas impostas ou a súa conmutación por outras menos graves.

En España, Segundo o Ministerio de Xustiza, o indulto «é unha medida de graza, de carácter excepcional, consistente na remisión total ou parcial das penas dos condenados por sentenza firme, que outorga o Rei, a proposta do Ministro de Xustiza, previa deliberación do Consello de Ministros».

O "dereito de graza", tamén coñecido como indulto, é unha renuncia o exercicio do poder punitivo do Estado, fundada en razóns de equidad, oportunidade ou conveniencia pública (Política).

Poden indultarse as penas accesorias con exclusión das principais e viceversa, a non ser que aquelas sexan inseparables destas. A remisión da pena principal implica, igualmente, a das accesorias, fóra diso a inhabilitación para cargos públicos e dereitos políticos, as cales non entender comprendidas, si delas non se fixen mención especial na concesión.

É dicir unha medida de graza sen render contas a ninguén. O perdón sen explicacións, do que só uns poucos coñecen o motivo. O indulto converteuse en España nunha figura legal polémica, en parte agravada pola opacidad e arbitrariedad que a rodea. A lei que o regula, unha norma de 1870, concede esta potestade o Goberno, pero non lle obriga a xustificar a súa decisión. Nin sequera a recollela nunha estatística, pois só basta publicala no BOE.

A CARA: O 'perdón' é cousa de políticos
O pacto o que levou a Unió Democràtica de Catalunya (UDC) para evitar o cárcere dos acusados polo 'caso Pallerols' pon de relevo os privilexios dos que a clase política goza ante a Xustiza. O fiscal acordou unha sentenza de conformidad no 'caso Pallerols' pola que rebaixa as penas de 11 anos de cárcere a condenas que non supoñen o ingreso en prisión para o empresario Fidel Pallerols; Vicenç Gavaldá, ex membro do comité de goberno de Unió, o seu irmán Lluís Gavaldà, e Santiago Vallvé, ex militante de UDC. A cambio o partido de Josep Antoni Duran terá que devolver os 388.000 euros que desviou dos fondos da Unión Europea destinados a cursos de formación para desempregados, a través das sociedades de Pallerols.

O acordo do 'caso Pallerols' recorda outros tratos de favor a políticos, Gallardón indultó a un ex alto cargo de Unió condenado por malversar. O ex dirixente 'popular' Hormaechea foi indultado polo Goberno de Zapatero. Aznar indultó parcialmente a Barrionuevo e Bera e a un condenado por Filesa. A eles hai que sumar banqueiros e persoaxes de postin que ata o máis inxenuo non entendería como se pode indultar a esta xente.


Os gobernos de Mariano Rajoy (468 indultos en total), José Luís Rodríguez Zapatero (3.378) e José María Aznar (5.897) lideran a concesión de indultos (perdón parcial para non ingresar en prisión) a políticos condenados. Entre os tres concederon 25 indultos a condenados por prevaricación, 107 a condenados por malversación de caudales públicos e 16 a sentenciados por cohecho, segundo publicáronse no Boletín Oficial do Estado.
A CRUZ: A petición de indulto para David Reboredo
No outro lado están os anónimos os da rúa. Como o caso de de David Reboredo, o pai de David é cego, como a Xustiza. Edmundo, octogenario, despediuse do seu fillo o pasado día 5 ante as portas do cárcere da Lama, en Pontevedra. Hai que ver como lle fixo sufrir este mozo. Sábeno ben tantos pais e nais con fillos heroinómanos.... Logo de tantos sinsabores, de tantas bágoas, deulle unha alegría e fai tres anos deixou atrás a sua adicción. Agora ata axuda a un bo número de asociacións contra a droga e colabora coa unidade de apoio a drogodependientes do Concello de Vigo. Pero din que o pasado sempre volve. E o de David regresou en forma de dúas condenas pendentes que acaban de facerse efectivas.

Foi detido en 2006 e 2009 por vender duas papelinas (400 miligramos) de heroína. Outros dous varazos na cabeza de Edmundo. Pero logo diso chegou a rehabilitación. Así que os seus ollos cegos non esperaban ver que a sentenza, sete anos de cárcere, faríase efectiva. Á fin e ao cabo, o cárcere está para rehabilitar, e David xa o conseguiu.

O avogado da familia Reboredo pediu o indulto en dúas ocasións, pero foi denegado en ambas. O feito de ser reincidente é unha traba importante. Agardemos que á terceira vaia a vencida. Agardo que para a publicación deste artigo xa teñamos novas máis boas para el.

So quédame decir: “fecit Deus tantum iustitiam quia homo abusi “, que deus reparta xustiza porque o home só abusa dela. E o peor que sempre pagan os máis indefensos.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...