¡ATA SEMPRE COMPAÑEIRO ¡
Hoxe pola mañan recibía a chamada da morte de Jaime por
medio da súa muller Teresa. Aínda que xa
iba para dous anos de loita contra a enfermidade do noso querido compañeiro, a ún
sentalle como un mazazo a nova do seu pasamento.
Van xa vintesete anos que a nosa actividade laboral nos
xuntou nesta etapa das nosas vidas, ainda que nestes últimos nove anos foron
especiais e pasamos por momentos laboráis moi bos e outros complicados en
relación a nosa actividade sindical.
Sobre a persoa nada que decir, bo amigo e alí estaba para o
que un necesitase, que máis se pode pedir.
Como compañeiro na andaina sindical, moitos foron os
momentos de traballo, entrega e ilusión.
Sempre co seu ímpetu nervioso e prendendo cigarrillo tras cigarrillo,
parecía accionista das tabaqueiras xa
que apenas tragaba o fume e sempre apagaba os cigarrillos a metade…
Se a sección sindical da cig en calvo, chegou a tan alta
representación na súa historia en calvo, esta claro e así hai que decilo,
porque é de xustiza, que foi en gran parte grazas o seu traballo incansable e
eu dou fé dilo porque así o vivín.
Quedaranse moitas historias que vivimos no tinteiro por mera
discreción hacia compañeiros e compañeiras das innumerables intervencións e
xestións realizadas, pero sobre todo a paixón que lle poñía os temas ata que se
conqueria o obxetivo, e coma sempre mirando polo ben común e repito sobre todo sin
buscar nada a cambio.
Jaime a quen non o coñecera ben engañaba nunha primeira
apreciación sobre a súa persoa, parecía transmitir o de unha persoal que nestes
temas se lle quedaba algo grande a cousa,
pero abofe que só era eso, xa que é un perfecto estratega, con
coñecemento sobre a materia e sobre todo cun don de xentes que engaiolaba.
E curioso, intentaba lembrar algún momento no que chegaramos
a ter diferencias serias e como non alguna discusión, que sería norml por outra banda, pero a verdade e que non
lembro ningún, durante anos case diariamente falamos do día a día da situación
laboral dandolle un repaso a como están as cousas e plantexabamos mil e un
proxectos para facer esta e outra cousa pero o curioso e que sempre tiñamos os
mesmos pensamentos e ideas, así daba gosto.
Pero sobre todo Jaime agradecerche sempre a túa lealtade,
nestes tempos en que moitos e moitas non entenden desto, ti sempre estiveches
ahí apoiandome sen fisuras, sen reproches, sen faladorias por detrás, cando as
veces o mellor para ti podía ser facer o contrario. Grazas compañeiro por ser
ca miña persoa, sempre, honesto e leal.
Pero si nos seus momentos
no mundo sindical e profesional foi
moi hiperactivo, que lección me dou nestes últimos anos desde que comenzou a
loitar contra a súa enfermidade, en momentos nos que a un lle daría ganas de
meterse na cama e non sair máis dela ou de tirar a toalla, el botaballe valor e
ilusión para sair do trance.
Eu teño que recoñecer
a miña debilidade e cobardía, porque cada vez que pasaba o tempo
facíaseme máis difícil verte, un non se fai a idea de coñecerte e ver como te
ibas consumindo, claro que a todos non nos gusta pasar por este trance e queremos
lembrar as persoas que apreciamos como eran cando estaban perfectamente. Pero
tamén nos últimos momentos hai que saber
estar…
Vaia pois a miña despedida compañeiro e grazas polo honor de
permitirme coñecerte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario