Programa de entrevistas, en clave persoal, que emitirá BERTV-CANAL 31 a Televisión Local de Bergantiños. Dirixido e presentado por Xosé María Arán. Emitese o venres ás 21 horas e reponse o sábado e lún ás 12:00 e ás 16´30.
Emisión: 06-05-2011
Dona Rosalia Fernandez Rial
A Coruña,1988
Naciu na coruña, como tódolos nenos e nenas dá súa xeneración que están a pasar pola maternidade coruñesa, aínda que deixa moi claro que ten dobre patria, desa fantástica mestura carballesa-muxiana. Pasou a cabalo destas dúas localidades a súa existencia, é que son dúas dous sitios, non podería dicir outra cousa. Estudou en Carballo, no instituto Alfredo Brañas, pero os venres ía para Muxía, onde pasaba o fin de semana e tamén os veráns, a súa nai é de Muxía. A coristanco, onde traballaban os seu país como mestres tamén lle tocou algo, mentras os seus país ensinaban e se implicaban nas actividades do colexio, ela estudaba alí e despois ía as casas dos/as compañeiros e alí fixo amizades, pero carballo posteriormente e muxia levanse a palma dá sua existencia, máis tarde chega Santiago onde estuda Filoloxía Hispánica que lle axúda non tanto na técnica de escritura, senón en ver o que fan outros autores, o teatro...
A súa vida vive nunha dobre bipolaridade que se manifesta nunha infinidade de acontecementos dá súa vida, como é o caso de: carballo-muxia, poesía-musica, timida-extrovertida, etc.
Escribe desde moi nena,o primeiro escribía máis ben contos e logo comenzou ca poesía, tamén fai relatos curtos. contaxiada seguro pola paixón didáctica do seu pai,Xan Fernandez Carrera, plasmada en numerosas guías, esta influencia paterna tamén pódese apreciar pola súa paixón polo ensino e tamén pola música. Ela, á que só lle queda un curso para terminar o Conservatorio -¿ para cando?, decantouse polo acordeón, cursou acordeón no conservatorio de Carballo dende os oito anos. Tamén coñece ben o territorio no que vive, xa que ten percorrido moitas das zonas que estudou a fondo o seu pai.
Rosalia é unha muller do seu tempo, construtiva e a súa vez revindicativa e sobre todo participativa, moitas son as mostras, este ano, participou en cee na homenaxe nun recital poético a Uxio Novo Neyra, cando lle adicaron o día dás letras galegas, dese espirito revindicativo e de amor a lingua e as letras tamén participa, podía vela un na concentración en carballo dá plataforma "Queremos Galego" contra ou decreto do galego.
O pasado día 14 de abril o Pazo dá Cultura de Carballo enchiuse de xente que ama as letras e as artes plásticas, pola presentación do seu segundo poemario, Átonos, unha obra ilustrada por Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Emi das Heras, Chiña, Fátima Fotea e Susana Llorente.Todo o poemario xira arredor dos sentidos e organizar segundo cada un deles. En total son coma seis capítulos, porque o último é coma un compendio dos cinco sentidos, coma unha apoteose final. Ademais, cada artista ilustra un dos sentidos, de forma que propón unha nova maneira de ver, de oír, de ulir... Todo iso para descubrir unha nova realidade e ver que somos unha colectividade.
O resultado final é unha obra moi colectiva. O feito de que haxa un ilustrador para cada sentido ten moito que ver co nós, coa colectividade, porque esta é unha obra de moitos. É o libro e iso é o que máis lle gosta.
A iniciación na poesía foi co seu primeiro poemario «En clave de sol». En decembro de 2009 presentou a súa primeira obra tamén no Pazo dá Cultura de Carballo, acompañada o piano por Manuel Belo, o seu primeiro libro, En clave de sol , un precioso poemario ilustrado por Mon Lendoiro. Rosalía axuntaba desta forma tres artes sobre as que sempre virou a súa vida: a literatura, a música e o debuxo. «Quería transmitir o que sentía». A intervención de Rosalía foi literaria, cargada de silencios e de recursos. Dixo non querer «someterse os designios». Rexeitou os agradecementos por formais e optou polos sentidos de verdade, á súa familia e amigos, «por ser a clave dá vida»; e os seus profesores «por darlle as ferramentas de construción masiva». «Nada disto sería posible se Mon Lendoiro non debuxase ilustracións que se poden escoitar nin se Manuel Belo non producira acordes visibles, agradeceulle a quen foi mestre seu dende nena e quen recentemente deixou o Conservatorio de Carballo. pero a culpa de todo tena Lumieira, por crer en nós e nese delirio»,
O seu obxectivo é transmitir a beleza daquilo que lle rodea, dar a coñecer o que leva dentro, a pesar de que sabe en que hoxe en día «é moi difícil publicar libros, porque non son economicamente rendibles». Por iso está infinitamente agradecida a asociación lumieira pola súa contribución editorial e o seu presidente, Farruco Fraga.
Rosalia ten tamén algo pendente, pero non perde a esperanza en que algunha administración bótelle o ollo o elaborado proxecto conxunto que, de momento, descansa nun caixón do fogar familiar: unha guía de rutas literarias da Costa da Morte. «Propostas sobre o que visitar e en cada lugar un poema ou fragmento de autores dá comarca». de tódolos xeitos se ca súa idade xa nos asombrou con dúas obras, quedalle moito tempo por diante para deleitarnos moito máis.
Falar con Rosalia e manter unha conversa fresca, a súa mocidade sae por cada recuncho cando quere transmitir algo, de verbo fácil, engalolladora e sobre todo transmite esa enerxia positiva de todo, e como que trata de facer unha reciclaxe das cousas non gratas da propia sociedade. Un o tela diante ve nos seus xesto e no seu estar a unha persoa que pode tranmitir timidez, pero que supera e con moi boa nota ca súa posta en escea, e como ter diante a unha persoa con duas partes encontradas que o unirse crea un ser encantador, afable e de conversa fluida, nótase a súa formación academica e persoal, sumandolle máis en concreto a súa formación en filoloxia que fai dela unha verdadeira especialista na conversa do mundo das letras.
E o futuro, -Non o sei (rise). Teño que deixar que repousen as idea.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario