venres, 6 de maio de 2011

XA NON TEMOS QUE IR A VOTAR, EU PROPOÑO O SEGUINTE PARA GOBERNAR O CONCELLO DE CARBALLO - AS DEZ PRIMEIRAS MEDIDAS:

AS DEZ PRIMEIRAS MEDIDAS:  POR UN CARBALLO MAIS FRONDOSO


1.- Formalizarase para os vindeiros catro anos un "cuatripartito".


2.- Só se terán 4 dedicacións exclusivas.


3.- Cada Ano será rotatoria a Alcadia, o 1º ano o de menos votos e o 4º o que máis.


4.- O Goberno estará composto por 1 alcade e 3 tenentes de alcalde.


5.- As áreas de goberno serán 4 cas seguintes concellarias, que iran rotando ca alcaldia:

-Concellaría de Cultura, Emigración e Normalización Lingüística, Educación, Deporte, Xuventude e Participación Veciñal.


-Concellaría de Urbanismo, Medio Ambiente, Obras e Servizos, Tráfico e Praias.


-Concellaría de Igualdade,Benestar,Terceira Idade e Sanidade


-Concellaría de Promoción Económica,Contratación, Facenda e Patrimonio, Persoal, Formación, Emprego,Réxime Interior, Policía.

6.- Crearase a figura do valedor do pobo, (sin remuneración) propoñendo a Acacio Rodríguez para o posto. Os mellores para que non se perda nin un euro.


7.- Crearase o Consello de Contas local (estará integrado por destacados veciños e veciñas, escollidos polos hosteleiros como recoñecidos "amarrados" a hora de pagar un vaso.


8.- Pasarase a todo o persoal funcionario do concello a persoal laboral, para ser solidarios cos seus compañeiros e cos concelleiros anegados que altruistamente colaboran nas areas delegadas.


9.-Poñerase o día 25 de Xuño como día de exaltación do político local, para dignificar o ramo e animar a mocidade a participar e ir xubilando os actuais.


10.-Crear unha radio, televisión e periódico local, pluralista para tódolos partidos e veciños, chamarasen INTERPRISA CARBALLO. O Director será a proposta dos medios de comunicación que teñan presenza no concello e será nacido no Concello ou na laracha.

PERO COMO ESTE VAI SER UN GOBERNO POPULISTA, PROGRESISTA, CENTRISTA E NACIONAL, QUERO QUE SIGAS POÑENDO TI AS TUAS PROPOSTAS, TEMOS QUE CHEGAR AS 100 PARA QUE DESPOIS PODAMOS VALORAR. ESPEZA A ESCRIBIR A TUA PROPOSTA.

.

2 comentarios:

xose maria aran dixo...

haber que esperamos para propoñer

santipazos dixo...

Juguemos. Yo propongo que los candidatos sean todos alcaldes
(sin sueldo por supuesto)y hagan sólo lo que les ordene una asamblea popular permanente, al estilo de la polis griega, compuesta por todos los ciudadanos de Carballo, los que tengan tiempo para participar, los que quieran participar, por rotación, o por sorteo. La cicuta estará prohibida. No se admitirán votos delegados. ETC...

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...