Hora sábado, 28 de mayo · 12:00 - 15:00
Lugar Ies Alfredo Brañas (acto) e Restaurante Aldeola (comida)
Más información O Colexio Fogar e o IES Alfredo Brañas organizan un acto conxunto para celebrar o XL Aniversario de ambos centros. Este acto será o sábado 28 de Maio ás 12:00 no salón de actos do Instituto Alfredo Brañas. Celebraremos con el os 40 anos de existencia de ambas institucións, polas que pasaron milleiros de persoas de Bergantiños. Como esperamos que gardedes un estupendo recordo deses anos, gustaríanos celebralo con vós.
A continuación faremos un xantar no restaurante Aldeola. Chegaremos ao mesmo en torno ás 14:00. O menú é:
- Aperitivo: croquetas, empanada, tartaletas de marisco, polbo
- Primeiro prato: vieiras ao forno
- Segundo prato: xarrete de tenreira ao viño tinto
- Sobremesa caseira
- Bebidas: augas, refresco, viño, café , augardente, brandy e cava.
O prezo do cuberto é de 35 euros. A música pona o restaurante.
A comida pagarase por adiantado facendo un ingreso no número de conta 2091-0093-24-3040003768 o antes posible (para ir facendo cálculos) e non máis tarde do 15 de maio. No ingreso débese especificar o nome ou nomes das persoas que asistirán.
Animámosvos a todos os que pasastes uns bos anos no colexio ou no instituto a que acudades. Estades invitados a facelo todas as persoas que estudastes ou traballastes aquí. É unha xornada para ver a amigos, profesores, compañeiros,…
O mesmo día intentaremos proxectar fotos de anos anteriores, para o cal necesitamos a vosa axuda. Podedes mandar as que teñades ao correo do instituto (ies.alfredo.branas@edu.xunta.es) especificando “Fotos XL Aniversario” e co texto que queredes que lle poñamos. Grazas de antemán.
Fernando Garea, director do Colexio Fogar
María Díaz, directora do Instituto Alfredo Brañas
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario