ALBERTO SUEIRO PRESENTOULLE A DIRECTORA XERAL DE ATENCIÓN
SANITARIA AS NECESIDADES DO CONCELLO CARBALLÉS EN MATERIA DE
SANIDADE , E PEDIU O SEU APOIO PARA DARLLES SOLUCIÓN.
O voceiro popular carballés, mantivo na mañá de hoxe mércores una xuntanza
coa Directora Xeral de asistencia sanitaria e membros do seu equipo, na que se
lle presentaron as carencias e necesidades de medios e recursos sanitarios que
padecen os usuarios do servicio público de saúde no noso concello.
Sueiro insistiu na necesidade de contar con unha ambulancia medicalizada para
solucionar os traslados de doentes afectados de patoloxías de gravidade e atender
unha vella demanda da nosa comarca, aportando datos de crecemento da poboación, número de asistencias prestadas e o acordo unánime do pleno para xustificar a importancia de contar con ese equipamento.
Así mesmo trataron sobre as necesidades físicas das actuais instalacións do PAC
para atención primaria e a conveniencia de mellorar as dotacións das consultas de
especialidades xa existentes, e o posible incremento do número das mesmas, que
se atenden no noso concello.Tamén se solicitou a implantación de novos servicios de tele-mediciña para facilitar os diagnósticos, e a mellora e xeneralización dos coidados paliativos.
A directora xeral adiantou a súa total disposición a colaborar na procura de solucións que avancen na mellora da prestación de servicios a poboación de Carballo, dentro das importantes restriccións orzamentarias que se están a padecer, e mostrou a súa disposición de estudiar a implantación da ambulancia medicalizada para Bergantiños e de distintas innovacións e recursos tecnolóxicos no Centro de Saúde e no PAC de Carballo que melloren a asistencia sanitaria e favorezan a comodidade dos doentes, evitando no posible o desprazamento da poboación ata A Coruña.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario