xoves, 7 de abril de 2011

O CRISTIAN ANTE A POLITICA E A SOCIEDADE

cristián" ( que en grego significa literalmente "Partidarios de Cristo").

Os verdadeiros cristiáns intentamos seguir a mensaxe de Cristo, aínda que como humáns e pola nosa fraxilidade, moitas veces esto non é doado de acadar.

¿Como podemos agardar transmitir as nosas crenzas a aqueles que non pensan ou non cren coma nós, cando entre os que nos consideramos cristiáns surxen diverxencias?.

Ante todo resaltar cal é a nosa crenza e que non vai en contra de nada, aí están as palabras de Xesús, transportadas no tempo polos evanxelistas:

"Benaventurados os pobres de espírito, porque de eles é o reino dos ceos.
Benaventurados os mansos, porque eles posuirán a terra.
Benaventurados os que choran, porque eles serán consolados.
Benaventurados os que teñen fame e sede de xustiza,  porque eles serán saciados.
Benaventurados os misericordiosos,porque eles alcanzarán a misericordia.
Benaventurados os que teñen puro seu corazón, porque eles verán a Deus.
Benaventurados os pacíficos, porque eles serán chamados fillos de Deus.
 Benaventurados os que padecen persecución pola xustiza, porque de eles é o reino dos ceos."
(Máteo, V,4-10).

A política e a vida en sociedade debe ter un conxunto de crenzas baseadas, non só na fe, senón tamén na razón e na evidencia, e polo que entre os homes cada día existen menos diferencias entre conciencia política e si máis sobre os intereses partidistas delas.

As Benaventuranzas dino ben, están por riba de todo os pobres, os que sofren, os xustos…podían ser igual que moitas outras ensinanzas de Xesús, estas mensaxes son válidas para os chamados partidos de esquerda, centro, dereitas,etc., porque a nosa fé fainos defender ó home ante todo, fora de extremismos e imposicións forzosas.

Eu súmome ás palabras que din que “a inspiración cristián na política é un dobre compromiso, polo tanto obriga dobremente a quen a declara. De tódolos xeitos tamén é nosa fonte de forza, de lucidez e alimento espiritual que ratifica o compromiso cos que máis nos necesitan, os pobres, os necesitados, os predilectos de Xesús”.

Cada feito, por pequeno que pareza, pode ser a ocasión para revisar os nosos principios e crenzas. Os que desempeñan a función pública deben telo sempre presente, non só cando saen a buscar votos e gañar eleccións.

Lendo unhas reflexións do sociólogo Rafael Díaz Salazar, penso que acerta a matizar o tema.
El dí que o cristianismo é político na súa teoloxía e nada teolóxico na súa visión da política; é dicir, conten elementos ético-proféticos que lle levan a implicarse na transformación do mundo, pero non propugna unha política directa desde o Evanxelio. Recoñece a autonomía da política e súa función profética ten que ver máis ca crítica que ca lexitimación ou o recoñecemento dunha política como cristián. O cristianismo orixinario non é unha relixión política, esto é, non conten un modelo sacralizado de Estado, de ideoloxía e de forma de organización da vida social. Tendo en conta esta seña de identidade e partindo da figura de Xesús de Nazaret como crítico da relixión política do xudaísmo.

Non é cuestión de que o cristián se vexa inmerso no discurso teolóxico máis profundo, nin nas crenzas dogmáticas, senón de ter simplemente como referencia a vida de Xesús , máis alá da milagre ou da divinidade e si do exemplo do home que habitou entre nós e nos deixou unha mensaxe tan sinxela como intensa, a de amarnos os uns os outros como el nos amou, esto unido ó seu xeito de actuar é a gran mensaxe que está perdendo a sociedade actual, envolta en trifulcas mundanas sobre o poder e a razón existencial, cando nin os políticos nin algúns gobernantes da igrexa, escoitan as necesidades primarias do ser humano, que non son outras que vivir en armonia e respecto mutuo.

Xa pasaron moitos anos desde que o Emperador Constantino, promulgou a constitución imperial que foi confirmada por un edicto datado en Milán no 313; o famoso Edicto de Milán que puxo fin a era das persecucións e inaugurou un novo período da Historia do Cristianismo. Aínda que nalgúns puntos do planeta sexa hoxe en día un risco ser cristián católico.

Nesta próxima Semana Santa, como é habitual, as televisións poñeran diversas películas sobre a vida de Xesús, dos papas e doutras temáticas con corte relixioso, máis alá do aspecto filmográfico. Quedome entre outras ca que falaba da Vida de Xoán XXIII, da que doutras moitas ensinanzas podo sacar, que son moitas máis as cousas que nos achegan ós homes que as que nos separan.
Lendo a súa obra podemos resaltar as súas palabras:
“Nunca vaciles en tender a man; nunca titubees en aceptar a man que outro che tende”.
O seu firme e decidido compromiso cos que sofren, a súa amplitude de criterio e a súa visión profética explican a coherencia dunha vida e dunha obra. A humanidade aínda ten moito para aprender de tan marabilloso apostolado.

Está claro que a nosa fé non é patrimonio de ningún partido político, tanto de esquerda, de centro, ou de dereita, aí é onde está a nosa forza, a de conseguir por medio do diálogo e da palabra a comprensión e respecto das nosas crenzas, o bo cristián e o bo católico máis alá da parte dogmática que é esencial, debe predicar co exemplo, así seremos respectados e alabados.

E o momento de abrir de novo as portas á sociedade que non comulga cas nosas ideas, desde o posicionamento persoal, e aqueles que teñen obrigas públicas desde a responsabilidade e crenzas da súa fe, é hora de facernos escoitar, pero sempre ca premisa de respetar a todos.

Xa se sabe que a Verdade nos fará libres, pois exerzamos esa liberdade con responsabilidade, respecto e humildade, xa que é diferente facer política que opinar sobre ela.

Saúdos.

 
.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...