xoves, 29 de decembro de 2011

DE VILAR DE FRANCOS O PAZO DA CULTURA

Un ten días no que leva alegrías no fondo da existencia dun mesmo...    Foi o que me pasou o xoves na presentación do libro "Follas de Carballo", a unha hora típica de charla e co retraso evidente dun acto que se precie, tivo lugar no pazo da cultura de carballo a presentación do libro editado pola asociación Cultural Lumieira "Follas de Carballo", un acto que pon broche de ouro a celebración do 35 aniversario da asociación e que agasallo máis fermoso o que nos fixeron con este acto.
Para min foi un regalo de reises adiantado, ca presenza dos autores: Xurxo Borrazás, Fernando Cabeza Quiles, Xurxo Chapela, Rosalía Fernández Rial, Farruco Graña, Henrique Mariño e Ignacio Silva, ademais de Xosé Ramón Freixeiro Mato, que fixo  o prólogo do libro, e ca ausencia por motivos laborais de Alberto Varela Ferreiro, foi o "elenco" máis representativo dos valores no mundo das letras que temos en carballo.

Cando ollaba o libro, o comenzo, víñame a cabeza o carballo de vilar de francos, árbore anterga e grandiosa que bebe das raices profundas  da terra que o viu crecer tan fermoso e grandioso.
Pois o mesmo acontecíame co libro que tiña nas miñas máns, estas follas de palabras dos diferentes relatos que surxián do seu tronco vital, que as fixo brotar, ese tronco que anel a anel foi medrando desde fai xa 35 anos que é Lumiera e como non todo asentado sobre a mellor terra a de carballo.

Non vou ser eu que opine dos relatos do libro e da súa calidade, que máis alá das consideracións dos expertos, quedan as verbas de Freixeiro considerando o libro como "unha gran obra", aínda que o que escribe non ten en conta moitas veces a voces dos técnicos, críticos ou especialistas, xa que para min é máis sinxelo ou gosta ou non, máis alá doutras valoracións, os libros fanse para os lectores e non para os entendidos, ou non?

Rematado o acto fun contento cara a casa, cun sorriso andando polo parque do anllóns, e lendo as dedicatorias recollidas dos autores, porque foi un día especial para a cultura, a celebración dun aniversario dunha entidade "magnus,magna,magnum"como é Lumieira, pola nova vida dun libro "Follas de Carballo" e sobre todo por ver a amigos e veciños convertidos en grandes escritores e protagonistas. Porque para min cada un co seu propio estilo, son o presente das letras  e fan de nós os carballeses un povo hoxe máis "rico".
Despois disto só decir sobre o acto de hoxe que facía tempo que non me sentía tan carballés, grazas a todos polo voso traballo.

Gostoume ver a Freixeiro, ese veciño de cances que tanto leva traballado polo galego e seguro que tiña que estar máis considerado polos veciños de carballo e as súas autoridades e como non a seu lado estaba Farruco Fraga, acual presidente de Lumieira, home bo e xeneroso, que sempre se manten un paso atras, pero é a "alma mater"de moitos proxectos de Lumieira, Farruco para os que consumimos cultura desdes a comodidade da butaca, moitas grazas....  

Agora o que podemos facer entre todas e todos e como ben se decía no acto agasallar e dar a coñecer o libro para que os carballeses, bergantiñáns e galegos valoren os mellores froitos que da o carballo e que as súas follas unhas con máis sabia nova que outras, nos empapen ca sombra do seu do facer.






.fotos: La Voz Galicia

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...