venres, 2 de decembro de 2011

O PP SOLICITA QUE O BNG DEIXE DE AMEAZAR E BUSCAR REVANCHAS E CONVOQUE CANTO ANTES A COMISION DE INVESTIGACION

A pesares de votar a favor da súa creación non deixa de sementar confusión.

 Carballo, 1 de decembro 2011.- O Grupo municipal do Partido Popular de Carballo manifesta a sua absoluta sorpresa pola actitude do concelleiro de persoal, voceiro do BNG, ao respeito da comisión de investigación sobre a presunta contratación irregular de unha auxiliar de axuda no fogar por parte do alcalde de Carballo.

 Nun alarde de cinismo , a pesares de dicir que defende a creación da comisión, dende que se aprobou, non deixa de criticar a oposición por propoñela e de ameazar a todo o mundo por facer o que íl  di que esta dacordo.
Esta actitude, en total contradición co  seu discurso e a súa oferta de transparencia total, deixa en evidencia outra volta mais o cinismo do alcalde cando di que non é partidario de “utilizar o retrovisor” namentras o mesmo tempo están facendo público un informe do ano 2001, e dicir de hai 10 anos.  O BNG ten que deixar de confundir e aclarar cal é a súa posición de verdade e explicarlle os veciños de carballo se están a favor ou non de que se investigue a presunta contratación irregular de unha candidata da súa lista.
 Dende o  grupo municipal do PP de Carballo non entendemos o comportamento do alcalde e o concelleiro de persoal si sabían que se cometera algunha irregularidade no noso concello porque non o denunciaron e aínda peor o agocharon. Ese comportamento soio agocha que o queren tapar e a súa vergoña amparándose no “ y tú más”.  Parece que dende o BNG queren utilizalo pasado coma coartada para as súas falcatruadas actuais.

O grupo popular, que non ten utilizado este asunto como propaganda, nin utiliza os medios para ameazar e acusar infundadamente querendo desviar a atención  do que realmente é o importante  que non é mais que se comprobe si se cumpriu coa lei nuns procedementos concretos. O verdadeiro interese do alcalde, mais do BNG, neste asunto comprobarase na rapidez con que procedan a creación da comisión e a entrega de toda a documentación oportuna.

.


Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...