venres, 16 de decembro de 2011

O PP QUERE QUE AS CONCLUSIONS DA XUNTA DE PORTAVOCES SOBRE A TRAVESIA DE MALPICA SE DEBATAN NO PLENO DA CORPORACION

O PP PEDIRA QUE O ACORDO DA REFORMA DA TRAVESIA DA FABRICA SEXA ADOPTADO NO PLENO.
 Carballo.- 16, decembro 2011.- Dende o PP entendemos que a xunta de portavoces non é o órgano axeitado para adopta-las decisións, xa que está debe ser tomada polo mesmo que orixinariamente aprobou a obra de reforma da travesía, é dicir,  o pleno da corporación, aínda que despois o alcalde fixera pola súa conta un modificado da obra que agora está disposto a desfacer.
O goberno municipal deberá explicar porqué se está  de acordo con retirar o carril bíci na rúa fábica non se ten feito xa   e se mantivo ata agora a “pantomima” do carril- bíci  que diariamente está a ser usado como aparcamento.

Evencio Ferrero deberá explicar ante o pleno cal son as razóns do seu cambio de criterio e porque de defender a súa modificación do proxecto orixinal fronte as reclamacións dos veciños e dos grupos da oposición, agora está convencido que hai  desfacer as obras que mandou executar hai pouco mais de un ano.  

Dende o PP de Carballo felicitámonos da rectificación,  para  entrar en razón do goberno do BNG,  e que acepten arranxar un modificado  que,  dende a súa orixe,  foi un despropósito e se atenda o sentido común e o interés  xeral de veciños e comerciantes da rúa fábrica e tal coma sempre defendeu o noso grupo se manteñan as prazas de aparcamento.
O PP pedirá as explicacións oportunas do custo  do modificado e das obras feitas e que se aclare  quén foi o responsable de que se fixeran, tendo en conta o informe negativo do secretario municipal e a oposición da maioría dos veciños e grupos políticos da corporación.
Dende o grupo municipal pediremos que se inclúan nas conclusións da comisión creada a  valoración  e  o custo real dos traballos de reforma da rotonda da travesía de Malpica para a súa mellora ou , se procede, a sús desaparición.
.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...