martes, 6 de decembro de 2011

O PP ALEGARA CONTRA A SUBA DAS TAXAS DO LIXO, POR INXUSTA E DISCRIMINATORIA COS VECIÑOS DAS PARROQUIAS DE CARBALLO.


O Grupo municipal do PP de Carballo presentará dentro do plazo legalmentes establecido alegacións a modificación da ordenanza de recollida de lixo, no que respecta a suba da taxas a aplicar a partires do vindeiro 1 de xaneiro.

A principal discrepancia é que a modificación da ordenanza reguladora da taxa de lixo establece unha subida do recibo de lixo do 12,6% para as vivendas do casco urbano, que pasarían de pagar 54,50 euros a 61,37 euros, tendo servizo de recollida seis días á semana; fronte ó 96,4% en que se incrementa a taxa para todas as vivendas da zona rural (pasando de 25 a 49,10 euros), onde a recollida se produce só unha ou dúas veces á semana, segundo as zonas.

Tendo en conta a deixadez e falla de xestión municipal nesta cuestión, non tendo preparada en tempo o novo contrato de concesión para este servizo, sabendo que o actual remata este mesmo mes, e sen saber canto vai selo custo do novo contrato, incrementa de xeito inxusto, discriminatorio e insolidario as taxas, distinguindo os carballeses, a hora de incrementalas taxas, en funcion do lugar onde viven.

O goberno do BNG castiga os veciños do rural carballes que son os perxudicados da mala xestión do goberno municipal incrementando un 96% as suas taxas de recollida de lixo sen modificar nada do servizo.

No rural carballes van pagar case o doble polo mesmo servizo, o que para o grupo municipal do PP nos parece inaceptable

Ó PLENO DO CONCELLO DE CARBALLO


ALBERTO SUEIRO PASTORIZA, no seu propio nome e como voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Carballo, ante o Pleno da Corporación comparece e, como mellor proceda en dereito, di:


I.- Que na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación de Carballo celebrada o día 26 de outubro de 2011, aprobouse provisionalmente, e só cos votos favorables do grupo de goberno (BNG), a Modificación da Ordenanza Fiscal nº 6 do Concello de Carballo, reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos.


II.- O mencionado acordo foi publicado no BOP da Coruña nº 207, de data 31 de outubro de 2011.


III.- Entendendo que a modificación provisionalmente aprobada da citada ordenanza é contraria a Dereito e gravosa para os intereses de todos os cidadáns de Carballo, en virtude do disposto no artículo 17.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, dentro do prazo de 30 días legalmente establecido, presento RECLAMACIÓN CONTRA A MODIFICACIÓN DA ORDENAZA FISCAL REGULADORA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, con base nas seguintes


ALEGACIÓNS:


PRIMEIRA.- Infracción do artigo 24.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.


A modificación da ordenanza reguladora da taxa de lixo establece unha subida do recibo de lixo do 12,6% para as vivendas do casco urbano e do 96,4% para as da zona rural, téndose aducido por parte do equipo de goberno para argumentar a dita subida que, como en anos anteriores non se actualizou a taxa en función do IPC, no vindeiro exercicio 2012 se correxía o erro da Administración e se producía a dita subida.


Establece o art. 24.2 Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que “el importe de las tasas por la prestación de un servicio o por la realización de una actividad no podrá exceder, en su conjunto, del coste real o previsible del servicio o actividad de que se trate…”


Prodúcense dúas infraccións por parte do Concello, pois por un lado faise recaer un erro ou omisión da Administración (non ter actualizado en anos anteriores o coste do servicio) no cidadán, quen ve como sube o recibo nunha porcentaxe superior ó IPC interanual por culpa da neglixencia ou deixadez do Concello nas súas funcións, cando como moito o recibo do lixo debería subir o IPC correspondente ó último ano.


Pero ademáis desta primeira infracción hai outra non menos importante. No presente caso, debe terse presente que a concesión actual do servizo remata o 31 de decembro de 2011, sen que a data de hoxe estea sequera en proceso de licitación a nova concesión, o que é síntoma dunha evidente deixadez por parte do goberno municipal. Por tanto, é indudable que non haberá novo concesionario o día primeiro de xaneiro de 2012 (data de entrada en vigor das novas taxas por recollida de lixo) nin, por tanto, se pode saber a día de hoxe (nin á data de entrada en vigor da ordenanza modificada) a cánto ascenderá o coste do servizo o ano que ven e sucesivos (pois este dependerá da oferta que resulte ganadora no novo proceso de licitación do servizo).


Xa que logo, en lugar de licitar no seu momento a nova concesión para que entrara en vigor o 1-1-2012 –o que permitiría coñecer neste momento o coste do servicio da oferta ganadora e adaptar as taxas ó mesmo–, o goberno optou por incrementar a taxa sen coñecer ese dato imprescindible, e sin recabar tampouco ningún estudio económico actualizado, polo que estaría incumplindo o precepto legal antes citado.


SEGUNDA.- Infracción do artigo 14 da Constitución Española e do artigo 3 da Lei Xeral Tributaria (Lei 58/2003, de 17 de decembro).


Ainda no suposto de que non se acollese a alegación exposta no apartado anterior, entendemos que a notoria diferencia de subida entre as taxas das vivendas das zonas rural e urbana produciría unha evidente vulneración do principio de igualdade constitucionalmente establecido, así como do principio de proporcionalidade.


A modificación da ordenanza reguladora da taxa de lixo establece unha subida do recibo de lixo do 12,6% para as vivendas do casco urbano, que pasarían de pagar 54,50 euros a 61,37 euros, tendo servizo de recollida seis días á semana; fronte ó 96,4% en que se incrementa a taxa para todas as vivendas da zona rural (pasando de 25 a 49,10 euros), onde a recollida se produce só unha ou dúas veces á semana, segundo as zonas.


O artigo 14 da Constitución Española de 1978 garantiza o principio de igualdade entre os españois, e o artículo 3 da Lei Xeral Tributaria establece no seu apartado 1º que “la ordenación del sistema tributario se basa […] en los principios de justicia, generalidad, igualdad, progresividad, equitativa distribución de la carga tributaria y no confiscatoriedad.”


A modificación da ordenanza reguladora da taxa de recollida de lixo vulnera claramente o principio de igualdade, pois grava exactamente coa mesma taxa a cidadáns aos que se lle prestan servizos distintos, xa que pagarán o mesmo aquelas vivendas da zona rural que teñan servizo de recollida só un día á semana, que aquelas outras ás que se lle preste o servizo dous días á semana. A infracción do principio de igualdade ante a lei é evidente. É incuestionable que non é o mesmo ter un só día de recollida que ter dous, xa que, no primeiro caso, o usuario do servizo vese obligado a almacenar o seu lixo na vivenda máis días, ata que pasa o camión de recollida, coas molestias e incomodidades que eso supón.


E tamén infrinxe o principio de proporcionalidade (art. 3.2 da Lei Xeral Tributaria: “La aplicación del sistema tributario se basará en los principios de proporcionalidad…”), dado que as vivendas da zona rural con un ou dous días de recollida semanal pagarán o 80% da taxa que pagarán as situadas no casco urbano, malia que estas últimas disfrutarán dun servizo moito máis amplo, de seis días á semana. Traducida a taxa a coste por día de recollida semanal, as do rural pagarían 49,10 ou 24,55 euros/día (segundo teñan, respectivamente, un ou dous días de recollida), en tanto que as do casco urbano pagarían 10,22 euros/día, co que a desproporción entre as taxas e o servizo prestado en ambas zonas salta á vista.


Por todo o exposto,


SOLICITO que, tendo por presentada esta reclamación, se admita e, previos os trámites legais, se dicte resolución pola que se anule a MODIFICACIÓN DA ORDENAZA FISCAL Nº 6 DO CONCELLO DE CARBALLO, REGULADORA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.


É de xustiza que pido en Carballo, a 3 de decembro de 2011.
Asdo.: Alberto Sueiro Pastoriza

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...