sábado, 19 de xaneiro de 2013

CANDO O ANLLONS CRECE - INUNDACIONS- REPORTAXE FOTOGRAFICO

 
HOXE FOI OUTRA CHAMADA DE ATENCION QUE CANDO AS FORZAS DA NATUREZA AVANZAN TIRAN PARA ADIANTE E BUSCAN O SEU CURSO NATURAL.   A XORNADA DE HOXE MAIS ALA DE SER UN DIA DESAPACIBEL, O ANLLONS VOLVE AVISAR, SE NON PARARA DE CHOVER, SEGURO QUE AS CONSECUENCIAS PARA CARBALLO PODIAN SER MOITO MAIS PREOCUPANTES A CONSECUENCIA DA CRECIDA DO RIO. ZONAS COMO O PARQUE DO ANLLONS, O QUINTO E MOITOS GARAXES E EDIFICIOS, ESTIVERON A PIQUES DE VOLVER A RETOMAR INUNDACIONS DO PASADO, ALGUNS GARAXES TIVERONAS IGUAL.

ESTA CLARO QUE O RIO BUSCA A SUA SAIDA NATURAL E DESDE O PARQUE DO SAN MARTIÑO ATA A PONTE DA FABRICA DE CALVO, ENCONTRA VARIOS ATRANCOS EN FORMA DE ESTREITECES DO CURSO, POLA CONSTRUCCION DE EDIFICIOS SOBRE O RIO (PONTE DO SAN MARTIÑO),  E UN POUCO MAIS ADIANTE A (PONTE DE ISABEL II ), TAMEN NON ESTARIA DE MAIS QUE OS OCOS QUE TEN A BALUASTRA DE GRANITO QUE CANALIZA O RIO ESTIVERAN TAPADOS, POLO MENOS FARIA DE PARAPETO PARA A AUGA, AINDA QUE SAIRIA POLAS TAXEAS DAS RUAS.  TAMEN OUTRO ATRANCO NESTES CASOS E A PONTE DE MADEIRA  DO PARQUE DO ANLLONS AINDA QUE CHEGADA A ESTA ALTURA A AUGA SAIRIA POLOS LADOS.
PERO O MAIS IMPORTANTE E O ESTREITAMENTO DOS ARCOS E AS CASAS DO QUINTO QUE NON PERMITEN CANALIZAR O RIO E DESBORDASE POLOS LATERAIS E PARA REMATAR A PONTE DE CALVO QUE A PESAR DE SER MOI ALTA, O QUE LLE FALTA E UNS ARCOS, PARA CANDO PASEN ESTAS CRECIDAS E A AUGA PODA CORRER LIBREMENTE E NON FAGA REPRESA .

ESTA CLARO QUE O DIA QUE SE PRODUZCA UNHA GRAN DESCARGA DE AUGA E O RIO NON PODA IR POLOS SEUS DERROTEIROS NATURAIS, BUSCARA A SAIDA MAIS FACIL. E QUE NON LLE QUEDE DUBIDA A NINGUEN QUE A PARTE BAIXA DE CARBALLO CONVERTIRASE NUN GRAN LAGO, SE NON O REMEDIAN OS QUE PODEN O RESTO SO ME QUEDA DESEXARLLE SORTE.


PARQUE SAN MARTIÑO

PONTE MILAGROSA
DESDE O CEMITERIO DE BERTOA
DESDE A ESTRADA DO AÑON DE BERTOA
BOSQUE DO AÑON
PARQUE DO SAN MARTIÑO

ZONA DETRAS DA ESTACION AUTOBUSES
DETRAS DA EXPLANADA DO COLEXIO DA CRISTINA
O QUINTO
ESTRADA O MUIÑO DO QUINTO
O REMATE DO DIA,

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...