venres, 25 de outubro de 2019

Vieiro reúnese co Conselleiro de Sanidade







Os membros de Vieiro Fina Rey (Presidenta), Xosé Mª Arán (Vicepresidente) e Mª do Pilar Mata (secretaria), reuníronse este venres en Santiago de Compostela, na sede da Conselleria, co conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña.

Nesta reunión na que participaron diferentes cargos da consellería, asi como representantes de diversos colectivos de atención en adiccións de Galicia, o conselleiro definiu as liñas marcadas para o orzamento do ano 2020 que vai contar cun importante incremento do dez por cento con respecto ao ano anterior e as accións estratéxicas que se están levando adiante desde a conselleria, á vez que agradeciu o papel das entidades que se adican as adiccións, que son as que coñecen o día a día neste campo de actuación.

Vieiro transmitiulle o conselleiro a situación actual dás adiccions na comarca e as necesidades da entidade para afrontar os novos retos da sociedade actual.


venres, 4 de outubro de 2019

A ASOCIACION VIEIRO FIXO A PRESENTACION DAS ESCOLAS DE FAMILIAS, DIRIXIDAS A CENTROS DE ENSINO E ANPAS DE CARBALLO



A Asociación “VIEIRO” dentro da programación de PREVENCION no ÁMBITO FAMILIAR, convoca A ESCOLA DE FAMILAS a través de todos os CEIPS e I.E.S. do municipio ao igual que en anos anteriores co fin de informar e formar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, á hora de desempeñar a labor de educadores/as.



Redacción, 4-10-2019. 

Este programa poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que consigan formar un grupo como mínimo de 15 persoas. Tamén poderán solicitalo os pais e nais a nivel persoal.

Para a realización destas escolas é imprescindible a continuidade formativa, polo que se fai obrigatoria tanto a permanencia como a asistencia ás mesmas, comprometéndose deste xeito a Asociación Vieiro á realización de escolas de familias durante 8 meses e os/as asistentes á permanencia durante este tempo nas mesmas. En caso de que se incumpla a asistencia, o grupo poderá disolverse ou reubicar ás/aos asistentes que permanezan no mesmo noutras escolas que estén en funcionamento.

O curso será impartido por psicólogas e educadoras desta Asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo.

Entre algún dos contidos deste cursos figuran: COMUNICACIÓN E AFECTO - AUTOESTIMA-
XESTIÓN DE EMOCIÓNS – PROMOCIÓN DA RESPONSABILIDADE NOS FILLOS/AS – RESOLUCIÓN DE CONFITOS – DISCIPLINA POSITIVA – ETAPAS EVOLUTIVAS – COEDUCACIÓN – TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA – SEXUALIDADE – ADICIÓNS – TÉCNICAS DE ESTUDO – TRASTORNOS INFANTO-XUVENÍS.

A duración do curso  será  de 8 meses (de Outubro a Maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 18 de Outubro e farase na Asociación Vieiro chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a donde pertenezan.
Para calquera dúbida poden poden chamar ao 981756161.

Este programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.



LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...