venres, 26 de xuño de 2020

As comarcas, uns centros estratéxicos da distribución






XOSÉ M.ª ARÁN. Vicepresidente Asociación Vieiro

    26/06/2020 
    

estas alturas da vida ninguén vai descubrir nada sobre o papel que xogan as canles de distribución na comarca. O narcotráfico, sexa na escala que sexa, segue arraigado entre nós. Dende que Vieiro, en 1991 e coordinados baixo a dedicación do noso presidente José Manuel Vázquez Gómez, coas denuncias e as achegas de datos da veciñanza, trasladáronse ás autoridades os movementos de descargas nas nosas costas, baixo os armazóns de distribución de pequena, mediana e gran escala nos diferentes concellos, aínda que uns servían de plataformas e outros, de centros de distribución.

As denuncias foron moitas e incluíron a algunha personaxe das forzas de seguridade, así como os diferentes clans, que, con nomes e apelidos, deron para moitas crónicas. Outros seguen a ser noticia a día de hoxe.
A percepción sobre o problema é irrelevante. En 1992 estaba entre os cinco primeiros e agora aparece no posto 35. Está claro que o tema recuperou titulares coas últimas operacións, especialmente en Camariñas e Carballo. Camariñas xa é un histórico, tanto polos clans existentes como pola renovación, con novos implicados. E de Carballo que imos dicir? O relevante da distribución atópase en núcleos de familias que veñen operando de sempre e en enclaves tamén históricos, pero tamén en lugares e con novos actores perfectamente integrados que pasan desapercibidos.

Hai demanda, hai venda, con covid-19 ou sen covid-19. Hai que felicitar ás forzas de seguridade polas operacións realizadas, pero non baixemos a garda e non miremos para outro lado. Segue vendéndose moito e alguén abastece o mercado, sobre todo, a outros puntos fóra da nosa contorna. Mentres non cambien as leis, necesitamos máis recursos, máis investigación. Non podemos seguir soportando a desidia que leva a que moitos dos nosos veciños e veciñas acaben enfermando polo beneficio duns poucos.






sábado, 13 de xuño de 2020

Intervención no programa Galicia por Diante da Radio Galega

Galicia por diante fin de semana do día 13/06/2020

13/06/2020 - 13:00 h




Hoxe a Radio Galega sumouse a homenaxe institucional as victimas do covid en Galicia, nunha programación especial.

Fun convidado a participar no programa Galicia por Diante - Fin de Semana, conducido por Luis Ojea, podes seguir a miña intervención no seguinte enlace: IR ENTREVISTA





LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...