domingo, 1 de xaneiro de 2017

GAS NATURAL FENOSA, NOS FAI A "PUÑETA" ESTE FIN DE ANO EN VERDILLO.

Alguns veciños de Verdillo xa tivemos o agasallo anticipado de reises por parte dá electrica. Onte cando na maioria dás casas estabamos a preparar a cea de fin de ano, pois de repente sorpresa, sufrimos unha avería eléctrica e deixaron de funcionar os principais aparellos eléctricos e de iluminación.


E se é o caso como o dá nosa casa que non temos nada a gas, senón todo a electricidade, pois xa pódese imaxinar un, o que estaba a medio preparar hai quedouse.

 A verdade e que foi unha noite máis entrañable, seguro que ese é o agasallo de Gas Union Fenosa, o de ver as familias nunha cea máis entrañable e que se convertira nunha cea a vella usanza e chea de ledicia, e así foi o caron dás velas e con pouca luz xa que non daba para máis a rede eléctrica, non, non, non estivemos a escuras total senon, chamemoslle -cunha única fase-, para facer un ambiente máxico.

 O curioso tamen e para poñerse en contacto co servizo de averías, o que tarda un para que che collan a chamada, pero penseino e dixen, non o fan por maldade senon que xa o teñen programado para deleitarnos ca musiquilla corporativa que a falta doutra cousa soaba como a mesma sinfónica de viena e de vez en cando soaba a voz do barítono con esa melodia asombrosa " nestes momentos os nosos operadores están ocupados manteñase á espera".

 A verdade hai que decilo daba gosto ver na mesa a toda a familia nesta contorna maravillosa  que contrastaba na cociña co enfado dos lagostinos na pota a medio facer, foi coma se che dixeran isto "non e serio, as cousas ou se fan ou non, que e isto de facer as cousas a medias".

 En fin outro fermoso conto de nadal para lembrar.

 Pero non hai mal que por ben non veña, xa estou agardando a próxima factura dá luz, seguro que nolo van a recompensan.

 Como... que me chamades "iluso"?, que mal pensados sodes e que pouco espíritu do nadal tedes, estas son datas de milagres e ilusións, descreidos.

 Señores de Gas Natural Fenosa, grazas por esta noite tan especial que non esqueceremos, que teñan un bo ano, que non o dudo e a disfrutalo cada mes.

 PD. Por certo hai 365 días no ano, poderían haber escollido outro,  ou non.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...