domingo, 17 de marzo de 2013

UN XESUITA NA CADEIRA DE SAN PEDRO



Vin en directo a designación do novo papa pola televisión e a verdade é que me levei nun principio una sorpresa por ser Jorge Mario Bergoglio, despois de ver, escoitar e ler sobre o acontecemento, quedeime principalmente cos “XESTOS” do novo Papa.

 Quero transmitirvos algún deles que pensó que van marcar a linea do novo papado, alguns destes recollidos polos medios e que recollo máis adiante.

  Algo novo estase a mover na Igrexa, desde o “Habemus Papam” pronunciado polo cardeal protodiácono, Jean Luís Tauran, que anunciou máis dunha hora logo da 'fumata' branca que o cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio, xesuita, é o novo pontífice.

É o primeiro Papa latinoamericano e o número 266 da Igrexa Católica, como novo Papa Francisco é austero, de tendencia moderada e que leva unha vida discreta.

 Si levantase a cabeza o Papa Clemente XIV que suprimiu a orde dos jesuitas e vise a un deles como cabeza da Igrexa católica… menos mal que o Papa Pío VII restituíu a Compañía de Jesús en 1814, senón hoxe non teríamos a un xesuita como Papa.

Desde o mesmo momento en que asomou o balcón do vaticano desde o cal foi presentado como sucesor de San Pedro, conquistou os presentes na cerimonia o falarlles en ton sinxelo como o seu bispo. A partir dese momento cada un dos seus xestos logrou xerar emocionado entusiasmo nos católicos de todo o mundo. «Polas súas obras coñecerédeslles» di o Evangelio de San Mateo (7, 15-20) e os primeiros xestos estiveron cargados de significado, vou enumerarvos algúns dos que a mín me impactaron máis.

1.- O primeiro sinal é o nome. Francisco ten un significado profundo. O propio Papa expresou que se impresionou cun saúdo do seu amigo, o cardeal Claudio Humes o final das votaciones durante o cónclave, díxolle: “non te esquezas dos pobres”. O nome do Papa inspírase en Francisco de Asis, defensor radical dos pobres e cuestionador das riquezas e abusos da corte clerical romana do século XII e tamén pensó que pode sumarse o de San Francisco Javier.

  2.- Minutos logo da súa elección, ingresou á sancristía da Capela Sixtina para poñerse os seus atuendos papais brancos, a sancristía é coñecida como o "Cuarto das Bágoas", porque é onde o novo pontífice sente por primeira vez o peso do papado. Cando saíu, unha cadeira similar a un trono estaba fora preparada nunha plataforma, pero preferiu saudar os cardeais desde unha cadeira o seu mesmo nivel.
3.- Saíu o balcón da basílica de San Pedro levando unha cruz pectoral de ferro colgada o pescozo (a que sempre utiliza e non unha de ouro) e sen a abigarrada estola coa que fixeron a súa primeira aparición os seus predecesores, presentouse á multitude vestido de branco, vestía unha simple sotana branca, cun pescozo ancho, prescindiu do histórico hábito coral. Deixou separadamente o roquete, a muceta e a estola. Preferiu a simpleza. Só usou a estola papal, morada con dourado, no momento de impartir a bendición en latín, logo quitouna, bicouna e entregoulla o mestre de cerimonias.


4.- Non levantou os brazos no seu primeiro saúdo os fieis. Apareceu como un home tímido, saudando lixeiramente coa man dereita. Comezou a súa interlocución «Irmáns e irmás, boas tardes». As súas primeiras palabras foron sinxelas, pero cálidas. Co seu sorriso e o humor das súas primeiras palabras gañouse á multitude: “O Cónclave tiña o deber de dar un novo bispo a Roma. Dá a impresión de que os meus irmáns cardeais tiveran que ir a buscalo case o fin do mundo... Pero estamos aquí... Grazas pola hospitalidade”. Directo e sinxelo, sorprendeu co seu primeiro discurso no que pediu camiñar “xuntos, en irmandade, amor e confianza recíproca”.

5.- A sorpresa veu cando exclamou: “Antes de darvos a bendición pídovos un favor. Antes de que o bispo bendiga o pobo pídovos que vós recedes o Señor para que me bendiga”. E tralas súas palabras, que foron recibidas cun forte aplauso, inclinouse durante uns instantes ante os congregados na Praza de San Pedro tras insistir “Fagamos en silencio esta oración de vós por min”.

  6.- Así deu paso á súa primeira bendición «Urbi et orbi». Unha bendición “para todos os homes e mulleres de boa vontade”. Xa parecía que se despedia dos fieis pedindo de novo que rezasen por el e cun “ata pronto”, pero ante a invitación a abandonar o balcón, insistiu en quedarse para enviar a súa última mensaxe, a súa despedida foi tan franca como o seu saúdo, apuntando o primeiro acto da súa axenda de hoxe: “Vémosnos/Vémonos pronto. Mañá quero ir rezar á Virxe para que custodie toda Roma. ¡Boas noites e bo repouso!”.
7.- O saír da capela Sixtina para volver á residencia Santa Marta, a maior parte dos cardeais subira a un dos autobuses e xa se formaron nunha liña para saudar o novo Papa cando chegase a ese lugar para a última cea que terían como grupo. Estaban esperando que chegase na limusina que viran aparcada no Palacio Apostólico e que estaba preparada para el, como novo Papa. "E cando o último autobús detense, adiviñen quen baixa” O Papa Francisco. Tampouco utilizou a limusina para ir á Basílica de Santa María Maior e recortou a seguridade, leva só un coche da gendarmería vaticana.

8.- Outro xesto importante foi o embarazoso e accidental encontro que tivo con Bernard Law na Basílica de Santa María a Maior. O arzobispo emérito de Boston está acusado de encubrir a 250 curas pederastas, o Papa sería moi severo co cardeal “Non quero que frecuente esta basílica, resolveu, taxante”. E quéreo obrigar a gardarse nun mosterio de clausura. Este feito podería interpretarse como que o Papa Francisco podería ser moito máis severo e punitivo que o seu antecesor fronte á crise de pederastia clerical.

9.- É desde a súa designación o Papa dos pobres. Non só dixo que lle gustaría ter “unha Igrexa pobre e para os pobres”. Tamén fixo un chamamento os seus compatriotas arxentinos para que en lugar de embarcarse nunha custosa viaxe a Roma para asistir á inauguración do seu pontificado, deran eses cartos a obras de caridade.

10.- Na Misa de inicio do seu pontificado, ordenou que non se repartiran entradas, como se facía habitualmente a fin de controlar o enorme fluxo de xente, o que inevitablemente daba pé a privilexios e desigualdades. “Á misa de Francisco son todos benvenidos”. O percorrido anterior á Misa de inicio do seu pontificado, deixounos unha desas imaxes para non esquecer, parouse para saudar e bendicir a un enfermo prostrado nunha padiola. E dedicoulle máis tempo do habitual nestes casos, é decir, non foron uns breves segundos. A cara do enfermo e os que estaban con el denotaba unha felicidade enorme. Estaba mostrando a súa proximidade e agarimo a todos os enfermos do mundo.

11.- A linguaxe clara, directo e desde o corazón. Benedicto XVI era o Papa da razón, as homilías e intervencións de Francisco probablemente adoecen do espesor intelectual e teolóxico das do seu predecesor. Pero, a cambio, son directas, accesibles e con frecuencia conseguen emocionar.


12.- Renunciou ás obras no apartamento papal: “Aquí hai espazo para 300 persoas”, dixo fai uns días, cando foi a retirar os selos con que fora clausurado o apartamento Pontificio trala dimisión de Benedicto XVI. En Bos Aires vivía nun modesto pisiño, xunto o arzobispado, de dúas habitacións, un baño e unha cociña. Facíase todo el só, incluída a comida diaria. Cando lle preguntaron que traballos de rehabilitación desexaba que se fixesen no apartamento papal antes de ocupalo dixo: «Ningún. É precioso, está moi ben así».


13.- A tradición impón que nos discursos oficiais os papas diríxanse os cardeais como «señores cardeais». Con todo, xa os chamou varias veces «irmáns». Os jesuitas chegan á cadeira de Pedro da man do Papa Francisco . Un Papa dixo deles que eran "os
relixiosos das trincheras". Os jesuitas, a Compañía de Jesús, contan agora nas súas filas co principal xeneral da Igrexa Católica. Os expertos xa se aventuran a avanzar que a proclamación do Papa Francisco supoñerá unha apertura de fiestras que inundará de aire fresco os corredores do Vaticano. En parte, sen dúbida, debido á peculiar forma de transitar o camiño da relixión que teñen os jesuitas.


Agardo que asi sexa. Pero tamén non hai que esquencer a forte presenza e influencia dos "principes da igrexa", que non o van a poñer facil.



.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...