Alguns veciños de Verdillo xa tivemos o agasallo anticipado
de reises por parte dá electrica. Onte cando na maioria dás casas estabamos a
preparar a cea de fin de ano, pois de repente sorpresa, sufrimos unha avería eléctrica e
deixaron de funcionar os principais aparellos eléctricos e de iluminación.
A verdade e que foi
unha noite máis entrañable, seguro que ese é o agasallo de Gas Union Fenosa,
o de ver as familias nunha cea máis entrañable e que se convertira nunha cea a
vella usanza e chea de ledicia, e así foi o caron dás velas e con pouca luz xa que
non daba para máis a rede eléctrica, non, non, non estivemos a escuras total senon,
chamemoslle -cunha única fase-, para facer un ambiente máxico.
O curioso tamen e
para poñerse en contacto co servizo de averías, o que tarda un para que che
collan a chamada, pero penseino e dixen, non o fan por maldade senon que xa o teñen programado para deleitarnos ca musiquilla corporativa que a falta doutra
cousa soaba como a mesma sinfónica de viena e de vez en cando soaba a voz do barítono
con esa melodia asombrosa " nestes momentos os nosos operadores están
ocupados manteñase á espera".
A verdade hai que
decilo daba gosto ver na mesa a toda a familia nesta contorna maravillosa que contrastaba na
cociña co enfado dos lagostinos na pota a medio facer, foi coma se che dixeran
isto "non e serio, as cousas ou se fan ou non, que e isto de facer as cousas a
medias".
En fin outro fermoso
conto de nadal para lembrar.
Pero non hai mal que
por ben non veña, xa estou agardando a próxima factura dá luz, seguro que nolo van a recompensan.
Como... que me chamades
"iluso"?, que mal pensados sodes e que pouco espíritu do nadal tedes,
estas son datas de milagres e ilusións, descreidos.
Señores de Gas
Natural Fenosa, grazas por esta noite tan especial que non esqueceremos, que
teñan un bo ano, que non o dudo e a disfrutalo cada mes.
PD. Por certo hai 365
días no ano, poderían haber escollido outro, ou non.
Ningún comentario:
Publicar un comentario