venres, 4 de outubro de 2019

A ASOCIACION VIEIRO FIXO A PRESENTACION DAS ESCOLAS DE FAMILIAS, DIRIXIDAS A CENTROS DE ENSINO E ANPAS DE CARBALLO



A Asociación “VIEIRO” dentro da programación de PREVENCION no ÁMBITO FAMILIAR, convoca A ESCOLA DE FAMILAS a través de todos os CEIPS e I.E.S. do municipio ao igual que en anos anteriores co fin de informar e formar a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, á hora de desempeñar a labor de educadores/as.



Redacción, 4-10-2019. 

Este programa poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que consigan formar un grupo como mínimo de 15 persoas. Tamén poderán solicitalo os pais e nais a nivel persoal.

Para a realización destas escolas é imprescindible a continuidade formativa, polo que se fai obrigatoria tanto a permanencia como a asistencia ás mesmas, comprometéndose deste xeito a Asociación Vieiro á realización de escolas de familias durante 8 meses e os/as asistentes á permanencia durante este tempo nas mesmas. En caso de que se incumpla a asistencia, o grupo poderá disolverse ou reubicar ás/aos asistentes que permanezan no mesmo noutras escolas que estén en funcionamento.

O curso será impartido por psicólogas e educadoras desta Asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo.

Entre algún dos contidos deste cursos figuran: COMUNICACIÓN E AFECTO - AUTOESTIMA-
XESTIÓN DE EMOCIÓNS – PROMOCIÓN DA RESPONSABILIDADE NOS FILLOS/AS – RESOLUCIÓN DE CONFITOS – DISCIPLINA POSITIVA – ETAPAS EVOLUTIVAS – COEDUCACIÓN – TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA – SEXUALIDADE – ADICIÓNS – TÉCNICAS DE ESTUDO – TRASTORNOS INFANTO-XUVENÍS.

A duración do curso  será  de 8 meses (de Outubro a Maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 18 de Outubro e farase na Asociación Vieiro chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a donde pertenezan.
Para calquera dúbida poden poden chamar ao 981756161.

Este programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.



Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...