foto: Millares
Desde aquel 12 de
xaneiro de 1969 no que un grupo de
bos e xenerosos crearon o “Centro
Cultural e Social Bergantiños” de Montevideo ata hoxe no que
estades a cumprir 50 anos
recorrechedes un longo vieiro, exaltando a identidade de Bergantiños e Galicia.
Hoxe neste xuntanza
na vosa sede social da avenida Millán da capital
uruguaia, quero facervos
chegar o ruxir dás ondas dás praias de
caión, razo e baldaio,
área maior e seia, niñóns e
balares, rebordelo e san
pedro, de laxe ou traba, que
hoxe cruzando alen do mar
chegan con cantos de ledicia
as praias do pocitos,
ramirez e carrasca para
irmanarnos todos os bergantiñáns
e a todos aqueles que lembrades está terra porta e vida dá costa dá morte.
Non fai falla recorrer a palabras propias cando temos as
do Bardo Eduardo Pondal desde a pequena
Ponteceso.
“non cantes tan tristemente,
probe e desolada nai;
p’r’adormecer o rapaz,
ond’está a cova do sono
no céltico carballal.
Cántalle cantos ousados,
qu’esforzado o peito fan;
cántalle o que xa cantara
o nobre bardo Gundar:
«a luz virá para a caduca iberia
dos fillos de Breogán...”
Pois que esa luz vos
ilumine a todos os fillos de Breogán e
por galeguidade ilustres Bergantiñáns.
Que pasedes un bo día e que coma este conmemoredes
moitisimos máis anos vos e
as vosas familias a pesares
do tempo e a distancia que poderan ser físicas pero non de corazón.
Que Bergantiños permaneza
iluminada dentro de vos e dos vosos
mil primaveiras máis.
Deus Fratesque Gallaecia.
Carballo a 8 de novembro de 2019
Xosé María Arán Rodriguez
Membro Fundador do Padroado Fogar de Bergantiños
Ningún comentario:
Publicar un comentario