sábado, 19 de decembro de 2020

Xosé María Arán: Intervención no Pregón de Nadal na Parroquia de San Xoan de Carballo.

 



Grazas a organización e a parroquia pola invitación a este pregón, ainda que este acto xa estaba programado no seu día para as festas da milagrosa que polo covid non puido ser.

Para min e unha honrra compartir pregón con dúas persoas as que admiro e teño en consideración tanto peroal como profesionalmente, os doutores Alfonso e Juan Carlos e un sentese pequeno entre eles.

Cambiei a miña intervención da que tiña pensado para a Milagrosa por tempo e porque as cousas mudaron neste tempo e un xa ten outra visión.

Por iso quero facer a miña intervención en base a un conto.


Un conto de Nadal

 

É imposible nun curto tempo relatar o meu testemuño e vivencias como afectado do  covid, coma se tentase resumir no mesmo tempo a obra de Charles Dickens “Canción de Nadal ou conto de nadal”… por iso só tentarei dar unhas pinceladas  noveladas e coa complicidade de Noel Feliciano e  parafraseando a obra de Dickens.

Pero se a obra de Dickens transcorría nun xélido ano de 1843 sobre  decembro e o conto desenvolvíase nun mundo xa non existente, a miña, máis humilde,comezou un 12 de marzo de 2020 e está máis presente e real que nunca, aínda que despois de 85 días tivese a alta oficial, a febre, a dor,  o covid, a neumonía bilateral, a perda  auditiva, a falta de sabor e cheiro, os problemas musculares, a ansiedade e outras patoloxías máis… non se esquencen.

O conto  plastifica cinco escenarios e en cada un hai unha visita  fantasmal como a do  covid.

A primeira é a visita da  ultratumba en noiteboa, cas tres pantasmas do nadal, a do pasado, cos seus recordos, a do presente coa axuda, a empatía, e a do futuro que representa o medo á morte; estes tres sentimentos son os que me pasaron a min, pásanme e seguirei con algún deles na miña vivencia co covid e despois del tanto física como mentalmente no tempo.

A nosa familia pasounos con tres positivos confirmados e coa  benxamina da casa que a día de hoxe non sabemos se o pasou.

O protagonista do conto é unha persoa que representa a avaricia, a indiferenza, a vanidade, a intolerancia e a falta de consideración do próximo, igual que na miña historia atopeime en diferentes momentos con persoaxes como este, a dos responsables políticos sanitarios o non estar á altura das circunstancias, o sistema sanitario en precario, a incomprensión de cidadáns cos enfermos e os que non respetan as normas e deixemolo aí para ter esperanza no ser humano.

O conto é unha  alegórica cristiá que fai unha conversión forzosa do seu protagonista revisando a súa vida no pasado, presente e futuro.  O que deberiamos facer todos nós tamén para mellorar despois de ver e sufrir esta pandemia, pero queridos amig@s aínda que estamos en tempo de ilusións, seguimos sen entender que temos que cambiar para que o noso mundo respire e permita respirar ás xeracións vindeiras,  oxala que como no conto no que o seu protagonista fai unha metamorfose existencial e cambia, nós tamén cambiemos para ben de  tod@s.

O noso protagonista viviu unha viaxe, (máis profundo, que poden descubrir no libro aqueles que non o coñezan ou en películas da súa adaptación), no que descubriu o seu cambio,outros vivimos unha viaxe dura pasando por unha sanidade non adaptada a esta pandemia, con decisións desafortunadas da administración que nos tiña que protexer, suplidas con profesionalidade, abnegación e sacrificio por todos e cando digo todos, son todos, os profesionais que contribuiron a levar mellor esta pandemia, en especial os que traballan na sanidade, desde as limpadoras os médicos, eses heroes que brilaron e brilan tan profundamente como esta estrela que podemos ver aquí,eu vivino na miña fase de doente en atención primaria e despois na hospitalización, posteriormente na miña fase de recuperación domiciliaria e na actual  fase de recuperación psicolóxica e física.  Non é unha proba de fe,vin a os anxos,si, non toliei, vin os anxos custodios da sanidade.

Como no conto o persoaxe malvado era o sr.  Scrooge que se liberou o final dos seus pesadelos, na vida real é o virus do  Covid, e tamén coa nosa responsabilidade, coidados médicos, avances científicos  e vacinas, podámos tamén liberarnos deste pesadelo. 

Moitasforon as bágoas que me invadiron neste transito, moitas foron as experiencias vitais que pasamos na miña familia e que algún membro da unidade familiar segue pasando, permítanme un momento egoísta e pensar no propio,quero facer un recoñecemento público a unha persoa que como no conto arrastrou unha gran cadea, pero neste caso de sufrimentos, físicos e psicolóxicos, que como os heroes da sanidade coidounos a min e as nosas fillas a pesar de estar ela tamén afectada, non é outra que a miña muller, que me demostrou unha vez máis aquel compromiso realizado en este mesmo altar e coa bendición do amigo D. Xosé un 31 de maio de 1997 con aquelas palabras que o lembrar este tempo de enfermidade teñen un significado especial, entrecortando o texto para non alargarnos, estas foron as súas verbas“ ...e prometo serche sempre fiel, tanto na alegría como na adversidade, tanto na saúde como na enfermidade…” pois que saibas Amparo que o cumpriches con sobresaiente novamente nesta ocasión e hoxe aínda pagas as súas consecuencias na túa saúde.

Máis de 48.926 mortos segundo o ministerio confirmaba este venres dos cales 1.314 son en Galicia, estas cifras, que sigen subindo, non se poden quedar en simples números porque detrás de cada unha hai unha historia, sei que a vida ten que continuar e que nos temos que sobrepoñer, sei da capacidade da mente para minimizar co tempo os casos traumáticos, desto podenos ilustrar o noso querido doutor Juan Carlos, pero eu négome a esquecel@s.

Non vou a estenderme máis por cuestión de tempo, non é a miña intención alarmar, senón de concienciar, de que temos que ser todos responsables e contribuir na nosa medida a axudar a minimizar os efectos negativos da pandemia. Hai uns días subía ás miñas redes sociais unha foto na que se ollaba unha uci coa seguinte lenda “É mellor perder un nadal na túa vida que a túa vida nun nadal”.

Finaliza o conto de Dickens cando o seu protagonista esperta e dáse conta que é de día, era o 25 de decembro e estaba vivo despois de pasar por todos aqueles pesadelos, fora só un soño ou non. Para min e para moitos non o foi.

Pois estando presentes Loi e Juan, venme o recordo un tema de  xocaloma “foi un soño”  oxala que esta pandemia acabe pronto e pensemos que o foi.

Finalizo cunha petición, se algunha persoa tiña pensado aplaudir esta humilde intervención rógolle que non o faga e que como acto simbólico e abusando da organización e dos presentes, nos poñamos en pé e gardemos medio minuto en silencio e pidamos por todos os que non tiveron a miña sorte e non o superaron, domesmo xeito que os que nos estan deixando nestes momentos que estou a falar por esta pandemia do  covid.

Por favor en pé.

30 segundos...

Boas festas, sentidiño e saude, Grazas.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...