Amosando publicacións coa etiqueta Francisco Suárez calvo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Francisco Suárez calvo. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de xuño de 2011

DON FRANCISCO SUAREZ CALVO, EN XENTE DE AQUI, DE ALA E DE ACOLA.

Programa de entrevistas, en clave persoal, que emitirá BERTV-CANAL 31 a Televisión Local de Bergantiños. Dirixido e presentado por Xosé María Arán. Emitese o venres ás 21 horas e repónse o sábado e lúns ás 12:00 e ás 16´30.

Emisión: 10-06-2011
Don Francisco Suárez Calvo



Nado en Coristanco 1 DE FEBREIRO DE 1949, é Presidente de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, tamén foi mestre de primaria e Director do CEIP "A Cristina" de Carballo, ca entrada da ESO foise de profesor para o IES "Monteneme" de Carballo.  Francisco Súarez a parte da docencia tamén é un apaixoado da caza, pero sobre todo da pesca, da que agora pode disfrutar con máis tempo, tamén ocupou cargo nunha Comisión da Federación Nacional de Caza, cando Manuel Andrade Cristobal ostentaba a súa Presidencia.

A solidariedade é o seu método de traballo. O coristanqués Francisco Suárez Calvo leva dez anos ao fronte de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, co único obxectivo de erradicar a pobreza na zona. Este veciño compaxinaba o seu labor altruísta coa súa profesión de mestre de secundaria impartindo Xeografía e Historia, no instituto Monte Neme de Carballo, hoxe xa está xubilado. Este organismo promove diversos proxectos, entre os que se atopa o máis recente, o Centro de día en Berdillo, unha realidade en funcionamento. Como responsable da institución católica valora de forma positiva o seu mandato, xa que se dotou á comarca de novas infraestruturas e servizos.

Manifesta que "nesta época de crise que vivimos as cousas son diferentes. Os roupeiros estanse esgotando en moitas cidades, parece mentira, pero a roupa está sendo unha necesidade. Pero non é a única. Existen moitos aspectos nos que podemos axudar e que non están relacionados directamente con algo físico. Hai moita xente que se atopa soa e que precisa de alguén que a acompañe. A soidade é unha das grandes necesidades deste mundo, e aí tamén actuamos nós. De feito, canto máis grandes son as cidades, máis xente soa hai. En parte, a creación do comedor social baseouse niso, xa que se creou coa idea de que a xente que non ten familia poida relacionase con outras persoas, ademais de ofrecer un prato de comida por pouco prezo".

Os servizos de cáritas, como o comedor sobre rodas foron importantes, pero ytamén manifesta que non paran de traballar durante todo o ano. O comedor sobre rodas tamén lles permite chegar ás persoas que, por desgraza, teñen problemas de mobilidade. A carpa solidaria ou o piso de inmigrantes están facendo un gran labor. O banco de alimentos, as axudas que se están prestando a moitos fogares, o traballo da educadora social, que é imprescindible... Son moitas cousas que axudan a acabar coa pobreza na comarca.
Sobre si tense algún problema por ser unha institución da Igrexa, manifesta que "en todas partes imos recibir críticas, pero iso non pode frear o noso traballo. Ao contrario, seguimos facendo cousas, porque o que nos interesa é axudar a todo o que estea pasando por unha mala situación. Cando alguén precisa de nós, non lle preguntamos que crenzas ten, porque non nos importa. Somos unha obra social da Igrexa, nese sentido moi discreta, pero estamos para mellorar a vida das persoas, independentemente da súa condición ou confesión. Axudamos a todo o mundo que se achega ás parroquias".

Cáritas tamén colabora con proxectos internacionais, ten diversos proxectos para colaborar con América do Sur e estanse facendo moitas cousas, "pero nós limitámonos a esta zona. Creo que temos que axudar aos que temos, ao veciño do lado, cando o está pasando mal. A solidariedade tamén é actuar cos que temos cerca". "É importante que continuemos na mesma liña, porque creo que se están facendo as cousas ben. Estamos co centro de día de Berdillo, é un espazo no que as persoas maiores con certa mobilidade poden reunirse e realizar moitas actividades. Creo que o obxectivo debe ser seguir traballando para chegar a onde as Administracións non van".

Sobre si é valorado o seu traballo, manifesta que  haberá de todo. " Á xente que está en Cáritas tampouco lle interesa que a sociedade valore quen fai as cousas, senón o labor que se está levando a cabo polo ben do interesado. Desde o meu punto de vista, como entidade estamos facendo un traballo marabilloso. Os colaboradores, sobre todo son mulleres que non cobran nada, nin contan as horas que se pasan traballando para atopar solucións para a xente que o pasa realmente mal. Cada vez que tentamos sacar dun apuro a algunha persoa sentímonos moi satisfeitos".

.

sábado, 21 de maio de 2005

El esfuerzo tiene recompensa

  • Logotipo de La Voz de Galicia

CARBALLO

21 de mayo del 2005

El pulso de la Costa da Morte Las alumnas de los cursos del Centro Social San Xoán Bautista de Carballo recibieron sus diplomas. El IES Parga Pondal celebró la graduación de sus estudiantes.

El Centro Social San Xoán Bautista de Carballo celebró ayer la clausura de varios cursos. Y cuando digo «celebró» es porque además de realizar la entrega de los preceptivos diplomas, la cosa acabó con una pequeña fiestecilla en la que no faltó un pequeño aperitivo que dió pie a que los participantes en el curso hablasen distendidamente de la experiencia que acababan de compartir.
Se trataba de los ciclos de corte y confección, maquinista industrial y geriatría y auxiliar de ayuda a domicilio. En el acto estuvo presente el presidente de la entidad organizadora y párroco de Carballo, José García Gondar. También acudieron el alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, la edil de Servizos Sociais, Milagros Lantes y el presidente de Cáritas Interparroquial Francisco Suárez Calvo. También se dejaron ver Xosé María Arán, miembro de la directiva del Centro Social San Xoán Bautista, y la educadora social de Cáritas, Maite Prieto Martín. 

Graduación Los estudiantes del Isidro Parga Pondal también festejaron el final de curso. Lo hicieron con una entrega de diplomas a la que acudieron, además de los estudiantes, parte de los profesores del centro y algún que otro padre de alumno. Los jóvenes convirtieron el gimnasio del instituto que dirige Carlos Fernández en salón solemne para desarrollar una ceremonia en la que no faltaron los discursos y los buenos deseos para los jóvenes de cara a su futuro.

Como la cosa va de fiestas, no podían faltar en esta sección los funcionarios municipales de la Costa da Morte que honraron a Santa Rita, su patrona. Los trabajadores del Concello de Carballo se reunieron en el restaurante Punta del Este para compartir una comida de confraternidad aunque previamente se ofició una misa en la iglesia parroquial. La sobremesa se alargó lo suficiente para hacer un repaso de las anécdotas más curiosas del día a día del trabajo en el Ayuntamiento. Allí se encontraban representantes del personal administrativo y técnico del todos los departamentos, la infatigable brigada de obras y agentes de la Policía Local.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...