Amosando publicacións coa etiqueta Jorge Campos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jorge Campos. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de maio de 2019

Declaracións de varios representantes das listas máis votadas na Costa da Morte

Por
 Redacción
 - 
27 Maio 2019

Nhdiario.es comezaba o domingo 26 de maio ás 8 da tarde un programa de televisión en directo que pechaba ao fio da 1 da madrugada do luns. Xosé María Arán, Jorge Campos e Fran Lago debullaron a xornada electoral, o escrutinio e as valoracións dos representantes das listas máis votadas da Costa da Morte cos que nos foi posible contactar en directo. A emisión online foi retransmitida en https://nhdiario.es/gl/nh_tv/, ademáis tamén se fixo conexión en directo coa canle 52 da Tdt convencional. Picos de preto de mil duascentas persoas conectadas de xeito simultáneo avalaron un record de audiencia, tanto a emisión online como a emisión por televisión.
Adxuntamos as entrevistas que nos foi posible realizar o domingo 26 de maio aos representantes das listas máis votadas de cada Concello da Costa da Morte, xunto coa comparativa dos resultados do 2015 – 2019.
CABANA DE BERGANTIÑOS:
Resultados de Cabana de Bergantiños.
Declaracións de José Muíño, representante da lista máis votada en Cabana de Bergantiños.
CAMARIÑAS:
Resultados de Camariñas.
Declaracións de Sandra Ínsua, representante da lista máis votada en Camariñas.
CARBALLO:
Resultados de Carballo.
Declaracións de Evencio Ferrero, lista máis votada en Carballo.
CEE:
Resultados de Cee.
CORCUBIÓN:
Resultados de Corcubión.
CORISTANCO:
Resultados de Coristanco.
Declaracións de Juán García, representante da lista máis votada en Coristanco.
DUMBRIA:
Resultados de Dumbría.
FISTERRA:
Resultados en Fisterra.
LARACHA:
Resultados na Laracha.
Declaracións de José Manuel López Varela, representante da lista máis votada na Laracha.
LAXE:
Resultados en Laxe.
Declaracións de José Luís Pérez Añón, representante da lista máis votada en Laxe.
MALPICA:
Resultados de Malpica.
Declaracións de Eduardo Parga, representante da lista máis votada en Malpica.
MAZARICOS:
Resultados en Mazaricos.
MUXÍA:
Resultados en Muxía.
PONTECESO:
Resultados en Ponteceso.
Declaracións de Xosé Lois García Carballido, representante da lista máis votada en Ponteceso.
VIMIANZO:
Resultados de Vimianzo.
Declaracións de Mónica Rodriguez, representante da lista máis votada en Vimianzo.
ZAS:
Resultados de Zas.
Fuente: NhDiario

venres, 24 de maio de 2019

NHdiário.es emitirá en directo un programa especial de TV en FullHD o 26M

Por
 Redacción
 -
24 Maio 2019




venres, 10 de maio de 2019

Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas


160º ANIVERSARIO DE ALFREDO BRAÑAS
Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas
O grupo Xocaloma volve a reunirse para participar no concerto, organizado polo Padroado Alfredo Brañas e o Concello

Xoves 9 de maio do 2019  Cultura
A presentación do concerto tivo lugar hoxe no Concello
O Pazo da Cultura reunirá mañá ás 20 horas a dous históricos da música popular galega. Co gaio de honrar o legado dun fillo ilustre da nosa vila, Xocaloma acompañará a Miro Casabella no concerto Alfredo Brañas, unha memoria viva, organizado polo Padroado Alfredo Brañas e o Concello de Carballo. Será o cantautor lugués quen abra o recital con temas do seu repertorio antes de interpretar cos carballeses dúas cantigas: unha de amigo e A véspera de San Xoán, baseada no poema de Brañas Lembranzas, con partitura de Casabella; finalmente Xocaloma, xuntos de novo tras máis de vinte anos fóra dos escenarios, ofrecerá unha ducia das súas cancións máis coñecidas. O concerto presentouse esta mañá na casa do concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; Dolores Platas e Jorge Campos, de Xocaloma; e, en representación do Padroado Alfredo Brañas, José Manuel Cameán e José Manuel Hurtado, tamén ex compoñente do conxunto carballés.
“Xocaloma”, afirmou Trigo, “é un grupo mítico da escena galega que lle traerá bos recordos a moita xente que tivo a sorte de velos na súa época, pero que tamén está ben presente para xeracións posteriores que medraron con ese mito de Xocaloma e das cancións de Xocaloma. Por iso é unha ocasión excepcional e de alegría para todos os carballeses e carballesas que Xocaloma volva aos escenarios”.
“Estamos encantados de colaborar co Concello, co Padroado Alfredo Brañas e, sobre todo, contentos de volver tocar en Carballo”, asegurou Dores Pratas. “Levamos bastante tempo sen facelo; non porque nos tivésemos ganas, senón porque é moi difícil xuntarnos todos os compoñentes”.
Para Jorge Campos o de mañá será un “evento especial”. “Deunos”, engadiu, “unha gran motivación: estamos como nenos pequenos, como cando empezamos, nos anos 78 ou 79. Levamos ensaiando unhas semanas porque queremos que non haxa ningún detalle que nos poida sorprender. Pero todos os nosos anos de experiencia teñen que valer de algo, aínda que os nervios sempre están aí. Esperamos que todo saia ben e que a xente recorde os nosos temas”. “Na actuación de mañá”, comentou Campos, “estaba previsto que nos acompañase Lucía Pérez para interpretar unha versión dunha canción nosa que ela soe levar no repertorio, Terra, pero ao final Lucía non estará no Pazo por un compromiso profesional en Asturias”.
José Manuel Cameán explicou que o obxectivo do acto de mañá “é espallar a memoria de Alfredo Brañas”. “Brañas”, lembrou, “xa tiña musicados dous textos seus, un Himno -baseado no seu Casta dos Celtas, con partitura de Luis Taibo- e Aire gallego, con música de Manuel Chaves, dedicado a Labarta Pose; así que nós pensamos que por que non ía ter Brañas unha terceira obra musicada, e pareceunos que Lembranzas era a idónea”.
Evencio Ferrero lembrou a importancia histórica e musical de Miro Casabella, Xocaloma e outros grupos da época, “de moitísima calidade”, como Andrés do Barro, Fuxan os ventos, Saraiva, Verbas xeitas, Voces ceibes e, “por suposto, Xocaloma, que formaba parte de esa elite e que representou a Carballo en festivais internacionais tan prestixiosos como o de Lorient”. “O que nos une”, salientou, “é a figura de Alfredo Brañas e e a necesidade de seguir mantendo viva a memoria dunha persoa que está no Panteón de Galegos Ilustres, que naceu en Carballo, que ten louvado a Carballo e que sempre mantivo un compromiso con esta terra”. “O concerto de mañá”, rematou, “é unha excelente oportunidade para que a xente de Carballo volva desfrutar de Xocaloma e de Miro Casabella. Volverse reencontrar con Xocaloma e con Miro e seguir lembrando a Alfredo Brañas eu creo que é unha obriga de todas as persoas que queremos a Carballo”.

Fuente: Concello de Carballo

mércores, 14 de xaneiro de 2009

EL DIRECTOR DE COMUNICACION DE VIEIRO EN "BERTV"





El Director de comunicación de Vieiro, Xosé Maria Arán, estará hoy en la cadena de televisión, BERTV.

CARBALLO- ACORUÑA, Arán estará en el programa "Gente de Bergantiños", programa que conduce el presentador Jorge Campos, en el nuevo formato que puso la cadena en navidades.
El programa se emitirá hoy a las 21´00h. y en una entrevista con nuestro Director tratarán temas como la última alijo de drogas incautado en las costas de muxia.tema de actualidad estos días.


De todas forma la presencia de Xosé Mª Arán es más para hablar de los programas preventivos que viene desarrollando vieiro como es el reciente de "habilidades sociales" que empezaron el día doce en los institutos de secundaria de los Ayuntamientos de Carballo, Coristanco y Laracha.
En este programa también se trataran temas como la responsabilidad de la sociedad en la percepción y corrección de los riesgos de la drogodependencia, así como el papel indespensable de las familias en la educacion de los Hijos.


Entre otros temas tratarán la necesidad de la prevención y la formación por parte de los padres para complementar con los cursos que se están impartiendo primaria y secundaria.


Redacción - Vieiro


.-

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...