Este artigo só quere facer unhas reflexións sobre comentarios de taberna, paseos, amigiños...
Verdade ou ficción, xa nos interaremos, vou omitir nomes porque aínda que os teño con apelidos incluídos, o prexuzgar pode ser unha tarefa pouco seria.
Como se soe dicir no mundo da xustiza poñemos todo o tema como PRESUNTAMENTE.
Xa sábese que a política e máis a local, está estes días de actualidade ante as vindeiras eleccións municipais e os partidos están a presentar e a rematar cas súas listas dos posibles alcaldables e concelleiros.
Moitos son os rumores que se fan e que despois son realidade, caso curioso cando CARBALLO DIXITAL, amosaba antes dá executiva a lista dos candidatos do PSOE en Carballo e que con certas variacións na orde deron no pleno.
Pero os comentarios non rematan e como no caso de TEGA en Carballo que lle costa facela súa, ou a do PP de Carballo que de número dous presentará a un coñecido avogado carballés (será pola súa cercania o concello e que será o seu bautizo na política ) e outros que retornan como o caso dalgún ex-concelleiro de servizos....
Pero o "boom" dos rumores, podese dar en Coristanco, onde din que tivo que ir o propio lider do BNG de Carballo a por orde nas filas dos nacionalistas, en primeiro lugar porque as bases elexiron unha nova candidata a alcaldía e despois o aparello do partido, designou o actual cabeza de lista a presentarse de novo.
Pero a bomba informativa pode estar posta, presuntamente, en que membros integrantes dá pasada lexislatura, poden desaparecer dás lista do BNG (por decisión propia), uns para as súas pretensións persoais-chamemoslle así- pero outros e outras e aquí está a "nai de todas as listas" podense pasar as filas do PP de Coristanco. "Recoño" será certo, pois tempo o tempo.
Xa vemos que en política todo pode ser posible. Noutros concellos da comarca e no noso están a facerse moitas maniobras, o que suscribe non quere afondar en máis temas pero non estaría de mais crear unha porra dos posibles alcaldables e concelleiros, seguro que acertaríamos. ¡Animo!
De tódolos xeitos a partir de agora imos a escoitar de todo, pero xa sábese que o que menos sabe de política , máis político se fai.
Saúdos e paciencia.
.

