sábado, 29 de outubro de 2011

“A UNICA RESPONSABLE DE QUE OS RECIBOS DA RECOLLIDA DO LIXO SE INCREMENTE UN 96,4% PARA OS VECIÑOS DAS PARROQUIAS É A MALA XESTION DO GOBERNO “ SEGÚN MARGARITA VARELA.

MARGARITA VARELA, RESPONSABLE DE DESENVOLVEMENTO RURAL DO PP DE CARBALLO, ASEGURA QUE SI O GOBERNO CUMPRIRA COA SUA OBRIGA E TIVERA PREPARADO O CONCURSO DA NOVA CONCESION PODERÍANSE MODERAR AS SUBIDAS DAS TAXAS.
• Dende o Partido Popular denunciamos a grave discriminación cos veciños do medio rural carballés , os que ,lle incrementan os recibos nun 96.4%.

• OBNG carga exclusivamente sobre as familias o incremento da taxa, nomeadamente coas que viven nas parroquias, o non aumentar o lixo comercial e subir “soio” o 12,3% os recibos do casco urbano.

Carballo, 27 outubro 2011.- Marga Varela afirmou que pola ineptitude do goberno municipal a concesión actual do servizo de recollida de lixo, que remata o 31 de decembro deste ano, deberá ser prorrogada nas mesmas condicións, en troques de licitar un novo concurso e atopar un concesionario que poidera ofertar melloras no servizo ou rebaixas no custo do mesmo.
Non hai xustificación para que os veciños do rural, que xa son os mais perxudicados pola falta de investimentos do BNG, sexan os que teñan que pagar case o doble polo recibo da recollida do lixo.
E absolutamente inaceptable que o concelleiro de obras afirme que o servizo e o mesmo no rural que no urbano, cando hai mais de 50 lugares do rural carballés onde non se fai a recollida mais de unha vez a semana.
Evencio Ferrero, que se dedica as rodas de prensa e a propaganda permanente en vez de traballar para resolver os problemas reais do concello volve a actuar con gran desprecio da igualdade entre veciños e fai pagar os veciños do rural que non o tiveran apoiado nas pasadas eleccións municipais.

.

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...