Amosando publicacións coa etiqueta pp carballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pp carballo. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de decembro de 2011

O PP SOLICITA QUE O BNG DEIXE DE AMEAZAR E BUSCAR REVANCHAS E CONVOQUE CANTO ANTES A COMISION DE INVESTIGACION

A pesares de votar a favor da súa creación non deixa de sementar confusión.

 Carballo, 1 de decembro 2011.- O Grupo municipal do Partido Popular de Carballo manifesta a sua absoluta sorpresa pola actitude do concelleiro de persoal, voceiro do BNG, ao respeito da comisión de investigación sobre a presunta contratación irregular de unha auxiliar de axuda no fogar por parte do alcalde de Carballo.

 Nun alarde de cinismo , a pesares de dicir que defende a creación da comisión, dende que se aprobou, non deixa de criticar a oposición por propoñela e de ameazar a todo o mundo por facer o que íl  di que esta dacordo.
Esta actitude, en total contradición co  seu discurso e a súa oferta de transparencia total, deixa en evidencia outra volta mais o cinismo do alcalde cando di que non é partidario de “utilizar o retrovisor” namentras o mesmo tempo están facendo público un informe do ano 2001, e dicir de hai 10 anos.  O BNG ten que deixar de confundir e aclarar cal é a súa posición de verdade e explicarlle os veciños de carballo se están a favor ou non de que se investigue a presunta contratación irregular de unha candidata da súa lista.
 Dende o  grupo municipal do PP de Carballo non entendemos o comportamento do alcalde e o concelleiro de persoal si sabían que se cometera algunha irregularidade no noso concello porque non o denunciaron e aínda peor o agocharon. Ese comportamento soio agocha que o queren tapar e a súa vergoña amparándose no “ y tú más”.  Parece que dende o BNG queren utilizalo pasado coma coartada para as súas falcatruadas actuais.

O grupo popular, que non ten utilizado este asunto como propaganda, nin utiliza os medios para ameazar e acusar infundadamente querendo desviar a atención  do que realmente é o importante  que non é mais que se comprobe si se cumpriu coa lei nuns procedementos concretos. O verdadeiro interese do alcalde, mais do BNG, neste asunto comprobarase na rapidez con que procedan a creación da comisión e a entrega de toda a documentación oportuna.

.


sábado, 29 de outubro de 2011

“A UNICA RESPONSABLE DE QUE OS RECIBOS DA RECOLLIDA DO LIXO SE INCREMENTE UN 96,4% PARA OS VECIÑOS DAS PARROQUIAS É A MALA XESTION DO GOBERNO “ SEGÚN MARGARITA VARELA.

MARGARITA VARELA, RESPONSABLE DE DESENVOLVEMENTO RURAL DO PP DE CARBALLO, ASEGURA QUE SI O GOBERNO CUMPRIRA COA SUA OBRIGA E TIVERA PREPARADO O CONCURSO DA NOVA CONCESION PODERÍANSE MODERAR AS SUBIDAS DAS TAXAS.
• Dende o Partido Popular denunciamos a grave discriminación cos veciños do medio rural carballés , os que ,lle incrementan os recibos nun 96.4%.

• OBNG carga exclusivamente sobre as familias o incremento da taxa, nomeadamente coas que viven nas parroquias, o non aumentar o lixo comercial e subir “soio” o 12,3% os recibos do casco urbano.

Carballo, 27 outubro 2011.- Marga Varela afirmou que pola ineptitude do goberno municipal a concesión actual do servizo de recollida de lixo, que remata o 31 de decembro deste ano, deberá ser prorrogada nas mesmas condicións, en troques de licitar un novo concurso e atopar un concesionario que poidera ofertar melloras no servizo ou rebaixas no custo do mesmo.
Non hai xustificación para que os veciños do rural, que xa son os mais perxudicados pola falta de investimentos do BNG, sexan os que teñan que pagar case o doble polo recibo da recollida do lixo.
E absolutamente inaceptable que o concelleiro de obras afirme que o servizo e o mesmo no rural que no urbano, cando hai mais de 50 lugares do rural carballés onde non se fai a recollida mais de unha vez a semana.
Evencio Ferrero, que se dedica as rodas de prensa e a propaganda permanente en vez de traballar para resolver os problemas reais do concello volve a actuar con gran desprecio da igualdade entre veciños e fai pagar os veciños do rural que non o tiveran apoiado nas pasadas eleccións municipais.

.

luns, 30 de maio de 2011

RESULTADOS ELECTORALES DE CARBALLO , MUY MUSICALES POR CARBALLO DIXITAL

ESTA CLARO QUE ESTAS ELECCIONES NO PINTARON BIEN PARA TODOS, COMO SIEMPRE UNOS SE LA DIERON DE CARA, OTROS DE CANTO Y COMO NO TAMBIEN SURGIO LA CRUZ. PODIA VER EN EL BLOGCARBALLO DIXITAL   UNA FORMA ORIGINAL DE VALORAR LAS ELECCIONES, DESDE UNA VISION MUSICAL, SEGURO QUE LOS TEMAS NO SON DE AGRADO DE TODOS, PERO COMO MANIFESTE YO, LA MUSICA ESTA PARA ESO, PARA SER PLURAL  Y PARA TODOS LOS GUSTOS.
ME HE ATREVIDO A CONFECIONAR DE UNA FORMA ARTESANAL LAS CARATULAS, POR FALTA DE TIEMPO, PERO LO IDEAL ES QUE ACUDAS A CARBALLO DIGITAL Y ESCUCHES LA VALORACION MUSICAL DE LAS ELECCIONES EN CARBALLO. 
NO ES CUESTION DE BURLA NI OFENSA PARA NADIE, ES CUESTION DE TOMARSE LA VIDA CON HUMOR, SABIENDO QUE ALGUNOS NO LES HARA NI PIZCA DE GRACIA. PERO LA VIDA SIGUE Y A MAL TIEMPO BUENA CARA.
ENLAZA AQUI CON CARBALLO DIXITAL  http://www.carballodixital.blogspot.com/  

.

venres, 20 de maio de 2011

DUELO DE TITANS, PECHE DA CAMPAÑA EN CARBALLO

Rematou a campaña hoxe co mítin do PP, o que supera o ranking de asistencia os mítines de remate de campaña no pazo da cultura de carballo, estas son as asistencias que tiveron cada partido:

PP ASISTENTES +- 800
Contou ca asistencia da Conselleira mar e o Delegado provincial Diego Calvo.

BNG  ASISTENTES +- 600
Contou ca asistencia do Deputado en madrid, Fco. Jorquera.

PSdG-PSOE   ASISTENTES +- 400
Contou ca asistencia do Ministro de traballo José Blanco.

TERRA GALEGA   ASISTENTES +- 350

.

¿Obras extraterrestres en Carballo? SEGUE A CAMPAÑA DE VIDEOS, NESTE CASO E UNHA REPOSICION



Un montaxe moi curioso no seu momento, volve a sair a luz electoral. Este video de investigación de fenómenos paranormais como JJ Benítez, Iker Jiménez e o mismísimo Dr. Jiménez Del Oso, parece ser que os extraterrestres son autores de varias obras aparecidas en Carballo cuxa orixe, obxecto e finalidade ninguén se explicaba ata agora.  Este video esta calificado para tódolos públicos

xoves, 19 de maio de 2011

COMO NON SE TEN DUAS SIN TRES, O PP DE CARBALLO FAI A 3ª ENTREGA DE "OS CONTOS DE EVENCIO"



Na mesma línea que as anteriores o PP de Carballo volve a rede con esta 3ª entrega de "OS CONTOS DE EVENCIO", non sei se dará tempo para máis, polo que si non, agardo que o pasarades ben con estas recopilacións.

.

mércores, 18 de maio de 2011

O PP, VOLVE A COLGAR NA REDE UN NOVO VIDEO, "OS CONTOS DE EVENCIO 2ª PARTE"



Como nas boas sagas cinematográficas, presentase a 2ª parte dos "CONTOS DE EVENCIO", no mesmo formato que anterior simultaneando parte animadas con recortes de prensa, xa queda menos para o 22, teremos máis entregas...

.

luns, 16 de maio de 2011

NOVA ENTREGA DE VIDEO DO PP NESTA CAMPAÑA, "OS CONTOS DE EVENCIO".



Estaba cantando, nesta campaña electoral un tras outro, despois da última entrega do BNG, do video "pasapalabra", agora cheganos o video do PP, "OS CONTOS DE EVENCIO", levando a mesma linea recorte prensa e imaxes da película de debuxos de Shrek. Por certo votase de menos o PSOE, bueno máis en concreto a Mc. Viña, a falta del ben está esta carreira entre BNG e PP. Que siga o espectáculo. ¡Que siga o espectáculo!.

domingo, 1 de maio de 2011

A IMAXINACION EN CAMPAÑA MUNICIPAL


Si comentaba nuha anterior entrada o feito do video do PSG-PSOE, non deixa de ser tamén orixinal esta idea do PP, no DIA DA NAI.
 Alberto Sueiro  e os seus compañeiros, fixeron o reparto de folletos co resumo do programa do PP. Entregando tamén máis de 500 begonias na súa maceta de regalo para as nais este domingo, según comentan "ás 12:30 xa non quedaban existencias. A acollida e os comentarios dos veciños e veciñas que se acercaron ó stand do Partido Popular foron moi calurosos".
  Está claro que imaxinación non vai faltar nestas eleccións, pois así mellor.  Felicidades pola idea.

Enlaza ca nova para ver comentario e fotos da xornada:
http://ppcarballo2011.blogspot.com/2011/05/exito-do-acto-unha-flor-un-programa.html

.

mércores, 20 de abril de 2011

NOTAS DE PRENSA: ALBERTO SUEIRO Entrevistouse hoxe con NIEVES DOMINGUEZ

ALBERTO SUEIRO PRESENTOULLE A DIRECTORA XERAL DE ATENCIÓN
SANITARIA AS NECESIDADES DO CONCELLO CARBALLÉS EN MATERIA DE
SANIDADE , E PEDIU O SEU APOIO PARA DARLLES SOLUCIÓN.

O voceiro popular carballés, mantivo na mañá de hoxe mércores una xuntanza
coa Directora Xeral de asistencia sanitaria e membros do seu equipo, na que se
lle presentaron as carencias e necesidades de medios e recursos sanitarios que
padecen os usuarios do servicio público de saúde no noso concello.

Sueiro insistiu na necesidade de contar con unha ambulancia medicalizada para
solucionar os traslados de doentes afectados de patoloxías de gravidade e atender
unha vella demanda da nosa comarca, aportando datos de crecemento da poboación, número de asistencias prestadas e o acordo unánime do pleno para xustificar a importancia de contar con ese equipamento.

Así mesmo trataron sobre as necesidades físicas das actuais instalacións do PAC
para atención primaria e a conveniencia de mellorar as dotacións das consultas de
especialidades xa existentes, e o posible incremento do número das mesmas, que
se atenden no noso concello.Tamén se solicitou a implantación de novos servicios de tele-mediciña para facilitar os diagnósticos, e a mellora e xeneralización dos coidados paliativos.

A directora xeral adiantou a súa total disposición a colaborar na procura de solucións que avancen na mellora da prestación de servicios a poboación de Carballo, dentro das importantes restriccións orzamentarias que se están a padecer, e mostrou a súa disposición de estudiar a implantación da ambulancia medicalizada para Bergantiños e de distintas innovacións e recursos tecnolóxicos no Centro de Saúde e no PAC de Carballo que melloren a asistencia sanitaria e favorezan a comodidade dos doentes, evitando no posible o desprazamento da poboación ata A Coruña.

.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...