En principio e sentindo polos postos de traballo que poidan desaparecer, algúns coñecidos, non deixa de ser unha medida máis dá que nos está a caer polos recortes con ou sen sentido, dependendo de quen os vexa e desde que lado se vexan, pola crise que nos está a empapar asta o osos.
O que pasa e que moitas veces un decatase con "nocturnidade e alebosia" e que desde a Xunta toman a decisión que a sociedade que xestiona as instalacións entrou en proceso de liquidación e que este peche forma parte do plan de racionalización imposto pola Xunta. Sobre que vai pasar co edificio e cos postos de traballo, esperar á publicación correspondente no Diario Oficial de Galicia.
O que a un lle chama a atención é que de hoxe para mañán se lle comunique a xente, en concreto estou a falar do museo dá oleria que está situado no centro, que teñen que valeirar as pezas depositadas no museo, este é ou caso dos oleiros de Buño e máis en concreto dos fillos de Garcia Alén, os dous decatáronse fai quince días de que o Centro Comarcal de Buño pechaba as súas portas nunha concisa carta asinada polo «liquidador da Fundación Comarcal» informáballes de que debían recoller as 300 pezas que o seu pai deixara depositadas con todo o amor a oleria e a Buño.
Nin as distincións que leva a artesania de buño tanto dá propia comarca como ou título de "Bergantiñan do ano" otorgado polo padroado Fogar de bergantiños en nome de todlas entidades da Comarca, como do propio Goberno de España ca "Medalla de Ouro das Belas Artes", ou outras moitas, libros, publicacións, promocións.... Todo isto non conta e vaise e cargar sen máis un espazo onde milleiros de persoas chegaban a coñeccer a historia dá oleria na sua propia contorna. Xente de Aquí de alá e de acolá.
Desde esta páxina amigos oleiros de buño, miña disposición para encabezar a loita por un espazo que nunca tivo que ser valeirado dá súa esencia e sobre todo o trato dado A Familia DE GARCIA ALEN, un as veces dalle ganas de non sei que...
Agardo que a sin razón volva a traer o sentidiño común e o Centro comarcal de Buño se transforme na súa integridade no centro da OLERIA con maiúsculas, e que non veñan tempos escuros, agardemos que non veña unha longa noite de pedra, que aplaste o máis grande que temos: a tradición, a identidade e a transmisión as xeneracións presentes e vindeiras.
MAIS NOVAS:
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario