A pesares de votar a favor da súa creación non deixa de sementar confusión.
Carballo, 1 de decembro 2011.- O Grupo municipal do Partido Popular de Carballo manifesta a sua absoluta sorpresa pola actitude do concelleiro de persoal, voceiro do BNG, ao respeito da comisión de investigación sobre a presunta contratación irregular de unha auxiliar de axuda no fogar por parte do alcalde de Carballo.
Nun alarde de cinismo , a pesares de dicir que defende a creación da comisión, dende que se aprobou, non deixa de criticar a oposición por propoñela e de ameazar a todo o mundo por facer o que íl di que esta dacordo.
Esta actitude, en total contradición co seu discurso e a súa oferta de transparencia total, deixa en evidencia outra volta mais o cinismo do alcalde cando di que non é partidario de “utilizar o retrovisor” namentras o mesmo tempo están facendo público un informe do ano 2001, e dicir de hai 10 anos. O BNG ten que deixar de confundir e aclarar cal é a súa posición de verdade e explicarlle os veciños de carballo se están a favor ou non de que se investigue a presunta contratación irregular de unha candidata da súa lista.
Dende o grupo municipal do PP de Carballo non entendemos o comportamento do alcalde e o concelleiro de persoal si sabían que se cometera algunha irregularidade no noso concello porque non o denunciaron e aínda peor o agocharon. Ese comportamento soio agocha que o queren tapar e a súa vergoña amparándose no “ y tú más”. Parece que dende o BNG queren utilizalo pasado coma coartada para as súas falcatruadas actuais.
O grupo popular, que non ten utilizado este asunto como propaganda, nin utiliza os medios para ameazar e acusar infundadamente querendo desviar a atención do que realmente é o importante que non é mais que se comprobe si se cumpriu coa lei nuns procedementos concretos. O verdadeiro interese do alcalde, mais do BNG, neste asunto comprobarase na rapidez con que procedan a creación da comisión e a entrega de toda a documentación oportuna.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario