xoves, 31 de maio de 2012

DESPEDIDA CON EDUCACION


MOI BOAS.

TEÑO  A BEN EN COMUNICARVOS QUE ESTA TARDE PRESENTEI A PRESIDENTA, A MIÑA DIMISION COMO SECRETARIO DA ANPA "AMENEIRO" DO IES MONTENEME  DE CARBALLO, POR MOTIVOS PERSOAIS.

O QUE QUERE DECIR QUE A SUA VEZ TAMEN DEIXO A SECRETARIA DA FEDERACION MUNICIPAL DE ANPAS DE CENTROS PUBLICOS DE CARBALLO E TAMEN A VOCALIA NA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE APAS DA PROVINCIA DE A CORUÑA.

XA FAI MAIS DE 12 ANOS QUE ESTAMOS NESTE MUNDO DA EDUCACION E CHEGA A HORA DE DAR O RELEVO A NOVOS PAIS, PERO NON QUERO DEIXAR DE AGRADECEVOS NESTA DESPEDIDA  A TODOS AQUELES QUE ME ENSINARON TANTAS COUSAS E COLABORARON CA MIÑA PERSOA EN TODO ESTES ANOS:

DIRECTORES DE COLEXIOS, AMIGOS DOS MEDIOS DE COMUNICACION, ASOCIACIONS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DOS CONSELLOS ESCOLARES DOS COLEXIOS E DO MUNICIPAL, MEMBROS DA FEDERACION PROVINCIAL, PERO SOBRE TODO OS SUFRIDOS AMIGOS E AMIGAS DAS ANPAS DOS COLEXIOS DE CARBALLO.

PUNTO E APARTE, SEGURO QUE LEVAN UNHA ALEGRIA, AS ADMINISTRACIONS, BROMAS APARTE, FORON MOITAS AS DISCUSION E REVINDICACIONS AS AUTORIDADES, PERO VALIU A PENA.

TAMEN AGRADECER A TODOLOS COLEXIOS E INSTITUTOS A AMABILIDADE EN TODOSLOS MOMENTOS, PERMITIDEME CITAR EN ESPECIAL A DOUS, O C.E.I.P. "A CRISTINA"  ONDE COMENCEI ESTA ANDAINA  E  MEU QUERIDO "PATITO FEO", UN DOS MELLORES CENTROS DE CARBALLO O C.E.I.P. "SAN LUIS ROMERO", ONDE SEMPRE ME SENTIREI COMO UN PAIS MAIS, AINDA QUE SEXA ADOPTADO.

QUERO AMOSAR A MIÑA  COLABORACION NO QUE PRECISEDES E DARVOS AMIMOS A TODOS E TODAS PARA SEGUIR LOITANDO POR UN ENSINO PUBLICO E DE CALIDADE.

ATA SEMPRE

XOSE MARIA ARAN RODRIGUEZ

.

1 comentario:

begoña dixo...

querido amigo,gracias por todo o que fixeches polos nenos,votaraseche de menos,unha apreta e descansa un pouco,despois de tantos anos o pe do cañon.unha apreta

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...