A inscrición está aberta ata o 2 de outubro e as gravacións comezan ao día seguinte. A fnal será o domingo 28 no Pazo da Cultura ás 18.00h .
O Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís", que este ano chega á súa doce edición, volverá congregar arredor das artes escénicas, dos micrófonos e da maxia dos sons dun estudio de radio aos rapaces dos colexios (Educación Infantil, Primaria e Secundaria) e asociacións da comarca de Bergantiños que queiran realizar unha lectura teatralizada. As parellas ou grupos participantes (ata 8 membros) poden estar dirixidos por un monitor ou profesor e á hora de participar no certame, dividiranse en dúas categorías, os menores de 10 anos e os maiores de 11.
A inscripción poderá realizarse ata este martes 2 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo, no Rexistro Auxiliar de Cultura, no Rexistro Xeral do Concello ou no fax 981 704 302. Debido a cuestións organizativas, o número máximo de grupos é de 35.
A partir do día seguinte, 3 de outubro, comenzarán as gravacións nos estudios de Radio Voz Bergantiños e entre todas elas, seleccionaranse a tres grupos por categoría que volverán representar o seu fragmento diante do público e do xurado durante a final celebrada no Pazo da Cultura o domingo 28 de outubro a partir das 18.00h.
O xurado outorgará dous premios por cadansúa categoría, un de 250€ e outro de 100€, que consistirán en libros e material didáctico. Tamén existe a posibilidade de que se concedan accésits por un valor de 150€.
O Certame de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" naceu coa finalidade de promocionar o teatro entre os rapaces da comarca e de favorecer a súa iniciación á interpretación dramática. Nesta actividade, que se desevolve dentro do programa do XXI Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), colaboran os organizadores do evento, a Asociación Cultural Telón e Aparte, o Concello de Carballo xunto cos patrocinadores Grupo Voz, Libraría Brañas, Begano e Editorial En Primera Persona.
GABINETE DE PRENSA XXI FIOT
Contacto: Noelia Cambón - ncambon@aportacomunicacion.es - T. 636 111 893
Ningún comentario:
Publicar un comentario