¡ATA SEMPRE COMPAÑEIRO ¡
Hoxe pola mañan recibía a chamada da morte de Jaime por
medio da súa muller Teresa. Aínda que xa
iba para dous anos de loita contra a enfermidade do noso querido compañeiro, a ún
sentalle como un mazazo a nova do seu pasamento.
Van xa vintesete anos que a nosa actividade laboral nos
xuntou nesta etapa das nosas vidas, ainda que nestes últimos nove anos foron
especiais e pasamos por momentos laboráis moi bos e outros complicados en
relación a nosa actividade sindical.
Sobre a persoa nada que decir, bo amigo e alí estaba para o
que un necesitase, que máis se pode pedir.
Como compañeiro na andaina sindical, moitos foron os
momentos de traballo, entrega e ilusión.
Sempre co seu ímpetu nervioso e prendendo cigarrillo tras cigarrillo,
parecía accionista das tabaqueiras xa
que apenas tragaba o fume e sempre apagaba os cigarrillos a metade…
Como na vida cada quen “conta as cousas como lle foi na
feira”, seguro que Jaime cometíu erros como calqueira mortal, pero en todos
estes anos que traballamos no mundo sindical xuntos, nunca amosou intereses
persoais, sempre buscou poder axudar os compañeiros e compañeiras para mellorar
o seu traballo ou a súa situación laboral, sempre bulindolle a cabeza e transmitindolle
a un esa fortaleza que animaba nos momentos malos para seguir adiante.
Se a sección sindical da cig en calvo, chegou a tan alta
representación na súa historia en calvo, esta claro e así hai que decilo,
porque é de xustiza, que foi en gran parte grazas o seu traballo incansable e
eu dou fé dilo porque así o vivín.
Quedaranse moitas historias que vivimos no tinteiro por mera
discreción hacia compañeiros e compañeiras das innumerables intervencións e
xestións realizadas, pero sobre todo a paixón que lle poñía os temas ata que se
conqueria o obxetivo, e coma sempre mirando polo ben común e repito sobre todo sin
buscar nada a cambio.
Jaime a quen non o coñecera ben engañaba nunha primeira
apreciación sobre a súa persoa, parecía transmitir o de unha persoal que nestes
temas se lle quedaba algo grande a cousa,
pero abofe que só era eso, xa que é un perfecto estratega, con
coñecemento sobre a materia e sobre todo cun don de xentes que engaiolaba.
E curioso, intentaba lembrar algún momento no que chegaramos
a ter diferencias serias e como non alguna discusión, que sería norml por outra banda, pero a verdade e que non
lembro ningún, durante anos case diariamente falamos do día a día da situación
laboral dandolle un repaso a como están as cousas e plantexabamos mil e un
proxectos para facer esta e outra cousa pero o curioso e que sempre tiñamos os
mesmos pensamentos e ideas, así daba gosto.
Pero sobre todo Jaime agradecerche sempre a túa lealtade,
nestes tempos en que moitos e moitas non entenden desto, ti sempre estiveches
ahí apoiandome sen fisuras, sen reproches, sen faladorias por detrás, cando as
veces o mellor para ti podía ser facer o contrario. Grazas compañeiro por ser
ca miña persoa, sempre, honesto e leal.
Pero si nos seus momentos
no mundo sindical e profesional foi
moi hiperactivo, que lección me dou nestes últimos anos desde que comenzou a
loitar contra a súa enfermidade, en momentos nos que a un lle daría ganas de
meterse na cama e non sair máis dela ou de tirar a toalla, el botaballe valor e
ilusión para sair do trance.
Eu teño que recoñecer
a miña debilidade e cobardía, porque cada vez que pasaba o tempo
facíaseme máis difícil verte, un non se fai a idea de coñecerte e ver como te
ibas consumindo, claro que a todos non nos gusta pasar por este trance e queremos
lembrar as persoas que apreciamos como eran cando estaban perfectamente. Pero
tamén nos últimos momentos hai que saber
estar…
Vaia pois a miña despedida compañeiro e grazas polo honor de
permitirme coñecerte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario