Ana Garcia
La Voz de Galicia
El director de la Asoaciación Antidroga Vieiro de Carballo, Xosé María Arán, se muestra muy crítico con la respuesta social a la problemática de las drogas, como atestigua el CIS, donde hay que buscar muy en el fondo para encontrarla entre las preocupaciones ciudadanas, y el hecho de que, si no le fallan los datos, la siguiente asociación de este tipo desde Carballo esté en Ribeira.
«O primeiro que falla é a poboación e as propias familias, hai que dar a cara e tirar para adiante, porque se trata dunha responsabilidade de todos e xa sabemos como funciona a política: a Administración normalmente non se move se non hai ninguén detrás dándolle nas orellas», señala Arán, que recuerda como comenzaron en Carballo y como han cambiado las pautas de consumo, lo que no significa, ni mucho menos, que los problemas sean ahora menos graves, como se percibe, por ejemplo, con los altos índice de consumo de alcohol entre los adolescentes.
«Ao pouco de comezar con Vierio fomos por distintas localidades informando e animando á xente a organizarse. Aquí en Carballo no ano 91 tiñamos un problema que lle chamabamos o da reixa porque había moitísimos roubos e todos os negocios puñan reixas. Hoxe as cousas cambiaron, hai outros medios, centros especializados, a UAD... pero sigue existindo un traballo, que non é por dicilo, pero se non o facemos nós non o fai ninguén. En Camariñas tiñan Abondou, na que Juan [Gómez Serrano] que xa faleceu, fixo un gran traballo e se se deixou morrer iso e porque a sociedade non lle deu importancia. Por iso, con todo o respecto, penso que se hai un problema a xente terá que unirse», añade.
Arán pone el acento en las familias «que están adormecidas e teñen un concepto equivocado de que aos fillos os educa o colexio e a Administración. O colexio está para ensinar conceptos e a Administración para prover servizos, pero a responsabilidade educativa é das familias».
A su juicio las noticias aparecidas en la prensa sobre planeadoras y descargas dejan claro que el problema persiste y no en Camariñas sino en toda la Costa da Morte, con lo que llama a la sociedad a tomarse el asunto en serio y actuar coordinada.
Varios sucesos aparentemente illados fan entrever unha orixe
La Voz de Galicia
cee / a voz
Os problemas que sofre Camariñas, como a gran maioría de localidades da Costa da Morte, a conta do tráfico de drogas en menor ou maior escala, saíron á luz de xeito estruendosa por mor das pintadas aparecidas no pobo a mediados do pasado mes de setembro sinalando a supostos traficantes. Esa reacción, con moitos pais indignados, e algunha persoa ou persoas que deciden usar esta vía das pintadas para visibilizar o problema reactivouse esta semana pasada coa aparición de novos eslóganes no corazón da localidade, que xa foron parcialmente borrados.
Aínda está tamén por resolver que sucedeu exactamente co alixo de droga presuntamente descargado en Arou en xuño do ano pasado e que saíu á luz ao envorcar en Niñóns (Ponteceso) unha planadora de 18 metros de eslora. Nunca se probou con certeza onde habían ir a parar os estupefacientes e si poderían circular ou non polas rúas da Costa da Morte.
De igual modo, tampouco se esclareceu nin a orixe nin o móbil do disparo cun arma de fogo curta, probablemente unha pistola 9 milímetros, que supuxo o impacto dun proxectil contra a ponte do pesqueiro de Muros Mar de Viana, amarrado no porto camariñán o pasado mes de abril. A Garda Civil descartou nun primeiro momento que se tratase dun axuste de contas, pero diferentes voces locais resístense a crer que non exista relación algunha con actividades delituosas, máis que nada pola simple presenza dunha arma que moi poucas persoas en España teñen autorización para portar, á marxe dos funcionarios dos corpos e forzas de Seguridade do Estado.
Tamén hai outros episodios de violencia, ocorridos en ambientes festivos dentro e fóra de Camariñas, e determinados trens de vida de persoas sen oficio coñecido que, sen poder relacionalos abertamente coa droga, enmárcanse nese contexto.
O Concello busca alternativas ante as dificultades para reactivar o colectivo Abondou
A tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais de Camariñas, Sandra Insua, asumiu a nivel municipal a responsabilidade de darlle unha resposta pública e educativa ao problema. A súa intención inicial era reactivar a asociación Abondou, que funcionou durante anos e con notables resultados, pero case o dá xa por perdido ante a dificultade para atopar, sobre todo, a alguén que dea un paso á fronte e asuma a presidencia. «Tenteino de todos os xeitos, pero é moi complicado. A xente segue asustándose penso porque aínda relaciona Abondou cos tempos nos que se repartían os cheques para a metadona, cando non é así», detalla a edila, que agora traballa en canalizar os esforzos por outras vías. «Estamos analizando as medidas que podemos tomar e pedindo presupostos a empresas para realizar talleres no colexios, sempre de acordo coa orientadora do instituto e coa nosa psicóloga. Eses cartos que destinabamos a Abandou queremos canalizalos agora -temos que reservar tamén unha partida nos orzamentos- en medios de prevención», engade.
Celebraron varias reunións, entre as que a máis destacada foi cos pais do instituto da Ponte do Porto, á que asistiron unhas 70 persoas, síntoma de que o problema preocupa na localidade e, aínda que falta quen tome a voz cantante, si hai intencións de actuar. «Démoslle un pouco as pautas para detectar sinales de alarma e tamén estamos en contacto co sarxento da Garda Civil e a Policía Local para alertar se vemos cousas extranas. A finais de mes haberá unha charla da Oficina de Información xuvenil», conclúe Insua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario