O Padroado Alfredo Brañas, coa colaboración do Concello de
Carballo, ten programados para o día 11 de xaneiro, coincidindo co 160º
aniversario do nacemento de Alfredo Brañas na nosa vila, unha serie de actos. O
programa é o seguinte:
18.30 horas
Recepción no Concello de Carballo ao presidente da Real
Academia Galega e convidados/as.
19.00 horas.
Ofrenda floral na rúa Coruña, xunto á casa natal de Alfredo
Brañas. Acto aberto á cidadanía.
Recital do alumnado do IES Alfredo Brañas
Interpretación do Himno Galego por antigos membros do grupo
de gaitas do Centro Cultural Alfredo Brañas.
19.30 horas
"Alfredo Brañas, unha memoria viva". Conferencia
no Casino de Carballo con Adriana Hurtado de Mendoza, presidenta do Padroado;
Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega; José Ramón
Barreiro Fernández, ex presidente da RAG e historiador, e Xan Fraga Rodríguez,
historiador carballés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario