Chego a esta iniciativa, como outras
persoas, pola insistencia do
señor José Cameán Vázquez (impulsor dá
figura de Alfredo Brañas), despois de
varios encontros e aínda que
non tiña tempo, nin pensaba que a niña persoa tivera relevancia e non
ter clara a idea que me propoñían, moralmente
non podía dicir non a colaborar nun
suposto proxecto de relanzar a
figura de Alfredo Brañas e a posible recuperación dá súa
casa natal como viña defendendo eu publicamente con anterioridade, do
mesmo xeito que fixen ca
Sociedade Cultural e Recreativa de Bergantiños (Casino de Carballo). Varias condicións foron expostas o señor Cameán, unha delas a de ter que crear
unha entidade legalmente constituída para aglutinar este proxecto e facer todo
dunha forma transparente, perfectamente articulada e cunha programación
perfectamente establecida e sobre todo que fose participativa e aberta a todas as
persoas que quixeran contribuír a impulsar a figura de Brañas e con persoeiros
de relevancia.
O 15 de novembro de 2018 nos locais do Casino de Carballo, firmouse
a acta de constitución dá entidade que se denominou nun primeiro momento “Padroado
Alfredo Brañas de Carballo, desta reunión sairon os dezasete membros que
constituirían o Padroado, baixo a presidencia de Adriana Hurtado, a
vicepresidencia de Mª Isabel Fernández, na secretaria Xosé Mª Arán, na
tesourería José Cameán e como vogais: Patricia Mañána, Fco. José Méndez,
Antonio Pacoret, Ricardo Vílas, José Mel. Hurtado, Miguel Anguel Calvo,
Santiago Pazos, José Fernándo Añón, Ramón Tasende, José Mel. García, Carlos
Puga, Francisco Prado e Antonio Pichel.
Fai poucas datas e por indicación dá Xunta tivo que mudar o nome
de Padroado polo de Asociación para non incorrer en confusión cun dous órganos
que representa a Fundación Alfredo Brañas existente na cidade de Santiago,
separadamente deste tema burocrático, desde o ano 2018 e ata hoxe desenvolveronse
unha serie de actos para relanzar a figura de Brañas na celebración do seu 160
aniversario.
Nesta despedida teño que recoñecer que iniciativas como
estas nacen sempre polo impulso de persoas e non sería xusto se non recoñecera
a Don José Cameán Vázquez como un loitador constante, persoa emprendedora e
alma mater deste proxecto que sen a súa iniciativa seguramente hoxe non se terían
desenvolto moitos dos actos realizados. Pero tamén teño que deixalo ben claro
que a miña marcha dévese a non estar dacordo con él nas súas formas de actuar. Non é a intención hoxe de entrar en máis
detalles, se precisásese faríase.
Como dicía Felix María de Samaniego: “É de suma importancia
ter nos traballos tolerancia, pois a impaciencia na contraria sorte é un mal
máis amargo que a morte.”
Para rematar agradecer o resto dás compañeiras e compañeiros
que estiveron desde o comezo e aqueles que o foron deixando polas mesmas causas
que eu o deixo, agradecerlle polo que un aprende dás súas aportacións, como as
persoas e colectivos que colaboraron, especialmente o concello de carballo en
especial na figura do seu alcalde que sempre nos atendiu cunha esquisitez e colaborou nas
propostas realizadas sempre moi xenerosamente.
Lembrando parte do limiar de Juan Barcia no libro do “rexionalismo”
de Brañas: “Galegos, espertade! Xa resoa nos aires o clarin que nos chama e
convoca á unión frutífera e valedoira…”.
Pois que así sexa e que a figura de Alfredo Brañas continue resoando na
memoria de todos os Galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario