mércores, 25 de marzo de 2020
Xosé María Arán: "¡ Xa estamos de volta na casa ! ".
MOI BOAS A TOD@S
¡ Xa estamos de volta na casa ! .
Ainda que temos que seguir ca medicación e aislado nunha habitación sin contacto catorce días, xa queda atras a etapa de ingreso no hospital.
Meu primeiro agradecemento o persoal do CHUAC da Coruña que fixeron que a miña estadía no hospital se fixera máis levadeira, un recoñecemento a todos os profesionais da sanidade que están a traballar duro nestes momentos e as veces en condicións complicada. Vaia pois a miña gratitude e admiración.
Tamen a tod@s aqueles que tanto aquí no facebook como por outros medios me estades a transmitir parabens e desexos de mellora.
Aínda que a situación é complicada e se nos está a quedar xente no camiño, agardemos que vaia revertindo esta pandemia.
Seguide cumprindo as medidas preventivas e de contención que é o mellor que podemos facer tod@s nestes momentos.
Grazas e saudos.
Fonte: Facebook
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario