mércores, 1 de abril de 2020

A imaxe da esperanza, os sanitarios despiden con aplausos os pacientes recuperados - Xosé Arán





Publicado o 01/04/2020 21:37

Esta é unha imaxe para a esperanza que nos chega dende Pontevedra, onde os sanitarios do hospital Quirón Domínguez despediron tamén con aplausos un paciente de Meis de 77 anos que se recuperou da COVID-19. E iso que o operaran do corazón hai ben pouco, en decembro do ano pasado.

Boa nova tamén a que nos chega dende o hospital de Monforte, que rexistra a primeira alta dunha paciente ingresada con coronavirus. Así de contento e safisfeito despedía o persoal do centro hospitalario a esta muller chantadina de 52 anos que, despois de pasar unha semana ingresada afectada pola COVID-19, recibía onte a alta. Foi unha emocionada despedida na que esta veciña de Chantada agradeceu os coidados recibidos polo persoal durante o seu ingreso.

O que fora diagnosticado como primeiro positivo en Carballo de COVID-19 recibiu a alta hospitalaria e está pasando a corentena na casa. Xosé Arán está pechado na súa habitación. Unha das súas dúas fillas e a súa muller deron positivo tamén en coronavirus.

Xosé foi o primeiro positivo de COVID-19 diagnosticado en Carballo hai case vinte días. Estivo ingresado no Hospital Universitario da Coruña. Xa recibiu a alta pero ten que estar illado na casa polo menos dúas semanas, ata que lle volvan facer a proba e dea negativo definitivamente.

No seu cuarto pasa as 24 horas do día. A mesa de noite de Xosé é unha pequena botica improvisada.

Todo, sen saír nin ao corredor da casa. Son catro de familia. Tres positivos en coronavirus.
O illamento está a ser estrito. Unha veciña está a axudalos coa compra. Durante o tempo que estivo no hospital, este veciño de Carballo destaca a profesionalidade e trato inmellorable que, di, ofrece todo o persoal sanitario.

O paciente cero da pandemia de coronavirus rexistrado na área sanitaria de Vigo, un transportista veciño de Moaña, recibiu este mércores o alta, segundo fontes sanitarias. O home, de 43 anos, ingresara no hospital o pasado 1 de marzo. Permaneceu na UCI ata o pasado 25 de marzo. Un mes despois, recibe a alta.  

Ningún comentario:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...