Xosé María Arán Rodríguez, o primeiro carballés contaxiado por coronavirus, creou e publicou nas súas redes sociais, unha mensaxe de agradecemento sobre o vídeo «Hallelujah» interpretado polo dúo de violoncelo, esloveno-croata, 2Cellos.
Arán conviviu 65 días coa enfermidade, que segundo afirma, cambiou a súa filosofía de vida. Precisamente esa mensaxe vai especialmente dirixida, primeiro, á súa familia, ao persoal sanitario e a todo o apoio recibido desde os diferentes ámbitos da sociedade durante o tempo que loitou contra a enfermidade, da que por sorte, xa está recuperado e para a que nos pide a todos e a todas, !sentidiño!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario