Amosando publicacións coa etiqueta la voz de Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta la voz de Galicia. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de xuño de 2020

As comarcas, uns centros estratéxicos da distribución






XOSÉ M.ª ARÁN. Vicepresidente Asociación Vieiro

    26/06/2020 
    

estas alturas da vida ninguén vai descubrir nada sobre o papel que xogan as canles de distribución na comarca. O narcotráfico, sexa na escala que sexa, segue arraigado entre nós. Dende que Vieiro, en 1991 e coordinados baixo a dedicación do noso presidente José Manuel Vázquez Gómez, coas denuncias e as achegas de datos da veciñanza, trasladáronse ás autoridades os movementos de descargas nas nosas costas, baixo os armazóns de distribución de pequena, mediana e gran escala nos diferentes concellos, aínda que uns servían de plataformas e outros, de centros de distribución.

As denuncias foron moitas e incluíron a algunha personaxe das forzas de seguridade, así como os diferentes clans, que, con nomes e apelidos, deron para moitas crónicas. Outros seguen a ser noticia a día de hoxe.
A percepción sobre o problema é irrelevante. En 1992 estaba entre os cinco primeiros e agora aparece no posto 35. Está claro que o tema recuperou titulares coas últimas operacións, especialmente en Camariñas e Carballo. Camariñas xa é un histórico, tanto polos clans existentes como pola renovación, con novos implicados. E de Carballo que imos dicir? O relevante da distribución atópase en núcleos de familias que veñen operando de sempre e en enclaves tamén históricos, pero tamén en lugares e con novos actores perfectamente integrados que pasan desapercibidos.

Hai demanda, hai venda, con covid-19 ou sen covid-19. Hai que felicitar ás forzas de seguridade polas operacións realizadas, pero non baixemos a garda e non miremos para outro lado. Segue vendéndose moito e alguén abastece o mercado, sobre todo, a outros puntos fóra da nosa contorna. Mentres non cambien as leis, necesitamos máis recursos, máis investigación. Non podemos seguir soportando a desidia que leva a que moitos dos nosos veciños e veciñas acaben enfermando polo beneficio duns poucos.






venres, 15 de maio de 2020

Un carballés enfermo de coronavirus durante 65 días: «Esto ha cambiado mi filosofía de vida»

Confesó que se siente culpable de haber contagiado a su mujer y a su hija mayor

Foto: Ana García

T. LONGUEIRA
CARBALLO / LA VOZ 15/05/2020 


José María Arán Rodríguez (Carballo, 1964), vicepresidente del colectivo antidroga Vieiro de Carballo, atisba por fin el final del largo túnel tras dar negativo en la prueba PCR a la que fue sometido estos días y espera recibir el alta médica definitiva a lo largo de la jornada de hoy tras 65 días enfermo de covid-19. El suyo fue el primer caso diagnosticado en la capital de Bergantiños.

«Esta enfermedad me ha hecho cambiar mi filosofía de vida, creo que hay que priorizar lo que es importante y tomarse las cosas con más calma», apuntó ayer. Arán fue a urgencias del centro médico carballés el 12 de marzo con sintomatología compatible con el covid-19. Pero lo mandaron para casa. Cinco días después ingresó en el Chuac de A Coruña, donde permaneció una semana en planta antes de regresar a su domicilio, donde siguió en aislamiento. «Fui en mi coche hasta A Coruña porque la doctora que me atendió en urgencias en Carballo así me lo recomendó, en contra de los protocolos establecidos. Por entonces las indicaciones eran de continuar confinado y aislado en casa y si los síntomas se agravaban, había que llamar al 061 para que te vinieran a buscar. Gracias a aquella doctora la enfermedad no fue a más y me permitió, por lo menos, quedar ingresado en planta y no tener que ir a la uci». En el hospital estuvo hasta el día 24.


Eso sí, a Arán se le diagnosticó una neumonía bilateral por covid-19. Y, claro, lo primero en lo que pensó fue en su familia: «Mi mujer y mi hija mayor dieron positivo y a la pequeña, a día de hoy, no se le realizó la prueba. Y sí, me siento culpable por haber contagiado, sin querer, a mi mujer y mi hija mayor». A día de hoy, el vicepresidente de Vieiro desconoce cómo pudo contraer el virus: «La verdad, no lo sé».


Sus primeros días en el Chuac estuvieron marcados por el miedo: a que la infección avanzara y a perder a un ser querido por un contagio. «Si a todo eso le sumas las noticias diarias sobre las cifras de muertos en España, que había contagiado a mi familia y que por aquel entonces se cambiaba de forma habitual los procedimientos debido al desconocimiento que había del virus, imagínese lo mal que lo he pasado».


Arán Rodríguez, como su familia, siguió confinado en casa todo este tiempo: «Yo en una habitación y mi mujer, mi hija mayor y mi hija pequeña, en otras, todos aislados. En mi caso, la comida me la dejaban en la puerta de mi habitación para evitar contagios. Aquí todos, incluida mi hija pequeña, de la que no sabemos si tuvo, o no, el virus, hemos permanecido confinados y aislados hasta ahora».

Reconocimiento

Arán asegura que nunca sintió el rechazo de la gente por haber enfermado, sino que está agradecido por el trato recibido: «Nunca he tenido, ni mi familia tampoco, esa sensación de rechazo por ser enfermos de coronavirus. Vivimos en una parroquia de Carballo y los vecinos siempre nos ayudaron en todo lo que precisamos. Solo tenemos palabras de agradecimiento para todos».


Un agradecimiento que el vicepresidente del colectivo Vieiro trasladó a todas aquellas personas que a lo largo de este duro aislamiento se pusieron en contacto con él y su entorno para conocer su evolución y que hizo extensible a todo el personal sanitario que los atendió: «Recibí muchas llamadas telefónicas, mensajes de wasap, a través de las redes sociales... Incluso se puso en contacto conmigo gente que no me lo esperaba, aunque también me faltó alguna llamada de ánimo de alguna persona que sí me esperaba. Pero eso supongo que pasa siempre en estos casos», comentó.

domingo, 12 de abril de 2020

Cara e cruz dun positivo - xosé maría arán




En primeira persoa | «Cando todo pase, gustaríame ver unha sanidade pública con recursos e de calidade. Sen ela, o demais non ten sentido», escribe Xosé María Arán







Teño que recoñecer que é imposible resumir o irresumible. Estamos a pasar por momentos moi complicados coa pandemia do COVID-19. O peor, para os que se quedaron atrás e para os que loitan por saír dos hospitais. Outros estamos convalecentes e agardando que as diferentes probas nos liberen desta cruz.A cara do tema sabémola todos: a entrega sen fisura dos que están en primeira liña (sanitarios, forzas de seguridade, etcétera), as corporacións locais coas súas medidas, e, como non, o comportamento da sociedade en xeral ó respectar as medidas desta situación excepcional e a solidariedade de particulares e empresas. Son momentos de unión, non de divisións, pero tamén de matizacións para mellorar. Pero tamén hai unha cruz como a vivida en primeira persoa. Non é unha opinión subxectiva, é a vida mesma.

As carencias da atención primaria e da administración. Un 12 de marzo marca a miña odisea cando acudo a urxencias de Carballo por non contestarme ninguén no famoso teléfono 900.400.116 que a Xunta pon para atención polo coronavirus, con síntomas de febre alta, dores musculares, tose seca… A facultativa aconséllame quedarme na casa e facerme seguimento por médico de cabeceira. Curioso, levo non sei cantos meses sen médico por non poñer substituto o médico titular da praza. Por iso non me dan vez ata o 17 de marzo; cinco días que nun proceso deste tipo poden ser moi importantes. Aténdeme telefonicamente unha doutora á que me derivan e tócolle sen ser da súa «cota». Non me acordo do seu nome, pero para min foi un anxo e a miña sorte.

Como non remitían os síntomas e sen seguir consellos de protocolo, derívame a urxencias do Chuac na Coruña, cun informe que encabeza «insuficiencia respiratoria»; palabras máxicas que serán a miña salvación. Grazas por antepoñer a súa profesionalidade a outras cousas.

Urxencias do Chuac. Aténdeme outro anxo en urxencias que ó chegar realízame exploración e, por protocolo e sobre todo por sentido común e precaución, manda facerme placas de tórax frontal e lateral. Como resultado, «pneumonía bilateral». Ingrésanme en observación e realízanme análises e proba do coronavirus. O resultado, positivo. A un vénselle o mundo encima. O primeiro no que pensas é na familia. Despois, nas persoas coas que estiveches en contacto. Fas de tripas corazón e comunícasllo a familiares, amigos, etcétera. O positivo é para que estean alerta por se teñen síntomas.

Ingreso en planta:  Recibo tratamento e danme a alta o 25 con confinamento na habitación da casa e medicación. Dou as grazas polas atencións recibidas, pero mentres tanto, sinto impotencia por non poder xestionar o mal grolo que está a pasar a familia. Están afectados, dáslle mil voltas e recibes chamadas pola súa parte para que poidan facer as probas, 061, sanidade preventiva… Isto daría para un libro no que non quedaría moi ben algún profesional e algunha administración sanitaria. Con síntomas dous membros da unidade familiar e un sen síntomas, neste período non se achega nin un facultativo á casa e pasan os días. Menos mal que hai outros anxos que se preocupan. Vós quedaredes nos nosos corazóns. A administración sanitaria decide ó final facer test só aos dous con síntomas e a terceira cando os teña. Como! Ó final fan as dúas e dan positivo. Confinamento e control de síntomas, e se empeoran, avisar 061. Deus reparta sorte!

Durante este período un está hospitalizado na planta 10 do Chuac, sen entender este caos de protocolos contra protocolos e actitudes incomprensibles, con máis preocupación e impotencia polos de fóra que por un mesmo, xa que estou en moi boas mans. Pero de volta na casa, seguimos con illamento e as esperas para realizar probas, iso si, sempre tendo que chamar porque por norma esquécense de chamarche, e cando o fan con boas formas e trato, a «Deus o de Deus e ó César o do César».Pero entre tanta desorganización, hai un tema que me doe. Escoito novas de que a afectados ou familiares de positivos de COVID, persoas sospeitosas ou persoas sen máis que deciden poñer máscaras e medidas de protección pola rúa, aparécenlles individuos ou verdugos que os acusan de saír e contaxiar, de non comunicalo, etcétera.

E empeza unha nova epidemia, por parte dunha minoría, iso si, a da falta de contrastar se algo é verdade, de falta de solidariedade, a da incomprensión, a falta de humanidade cara o afectado e a familia... Comeza a sociedade morbosa «á caza do positivo».Eu cando estaba en planta no hospital, algúns xa me situaban na UCI, grave. Só lles faltaba dicir que xa me deran a «extrema unción». Non se dan conta do dano que fan a familiares, amigos… Son poucas as mostras feitas públicas, pero suficientes para facer unha chamada de atención para que isto non vaia a máis.

Cando isto pase, todos temos que facer unha reflexión e fóra de «forofismos políticos», poñernos todos a favor dunha nova xestión da sanidade pública, goberne quen goberne. Bastantes cousas teñen que cambiar, porque niso vainos a vida e eu vivino. Desde o pasado día 12 creo nos anxos da sanidade pública porque os vin, pero gustaríame ver tamén, cando todo pase, unha sanidade pública con recursos e de calidade. Sen ela, o demais non ten sentido.

Apuntamentos biográficos: Xosé María Arán Rodríguez naceu en Golmar (A Laracha) no ano 1964. Agora vive en Carballo. Entre outros cargos, é vicepresidente do colectivo antidroga Vieiro e deu positivo por coronavirus. Estivo ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).



sábado, 4 de abril de 2020

La parroquia de Carballo invita a vivir una Semana Santa «doméstica»


Subirán a la web parroquial audios y documentos visuales de los oficios del año pasado

Foto: Basilio Bello

04/04/2020 

 «Vamos a vivirla de otra forma, en la iglesia doméstica de nuestro hogar». Así invita la parroquia carballesa a vivir una Semana Santa que no será celebrada como de costumbre, pero que será celebrada al fin y al cabo.

Por un lado, instan a los feligreses a ir compartiendo diferentes momentos de este tiempo de fervor a través de diferentes medios electrónicos: bien con un email a la dirección parroquiacarballo@archicompostela.org o con un whatsapp al número de teléfono 699316079. Con el material recibido se hará después una exposición.

Además, la parroquia ha elaborado, de forma colaborativa con la junta de cofradías, un programa que sigue los horarios habituales de la Semana Santa, de manera que cada día se publicarán en la web parroquial los contenidos multimedia de años pasados, animando a carballeses y visitantes virtuales a vivirlos y compartirlos en las redes sociales.

De este modo, y aunque no se hará ningún oficio religioso público, se publicarán diferentes audios e imágenes de celebraciones pasadas siguiendo el siguiente calendario, iniciado ya ayer con la misa del viernes de Dolores:

Hoy, sábado: podrá escucharse el audio del pregón de Semana Santa en la web.

Mañana, domingo: invitan a los niños a salir a la ventana con un ramo, un flor o un dibujo para la tradicional bendición de ramos. Repicarán las campanas de la iglesia y se hará la bendición.

Lunes día 6: audio de un viacrucis dirigido por el obispo auxiliar.

Jueves Santo, día 9: misa.

Viernes Santo, día 10: celebración de la Pasión de Jesús. La parroquia invita a los feligreses a portar una cruz y una vela encendida desde sus ventanas a las 20.00 horas para mostrar su fe y, al mismo tiempo, homenajear a quienes luchan contra el virus.

Sábado, día 11: vigilia pascual con un lazo blanco en la ventana.

Domingo, día 12: domingo de pascua.


xoves, 26 de marzo de 2020

Xosé María Arán recibe el alta en el Chuac


El vicepresidente de Vieiro ya está en su casa de Carballo



Foto: Ana García


CARBALLO / LA VOZ 



venres, 20 de marzo de 2020

Xosé María Arán Rodríguez, vicepresidente de Vieiro, continúa ingresado en la planta diez del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, donde permanece aislado

«Teño aínda febre, pero atópome ben e con moitos ánimos»

foto: Ana García


Xosé María Arán Rodríguez, vicepresidente de Vieiro, continúa ingresado en la planta diez del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, donde permanece aislado


T LONGUEIRA
CARBALLO / LA VOZ 20/03/2020 

 Xosé María Arán Rodríguez, vicepresidente de Vieiro, continúa ingresado en la planta diez del Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña, donde permanece aislado y sin poder recibir la visita de sus allegados. «Teño aínda febre, nalgún caso 38 e pico, pero atópome ben e con moitos ánimos», relató en la mañana de ayer sobre cómo había pasado la noche: «Descansei ben e o persoal sanitario segue a ser espectacular no trato persoal e profesional». Eso sí, lleva con resignación el aburrimiento: «Isto é moi monótono [ri], pero todo o que sexa por curarme benvido sexa». En cuanto a alimentación, aseguró que va salir del hospital con más peso que con el que entró: «A este ritmo...», dijo sonriendo. Ayer desayunó «café con leite, un bolo con mantequilla e mermelada e un zume». Y de comida le ofrecieron «sopa, pescado con pataca cocida, auga e dous kiwis de sobremesa». Y entre menú y menú solo piensa en su familia: «Menos mal que a doutora me dixo o xoves pasado que quedara confinado na casa e non tivera ningún tipo de contacto coa familia, senón...». Precisamente Arán comentó que sus allegados más próximos están a la espera de que se les realice las pruebas: «Pero pola sintomatoloxía que presentan non teñen indicios de ter o coronavirus»,

venres, 19 de abril de 2019

Las imágenes salieron en procesión por Carballo este Viernes Santo: ¡álbum!Cristo da Mocidade, Santo Cristo da Milagrosa, Santo Enterro (San Cristovo) y Nosa Señora das Dores fueron portados hasta la Praza do Concello, donde se hizo una oración conjunta


 

Viernes Santo: adoración de la Cruz y Procesión

El Viernes Santo se ha celebrado en la parroquia San Xoán Bautista de Carballo la Pasión y Adoración de la Cruz a las 19:30 hs. Con la Pasión de Jesús según el Evangelio se contempló el misterio del Crucificado, con el corazón del discípulo Amado, de la Madre…
Posteriormente tuvo lugar la procesión con las imágenes del Santo Cristo da Mocidade, el Santo Cristo da Milagrosa, wl Santo Enterro (San Cristovo) y Nuestra Señora de los Dolores.

+ ALBUM FOTOS LA VOZ DE GALICIA

+ GALERIA FOTOS WEB PARROQUIA DE CARBALLO

domingo, 27 de xaneiro de 2019

Consumo de sustancias e ludopatía acapararon as consultas a Vieiro

A asociación, con sede en Carballo, atendeu no 2018 un total de 177 demandas de información





CARBALLO / LA VOZ 27/01/2019
 Demandas de información acerca de ludopatías e consumo de sustancias, así como pautas psicoeducativas de orientación ás familias foron os motivos da maior parte das consultas feitas á asociación Vieiro no exercicio 2018. A entidade fixo balance, e de presentar os resultados encargáronse Xosé María Arán, vicepresidente, e María del Pilar Mata, secretaria. Expuxeron, deste xeito, os datos correspondentes ao Servizo de Información e Asesoramento, un programa a través do que ofrecen axuda sobre calquera aspecto relacionado cos problemas derivados de condutas adictivas e o seu tratamento. Idades e sexo
En Vieiro, segundo as cifras facilitadas, foron atendidas este pasado ano un total de 177 demandas (142 presenciais, na sede da entidade, e 35 vía telefónica). Quen máis se achegaron ata as instalacións da asociación foron homes adultos (100), fronte a 20 mulleres e 22 mozos (destes, 19 homes e 3 mulleres). Por vía telefónica os parámetros son bastante similares en canto a sexo: 16 homes adultos, 18 mulleres e un home novo.
Con idades comprendidas entre os 15 e os 60 anos, a maior parte das consultas fixéronse desde a área xeográfica que abarca desde A Coruña ata Fisterra, sendo a cocaína a sustancia máis consumida por parte daquelas persoas que requiriron dun tratamento. Ascende ao 30 % dos casos derivados, seguida polo cannabis e o alcol, cun 25 %, respectivamente. En terceiro lugar atópanse os casos de ludopatía (10 %), seguida esta por a heroína e o tabaco (un 5 %).


domingo, 9 de decembro de 2018

El belén que todos quieren visitar en el barrio de A Milagrosa



VIDEO: FRAN PARDO.



CARBALLO / LA VOZ 


A José Manuel le encanta la Navidad. Desde niño, y siguiendo el ejemplo de su padre y abuela, monta cada año un espectacular nacimiento de más de treinta metros cuadrados, centenares de piezas diferentes, instalación eléctrica, hilo musical, fuentes de agua activas y hasta trozos reales de pan. Lo suyo es pura dedicación y entrega.
Comienza cada año alrededor del puente de Todos los Santos, y dedica desde entonces todo su tiempo libre a montar el belén en el bajo de su casa, en el barrio carballés de A Milagrosa. Dado que durante la semana vive y trabaja en A Coruña -es miembro de Artefíos, una asociación para la inclusión de personas con discapacidad intelectual- solo puede dedicarle a esta creación magna los fines de semana, pero los aprovecha al máximo. 
«Empiezo de atrás hacia delante, por tableros, y voy imaginándome en qué lugar colocaré cada cosa: primero las montañas, después el desierto, el nacimiento, los oficios...», dice el propio José Manuel, que confiesa no repetir los diseños de años anteriores.
Como novedad, estas Navidades ha incluido el Camiño de Santiago, la representación pictórica de la noche y el día y alguna que otra figura que ha querido renovar, como el pesebre, que era muy antiguo, o los camellos.
En primer plano de este enorme belén figuran los oficios artesanos más típicos de la comarca: el hilado con lino, con pequeñas miniaturas de los aparatos de tejido; la olería de Buño, con diminutos cuencos y jarrones de barro y piezas hechas a mano por su abuelo; el prolífico sector panadero, el eléctrico, o el carpintero. Está presente también la ganadería y el trabajo de la tierra. 
Todo tiene cabida en este nacimiento y, como las piezas que hay a la venta «son muy básicas», muchas se las inventa él mismo con los materiales que va encontrando por la casa o que le donan los vecinos. Presume orgulloso, por ejemplo, de un pequeño olivo y una aldeana con un cesto lleno de aceitunas.
Podría decirse que el de la casa de los Barreiro es algo así como un eco-belén, pues muchos de los elementos que utilizan en su colocación son reciclados o reaprovechados. Usan, por ejemplo, restos de las grandes alfombras florales que se colocan en septiembre por el barrio, viruta de carpintería, algo de musgo natural, cáscara de madera «que nos la dona la señora Chelo, una vecina de 86 años que también me trae restos de las alfombras»... En definitiva, es un trabajo de todos, un «Belén comunitario», como lo define Guillermina, la madre de José Manuel. Una vez finalizada la estructura, también es un vecino del barrio el que le echa una mano con la instalación eléctrica, que articula por debajo de la mesa para poder dar luz a los talleres artesanos y a las pequeñas casitas de los aldeanos. 
Siendo un proyecto global, no es de extrañar que cada año este bajo de Carballo se llene de curiosos que quieren echar un vistazo al Belén. «Vén ata xente da Coruña a velo, é unha pasada», reconoce Guillermina. Y para dotar a la casa de un mayor espíritu navideño -si cabe- suenan villancicos a todas horas y en el balcón del primer piso, donde tienen la vivienda, se han montado todo un despliegue de iluminación.
Y es que, además del nacimiento montado en el bajo, por todo el piso hay pequeños detalles navideños, como una antiquísima escultura de los tres Reyes Magos -de la que ni Guillermina es capaz de determinar su fecha exacta- un árbol con un montón de regalos en su base, una terraza con grandes bolas de luz o una nutrida colección de tazas con temática navideña. «Me chifla», concluye José Manuel. Es evidente.

domingo, 28 de outubro de 2018

«Houbo unha resposta masiva porque era unha persoa querida»



«Houbo unha resposta masiva porque era unha persoa querida»

FOTO CON HISTORIA | Preparación del homenaje a Xosé Manuel Eirís | Asociaciones de Carballo se unieron para homenajear al que fue su técnico cultural




CRISTINA VIU 
CARBALLO / LA VOZ 28/10/2018 05:00 H

La foto. Solo habían pasado unos días de la muerte de Xosé Manuel Eirís en septiembre de 1996 cuando asociaciones y medios de comunicación fueron convocados a una reunió que se celebró en el salón de plenos del Concello de Carballo para rendir homenaje al que había sido su técnico cultural y responsable de la notable y variada actividad que había entonces por parte de numerosas asociaciones. De ese encuentro salieron tres ideas, hacer un homenaje a Eirís, crear un premio de fotografía con su nombre y dedicarle una calle. Todo ello se cumplió.



Los protagonistas. Acudieron representantes de la mayor parte de las asociaciones del municipio carballés y de allí salió una comisión de trabajo a la que se incorporarían personas que no pudieron asistir al primer encuentro como José Facal o Héctor Pose. Xosé María Arán fue desde el principio el coordinador de unos actos en los que también estuvieron Suso Villar, María del Carmen Freire, Carmen Rives y Esther Pallas, entre muchos otros. De fuera acudieron al homenaje Amancio Prada, entre otros músicos, y el ciclista Perico Delgado, con el que Eirís coincidió en el servicio militar. 

La historia. A mediados de septiembre de 1996 las asociaciones carballesas recibían la noticia, no por esperada menos dolorosa, de la muerte de Xosé Manuel Eirís, que entonces era el técnico cultural del Concello de Carballo y gran impulsor de numerosas iniciativas, entre las que está el FIOT.

Inmediatamente hubo un movimiento generalizado para recordar al cantautor y artesano de la manera que merecía. Entonces se pusieron las bases para que su nombre no se olvidara. Hay un premio de fotografía que lleva su nombre y en el que participan personas de toda España. También el certamen de Teatro Lido, incluido en el FIOT y que se emite estos días por Radio Voz Bergantiños. Centenares de escolares preparan cada año obras para representarlas.

Asimismo, una calle recuerda al que también fue responsable de la programación cultural de la Casa da Xuventude. Todo ello partió de las propias asociaciones. «Houbo unha resposta masiva porque era unha persoa querida», recuerda Xosé María Eirís, que se encargó de la coordinación del homenaje celebrado en el salón de actos del instituto Alfredo Brañas, que fue la acción más inmediata.

Acudieron Amancio Prada y el ciclista Perico Delgado, con el que Xosé Manuel Eirís hizo la mili y mantuvo una buena amistad. Todo el mundo colaboró en lo que pudo, entre ellos el concejal de Cultura de entonces, Marcelino Collazo, aunque algunos arrimaron el hombro más que otros.

Suso Vilar, que entonces estaba en la asociación San Cristovo, recuerda bien aquellos días, al igual que María del Carmen Freire, que estaba en la Coral Bergantiños. Asegura que Xosé Manuel Eirís era una persona muy conocida y apreciada.

Sin embargo, Xosé María Arán reconoce que «en Carballo era en realidade un descoñecido como músico e como artesán». Sin embargo, por su puesto en el Concello mantenía muy buenas relaciones con entidades de todo tipo y el pesar por su muerte causó una gran consternación. Se notó en la organización de actividades y ya nada fue lo mismo. Xosé María Arán, como otros muchos, echan de menos esa época en la que nacieron muchas iniciativas que han permanecido vivas.

Sin embargo, la efervescencia cultural de aquellos años y la gran cantidad de asociaciones la desplegaban es irrepetible.

Tras aquella primera reunión hubo muchas otras, se celebraron en la sede del Fogar da Xuventude y participaron especialmente María Fuentes, Pedro Luis Fernández Pombo, Héctor Pose, que entonces era animador cultural de Malpica; y José Facal, con el que nació el Cine Club Carballo. Asimismo hubo presencia de los medios de comunicación y de la comisión de fiestas. Voluntarismo fue la palabra clave de esos tiempos, dijo Arán.


xoves, 11 de outubro de 2018

«'Terra' é a infancia que vivín»

La cantante Lucía Pérez escogió una canción emblemática del primer disco del grupo carballés Xocaloma, que compuso Xosé Luis Silva Romaní. Coincide además con su 40 aniversario.

Ana García


s. g. rial
carballo / la voz 11/10/2018 05:00 h

«Xa non teño moito tempo / de deixala como era/ verde cheíña de rosas / mesturada con folerpas». Este es un extracto de Terra, un tema mítico del también mítico grupo carballés Xocaloma, que aún saben cantar -y se emocionan con él- muchas personas. No muy jóvenes, por supuesto, porque esta canción tiene justo 40 años. Era el primer tema que sonaba en el disco del mismo nombre, Terra, publicado por Zafiro, cuya portada era una foto de un hórreo de Coristanco.

Terra, que nunca se ha ido, regresa a la actualidad, y es curioso que lo haga con esa efeméride redonda. Llega de la mano de Lucía Pérez, la cantante de O Incio que se hizo famosa en toda España cuando representó al país en Eurovisión, y que además conoce muy bien la Costa da Morte, donde ha actuado en numerosas ocasiones. También lo ha hecho en los centros gallegos de Suiza, que capitalizan los emigrantes de la zona. Curiosamente, es de nuevo el primer tema en el disco de la cantante, titulado Quince soles.

Terra es, como la gran mayoría de los temas de Xocaloma, de la autoría de Xosé Luis Silva Romaní, uno de los fundadores del grupo, que ya venía gestándose desde atrás (la parroquia tuvo mucho que ver) en su fase de formación, pero que se estrenó con disco en aquel año 1978. Silva Romaní fue su gran impulsor, y de él es la primera sílaba, Xo, a la que se unían tres más de otros tantos intérpretes, que con los años acabarían variando. El propio Silva fue uno de los que dejaron el grupo, cuatro años más tarde.

Silva Romaní, jubilado de Calvo; músico (guitarra, violín, voces) y compositor, reconoce que se llevó una «extraordinaria sorpresa» cuando Lucía contactó con él para cantar su tema. Porque, además, le gusta cómo interpreta y el resultado de su disco. Y además lo emocionó saber que la artista eligió especialmente esa canción por todo lo que significa. Ella misma la cantaba de niña (la escuchó de segundas, porque nació en 1985) y quiso incorporarla a uno de sus trabajos, momento que ha llegado. Es hasta posible que pueda cantarla en Carballo más adelante, pero eso ya se verá.
Amplia producción
Este estreno es también un aldabonazo en la época musical de Silva, olvidada hace ya mucho, aunque siga tocando en casa, o aunque los registros de la Sociedad General de Autores certifiquen su elevada productividad, con más de 80 canciones a su nombre. Tal vez sus últimas composiciones son las que realizó para Pucho Boedo, a petición de este. Recuerda lo que inspiró aquel disco: «A miña filosofía de vida está nesas cancións. Meu pai era mestre, e pasaba moitas épocas na aldea, na comarca de Ordes, con todas as vivencia posibles. Eu plasmaba a infancia que vivira na terra. Eu, como os demais, sachaba, cavaba, andaba coa vacas... Aprendín moito da xente maior. E iso canteino despois. Terra é a infancia que vivín», explica.

Para explicar sus cuatro intensos años en el grupo haría falta un libro más que un artículo. Cómo salió todo del Club Xuventude hasta las grabaciones en Madrid. Relata Silva que Nonito Pereira supo de ellos, vio que lo hacían bien. Les pidió una cinta, se la enviaron, y a la semana siguiente se vieron en un coche directos a Madrid para grabar en los estudios de la plaza de Callao, durmiendo en el hotel Capitol. «Para o segundo disco e para o terceiro xa fomos en avión», recuerda Silva. Vendían muchos discos entonces. Y giraban bastante. Era la época de eclosión de los buenos grupos de música tradicional, y ahí estaba Xocaloma a la par con Fuxan os Ventos o con Milladoiro, y con otros internacionales que coincidían en festivales. Fue una época dorada. Pero ya no volverá. Al menos, lo hace a medias con voces tan buenas como la de Lucía.

domingo, 8 de abril de 2018

El menudeo de droga en la Costa da Morte crea cada vez más peligro


Da lugar a un reguero de conflictividad y delincuencia en muchos concellos



Carballo, Cee / la voz

El crimen de Idilio Liñeiro en su piso de Fisterra es investigado por la Policía Judicial como un tema relacionado con las drogas. Igual que el apuñalamiento -la jueza que lleva el caso habla de alevosía, ensañamiento y de presunto asesinato- de Óscar Mato Villar, el malpicán de 44 años que recibió 51 puñaladas a la altura del número 48 de la avenida dos Abetos de Carballo. También se vincula el arresto, e ingreso en prisión, de Esteban Méndez Soutiño, Estéfano, con esta tipología de hechos. Ha sido acusado de disparar en tres ocasiones contra una vivienda de la segunda travesía López Astray de A Laracha. Las primeras hipótesis apuntan en la misma dirección: tema de estupefacientes.

Hasta hace años, el menudeo estaba asociado en la Costa da Morte, casi en exclusividad, a la marginalidad y a una actividad meramente nocturna. Sin embargo, esto ya no es así. Ahora es a plena luz del día y en cualquier vivienda de un barrio cualquiera. La Guardia Civil del puesto de Corcubión detuvo el pasado 30 de enero a una pareja residente en la praza da Constitución de Fisterra. Se le vincula con la venta de estupefacientes a pequeña escala. En el instituto armado consideran que con este operativo, que había arrancado a finales de diciembre del 2017, quedó eliminado un punto de comercialización habitual en la localidad. En Carballo se han intensificado en las últimas semanas los controles preventivos e itinerantes de detección de drogas debido a la constatación de un repunte de la delincuencia vinculada al trapicheo. Solo en Semana Santa hubo un detenido, que quedó en libertad con cargos a la espera de juicio, al que le fueron intervenidos 21 gramos de cocaína, y cuatro jóvenes identificados, a los que se les incautaron pequeñas cantidades de cannabis, así como algunos porros ya confeccionados y listos para su consumo.En Laxe también hubo recientemente quejas vecinales porque, supuestamente, dos individuos se dedicaban, de forma más o menos activa, al tráfico a pequeña escala. Lo hacían, según testigos, en un piso ubicado en las inmediaciones de la iglesia, aunque, según estas mismas fuentes, desde hace cosa de un mes la actividad quedó erradicada.

PintadasEn Camariñas continúan los líos. Y de los gordos. El temor a una desgracia es más que latente. El consumo y el tráfico a pequeña y mediana escala, lejos de erradicarse, se ha disparado en los últimos meses, mientras los medios para combatirla continúan siendo insuficientes. Como prueba, las pintadas aparecidas en un muro exterior del instituto de A Ponte do Porto en la mañana del 23 de marzo son el fiel reflejo de que se trata de un problema muy grave, que no se ha erradicado en absoluto, además de poner en evidencia la indignación existente en Camariñas. Hay circunstancias adicionales que así lo corroborarían, como detenciones, numerosas peleas y agresiones, amenazas, coacciones y una ostentación de riqueza y patrimonio que no se corresponde con los ingresos legales de quienes las lucen.

En Malpica, el portavoz de AIM, Alfredo Cañizo Garrido, solicitó al ejecutivo local que intensifique la vigilancia en los accesos al instituto Urbano Lugrís. Cañizo dejó claro que el objetivo es prevenir posibles incidencias ya que a él no le consta que haya actividad delictiva al respecto, como tampoco denuncias.

«La sociedad sigue sin tener claro que se trata de un problema de primer orden»

Xosé María Arán Rodríguez es vicepresidente de Vieiro. El directivo del colectivo carballés tiene claro que la actividad delictiva en la Costa da Morte «está muy relacionada con el tráfico de drogas». Y añadió: «Aquella percepción de que solo se vende en las zonas marginales es ya historia. Cualquier piso es lugar de trapicheo». Arán argumentó sus palabras: «Se ha intensificado la labor de vigilancia, pero faltan medios para combatir esta lacra. Lo más preocupante es que la sociedad sigue sin tener claro que se trata de un primer orden. Y como ejemplo, lo que está sucediendo estos días en Camariñas. Es muy grave lo que está pasando y hay que poner medidas y medios para erradicar el problema de una vez».

venres, 29 de setembro de 2017

Unha cuestión de vontade e educación

La Voz de Galicia



Xa se sabe a famosa frase que os galegos amosamos para dar opinión moitas veces sobre diferentes temas, o importante é ter sentidiño. Pois iso é o que se ten que aplicar na problemática abusiva de alcohol por menores, da mocidade e do resto dos cidadáns.

Porque a lei está aí para cumprila, e sinala que se ten que «definir as características que haberán de ter as estratexias de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, de educación sanitaria e de concienciación, social e das familias, do grave problema xerado polo consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade. Limitar o acceso dos menores de idade ás bebidas alcohólicas. Exercer o control administrativo desta restrición ao consumo por menores de idade, que aborde tanto a venda e o fornezo como o propio consumo por menores en vías públicas ou establecementos. Establecer limitacións a determinadas prácticas de publicidade, promoción e patrocinio do consumo abusivo. O réxime sancionador. O sistema de información sobre resultados da aplicación da norma. Limitacións horarias á venda nocturna e medidas de control da administración en espazos de dominio público». ¿De verdade estase a cumprir?.

   O problema é a implantación das leis, o papel pode con todo, pero para levar a bo porto estas disposicións o que fai falta é a vontade de todos. As Administracións, facer cumprir as leis, dotar aos recursos preventivos dos servizos especializados públicos, e do tecido asociativo, capacidade económica para poder desenvolver os seus proxectos preventivos. E tamén facer cumprir a lei no control e sanción, non se poden dar por boas as escenas de consumos masivos en espazos públicos por parte de menores, e moito menos en permitir o consumo e venda en hostalería, supermercados…

   Pero non só é a lei e a prohibición o que ten que predominar. Os actores principais para cambiar estas tendencias somos os cidadáns, nos que están tamén incluídos os nosos gobernantes. Mentres non se entenda que é mellor previr que curar, non vai ter nada sentido. Para isto o máis lóxico é a educación, se temos bos profesionais é porque recibiron unha boa formación. Pois se creamos cidadáns, desde cativos, cunha educación integral e preventiva en temas como este, teremos cidadáns con habilidades para encarar as súas vidas dunha forma máis saudable.

  Pero non hai receitas máxicas e o que se ten que poñer en valor son as prioridades. ¿Estamos dando os adultos bos exemplos cos nosos comportamentos e actitudes no referente o alcohol? ¿A mocidade ten recursos de lecer nocturno para dedicarse a unha diversión fóra de consumos abusivos para divertirse? Os responsables legais dos cativos dedicámonos a aprender estratexias para axudalos? ¿Pasamos tempo con eles educándoos dunha forma sa?.

O máis triste é que moitas veces temos recursos que por comodidade e apatía non utilizamos os adultos para corrixir tendencias, como exemplo as escolas de pais e nais que Vieiro oferta e nas que participa unha baixa parte de nais. «Os pais, nin están, nin se lles espera». Debe ser que a responsabilidade educativa recae só nas nais. Pode ser que esteamos moldeando unha sociedade onde os valores máis elementais non están de moda, e os dereitos e obrigas de capa caída. En definitiva ante a deixadez de obrigas dos adultos na educación dos fillos, deixámoslle esa tarefa á escola, as Administracións, aos amigos dos fillos, aos medios audiovisuais, aos modismos… Ou sinxelamente a Internet a través dos seus asistentes persoais, aos móbiles e outros soportes. 

fuente: La Voz de Galicia

sábado, 30 de maio de 2015

A Laracha e Carballo «ab initio»


«Volvo coa mesma humildade e co corazón de neno para o rural do que procedo»


Xosé María Arán.    Carballo / La Voz, 31 de mayo de 2015. Actualizado a las 05:00 h.





O significado desta imaxe de Xosé María Arán. 1. Quere transmitir que se trata dun cruce de camiños: o que vén da Laracha, o que vai para Carballo e, finalmente, o que vai para Berdillo (Verdillo), o lugar a onde irá a vivir en breve. 2. A sinal de «V» vén á conta de que a xente desta localidade non ten en conta o topónimo Berdillo, senón que o escribe con V, que é o que reivindica a imaxe. 3. A cazadora verde simboliza o verde esperanza neste núcleo, e son tamén as cores corporativas de entidades como o centro social, Vieiro... 4. Para rematar, é un recuncho do rural que reivindica.

Segundo me comentou Blandina Rodríguez (a miña nai), foi alá polo mes de outubro de 1964 e ás tres da tarde cando, despois de moitas horas de contraccións e de romper augas -menos bravas, pero seguro que máis turbias cas do Anllóns que unen as dúas terras dá miña vida- cando nacía o que escribe no lugar do Iglesario de Golmar, na Laracha, en plena cama da casa dos meus avós maternos, un parto á vella usanza, e despois posto sobre a hucha de madeira. Alí, o meu tío Ramiro Rodríguez procedía a atarme o cordón do embigo para darme saída a miña primeira independencia, pero baixo a tutela do meu lembrado pai, Luís Arán Eirín.

Pero son anos de oportunidades e meus pais, coma outros moitos, emigran á Alemaña dos substanciosos «marcos». Non me refiro aos das leiras, que destes si tiñamos e temos dabondo, senón aos das fermosas divisas que enriqueceron Galicia e España. Son tres anos suplidos co agarimo dos meus avós maternos Rafael Rodríguez, O Manco, e María García, que sempre me levaban de visita a Carballo á rúa do Sol, onde se atopaba o meu irmán Luís. Vivía na casa do meu avó paterno, José María Arán España. Por estas datas xa morrera a miña avoa María Eirín. Aos tres anos volve miña nai e co meu irmán estreamos a nova casa en Carballo, na que é hoxe a rúa Portugal, e onde estivera moitos anos a fábrica de madeira do Portugués. Alí, nesta rúa pertencente ao barrio da ghoubea tiven o epicentro para descubrir o Carballo máis humano, ese que empezaba a recibir grandes zarpazos construtivos de feísmo e especulación. Xa deixara de ser o modelo urbanístico que comentara Carrera Aldao, pero aínda conservaba zonas do vello Carballo por onde xogabamos, como a vella igrexa, o concello en fronte á librería de San Ramón, o paseo dos Baños Vellos coas súas arbores e a decadencia xa da Casa da Condesa... Tempos aqueles nos que as rúas foron nosas (co permiso de don Manuel Fraga, que Deus o teña na Gloria). Tempos de estudar parvuliños no colexio das monxas, pasando despois pola Escuela Hogar Francisco Franco, o Alfredo Brañas de Carballo, para rematar na Coruña no centro Calvo Sotelo, e posteriormente comezar o periplo profesional, primeiro nove anos no exército e despois, ata hoxe, no Grupo Calvo. Pero a semente da participación social débolla ao Fogar da Xuventude e á parroquia de Carballo, punto de partida da miña aprendizaxe con 14 anos e a posterior colaboración no mundo asociativo, cultural, educativo e social de Carballo ata hoxe en día (que sería para outro capítulo). Co saber do amigo José García, párroco carballés, así como de todos aqueles dos que aprendín tanto e como non do meu compadre Pedro Luís Fernández (o ghaiteiro), sen esquecer os que finaron, Eirís, Marino, Balboa...

O gran proxecto da miña vida.
A familia foi e é cada vez máis o meu gran proxecto. Quen ía dicir que sería Salamanca xermolo do matrimonio cunha fermosa rapaza das Labradas, Amparo, e que apontoamos coa primeira pedra coa nosa filla Iria e despois con Andrea, sen esquecerme da nosa cadela Nala. Xa vedes, rodeado totalmente do sexo feminino. Despois de formar o noso fogar no barrio da Casilla durante dezasete anos, estamos a piques de ir vivir para a nosa casa da parroquia de Verdillo. Póñoo con V a pesar do topónimo, porque hai que entrar con bo pé. Despois de medio século volvo coa mesma humildade e co corazón de neno para o rural do que procedo e me sinto tan orgulloso.


DNI.

Naceu no 1964. Encargado industrial en Conservas Calvo, é membro e fundador de numerosas entidades, unha lista tan grande que sería imposible de facer coller nunhas cantas liñas. El mesmo dá conta dalgunhas delas neste texto.

De moi neno. Esta fotografía da esquerda foi feita en Golmar (A Laracha). Nela, Xosé María Arán está no colo da súa nai. O outro neno é o seu irmán.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...