26/06/2020
A estas
alturas da vida ninguén vai descubrir nada sobre o papel que xogan as canles de
distribución na comarca. O narcotráfico, sexa na escala que sexa, segue
arraigado entre nós. Dende que Vieiro, en 1991 e coordinados baixo a dedicación
do noso presidente José Manuel Vázquez Gómez, coas denuncias e as achegas de
datos da veciñanza, trasladáronse ás autoridades os movementos de descargas nas
nosas costas, baixo os armazóns de distribución de pequena, mediana e gran
escala nos diferentes concellos, aínda que uns servían de plataformas e outros,
de centros de distribución.
As denuncias
foron moitas e incluíron a algunha personaxe das forzas de seguridade, así como
os diferentes clans, que, con nomes e apelidos, deron para moitas crónicas.
Outros seguen a ser noticia a día de hoxe.
A percepción
sobre o problema é irrelevante. En 1992 estaba entre os cinco primeiros e agora
aparece no posto 35. Está claro que o tema recuperou titulares coas últimas
operacións, especialmente en Camariñas e Carballo. Camariñas xa é un histórico,
tanto polos clans existentes como pola renovación, con novos implicados. E de
Carballo que imos dicir? O relevante da distribución atópase en núcleos de
familias que veñen operando de sempre e en enclaves tamén históricos, pero
tamén en lugares e con novos actores perfectamente integrados que pasan
desapercibidos.
Hai demanda, hai
venda, con covid-19 ou sen covid-19. Hai que felicitar ás forzas de seguridade
polas operacións realizadas, pero non baixemos a garda e non miremos para outro
lado. Segue vendéndose moito e alguén abastece o mercado, sobre todo, a outros
puntos fóra da nosa contorna. Mentres non cambien as leis, necesitamos máis
recursos, máis investigación. Non podemos seguir soportando a desidia que leva
a que moitos dos nosos veciños e veciñas acaben enfermando polo beneficio duns
poucos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario