IN MEMORIAM
¡Parabéns compadre!
Hoxe é o aniversario do
meu compadre Pedro Luís Fernández
Pombo e, como todos os anos desde que
nos coñecemos, toca facer unha paradiña para fecilitalo.
Cúmplense 55 anos da túa chegada a este mundo, unha nova que sen dúbida enchiu de ledicia a túa
casa; podo imaxinar as caras de amor dos
teus país Pedro e Visita, da
túa queridisima madriña Estrella e, mesmo podo intuir a
ilusión da túa irmá Estrella, se ela
tivera chegado antes ca ti.
Levo días dándolle
voltas a todo o que vivimos xuntos, a
soas, para deixar que as bágoas axuden a desafogar e comprender o que o meu
corazón e a miña mente se negan a aceptar.
Négome a falar de ti en pasado, porque para min sempre serás
presente. Formas parte da miña familia, como ben saben os que ben me coñecen. Eu
teño dous irmáns: Luis, presente no libro de familia, a familia que me tocou, e
ti, Pedro, presente no libro do corazón, no da familia que eu escollin.
Levo uns días enfadado, bueno ti xa sabes… Non te vexo, non
me chamas… Isto vese compensado porque leo na prensa, en redes e escoito que
falan moito e moi ben de ti. Non me extraña, ¿cómo falar doutro xeito dun bó e
xeneroso?.
Non é a miña intención hoxe recordarlle a ninguén, as túas
aportacións culturais, sociais, musicais, políticas,… entre outras cousas porque sería, sen dúbida,
unha ardua tarefa.
Hoxe, e todos os anos que nos queden, porque mentras eu viva
ti vivirás en min, só quero adicar esta felicitación ó meu amigo, ó meu
compadre, ó meu irmán, para desexar que teñas un bo día, permíteme extender a
felicitación ó resto da familia, en especial a túa dona Marité e o teu fillo
Pedro.
Recibe tamén unha aperta da túa familia de corazón, a miña,
en especial da túa afillada Andrea, que garda como un tesouro as últimas verbas
que mantivo contigo. Míroa e vexo tamén, que sempre vivirás para ela.
Bueno Pedriño, non me enrollo máis, que contigo é doado comezar
pero nunca sabe un cómo e cando rematar. Seguiremos en contacto coma sempre,
buscareite onde sei que ti estás, onde estiveches e estarás para sempre.
Por moitos anos máis, lembra que coma sempre, o venres
falamos. Saúdos
Xosé María Arán
Rodríguez (Compadre de Pedro Luís)
Ningún comentario:
Publicar un comentario